Taxon

grupo de organismos emparentados que conforman unha unidade taxonómica

En bioloxía, un taxon (do grego τάξις, transliterado como táxis, "ordenamento") é un grupo de organismos emparentados, que nunha clasificación dada foron agrupados, asignándolle ao grupo un nome en latín, unha descrición, e un "tipo" que, se o taxon é unha especie, é un espécime ou exemplar concreto. Cada descrición formal dun taxon está asociada ao nome do autor ou autores que a realizan, os cales fanse figurar detrás do nome. En latín o plural de taxon é taxa, sendo así como adoita usarse en inglés, pero en galego o plural adecuado é taxons. A ciencia que define aos taxons chámase taxonomía ou taxinomía.

A clasificación xerárquica pode expresarse cun dendrograma, no que cada nodo representa un posible taxon e os taxons se agrupan nunha xerarquía de inclusión.

A finalidade de clasificar os organismos en taxons formalmente definidos no canto de grupos informais, é a de prover grupos cuxa circunscrición sexa estrita ou cunha denominación con valor universal, independentemente da lingua empregada para a comunicación. Os taxons existen dentro dunha clasificación dada, suxeita a cambios onde poden presentarse discrepancias, o que obriga respecto a algunhas denominacións problemáticas a especificar o autor da clasificación en cuestión.

Taxon e categoría taxonómica

editar

Para clasificar os organismos, a taxonomía utiliza desde Linneo un sistema xerárquico. Neste esquema organizativo, cada grupo de organismos en particular é un taxon, e o nivel xerárquico onde se sitúa é a súa categoría. De xeito análogo, en xeografía política: país, provincia e municipio serían categorías, mentres que Galicia, Lugo e Xove serían os taxons. Do mesmo modo: familia, xénero e especie son categorías taxonómicas, mentres que Rosaceae, Rosa e Rosa canina son exemplo de taxons desas categorías.

 
A taxonomía na actualidade. A cada taxon correspóndelle a súa categoría taxonómica.

En relación ao taxon especie, E. Mayr (1996) fai distinción entre "taxon" e "categoría taxonómica":

(1) O taxon especie. A palabra taxon fai referencia a un obxecto concreto, zoolóxico ou botánico, que consiste nunha poboación de organismos (ou un grupo de poboacións) clasificable. O pardal común (Passer domesticus) e a pataca (Solanum tuberosum) son taxons especie. Os taxons especie son particulares, "individuos" ou biopoboacións. Ao ser particulares, poden ser descritos e delimitados fronte a outros taxons especie. (2) A categoría especie. Aquí a palabra 'especie' indica o rango na xerarquía linneana. A categoría especie é a clase que contén todos os taxons do rango especie. Articula o concepto biolóxico de especie biolóxica e ven definida pola definición de especie. O principal uso da definición de especie é facilitar unha decisión sobre o rango das poboacións, é dicir, responder á pregunta que xorde diante dunha poboación illada: "¿Trátase dunha especie completa ou dunha subespecie?" [...]
Mayr 1996

A seguinte é unha lista xeral de categorías taxonómicas ás que se asocian os diversos taxons:

Hai que salientar que a asociación dun taxon a un rango determinado (categoría), é algo relativo e restrinxido ao esquema particular usado (sistema). Tanto é así, que é probable que un taxon ocupe categorías diferentes segundo os sistemas de clasificación (organizados por diferentes autores, criterios etc.); xeralmente, isto ocorre no ámbito das categorías que máis abarcan (familia, orde, clase etc.).

A ontoloxía dos taxons

editar

O status ontolóxico dos taxons é un dos asuntos máis discutidos na filosofía da bioloxía. Principalmente existen dúas correntes:

  • O nominalismo, que nega a existencia real dos taxons na natureza, argüíndo que non son máis que construcións mentais do taxonomista. Desde esta perspectiva, os taxons identifícanse coas categorías taxonómicas.
  • O esencialismo, que afirma a realidade dos taxons, aínda que en función do criterio da realidade que se utilice, o termo esencialista abarca unha variedade de posicións filosóficas moi distintas:
  • Gran parte dos biólogos evolutivos trataron de encontrar criterios que permitan caracterizar aos taxons como entidades reais sen caer no esencialismo:

Tipos de taxons

editar

Existen dous tipos de taxons:

  • natural: xustifícase polas características e a historia evolutiva dos seus membros, de xeito que pode dicirse que existe na natureza. A sistemática filoxenética acepta como taxons naturais a cada especie particular ou a calquera grupo monofilético de organismos, entendendo como tal só aos que forman un clado ou rama da árbore da evolución. A maioría dos sistemáticos aceptan tamén como naturais a grupos «caixón de xastre» (grupos parafiléticos) cuxo antepasado común encaixa dentro do grupo.
  • artificial: non existe na natureza, ou sexa, grupos polifiléticos, cuxo antepasado común non forma parte do grupo. Por exemplo, as algas ou os protozoos. Estes grupos non teñen validez na clasificación, pero seguen a ser utilizados para organizar certas categorías de información científica pola súa tradición histórica.

Taxons monotípicos

editar

Chámase taxon monotípico ao que só contén un membro da categoría inmediatamente subordinada. Por exemplo, unha familia que só contén un xénero, sen que importe cantas especies conteña este.

Nomenclatura de taxons

editar

A nomenclatura establece unha terminoloxía consensuada que permite saber, a partir do sufixo dun taxon calquera, cal é a súa categoría taxonómica e dar conta da súa posición na xerarquía sistemática. A seguinte táboa mostra esa nomenclatura:

Categoría taxonómica \ Reino Planta
Plantae
Alga
Protista
Fungo
Fungi
Bacteria
Prokaryota
Animal
Animalia
División o Phylum -phyta -mycota
Subfilo -phytina -mycotina
Clase -opsida -phyceae -mycetes
Subclase -idae -phycidae -mycetidae
Superorde -anae
Orde -ales
Suborde -ineae
Infraorde -aria
Superfamilia -acea -oidae
Familia -aceae -idae
Subfamilia -oideae -inae
Tribo -eae, ae -eae -ini
Subtribo -inae -ina
Xénero -us, -a, -um, -is, -os, -ina, -ium, -ides, -ella, -ula, -aster, -cola, -ensis, -oides, -opsis…

Por baixo da categoría de xénero, todos os nomes de taxons son chamados "combinacións". A maioría reciben tamén unha terminación latina máis ou menos codificada en función da disciplina. Distínguense varias categorías de combinacións:

  • Entre xénero e especie (subxénero, sección, subsección, serie, subserie etc.), as combinacións son infraxenéricas e binomiais
  • Na categoría de especie, as combinacións son específicas e binomiais
  • Por baixo da especie, as combinacións son infraespecíficas e trinomiais.

Bibliografía

editar
  • Mayr, E. (1996) "What is a Species, and What is Not?", en Philosophy of Science, vol. 63: 262-277
  • Ghiselin, Michael T. (1983). El triunfo de Darwin. María Eulalia Pérez Sedeño, (trad.) (1ª ed, ed.). Cátedra. pp. 272 páxs. ISBN 9788437604305.