O Forza de Kosovo ou KFOR (siglas en inglés de Kosovo Force) é unha forza militar multinacional liderada pola OTAN que entrou en Kosovo dous días despois de que o Consello de Seguridade das Nacións Unidas aprobara a resolución 1244. O seu obxectivo era mantener a orde e a paz no territorio.

Tipo de operación Mantemento da paz e a orde
Nome da forza KFOR (Kosovo Force)
Data de entrada 12 de xuño de 1999
Data de salida Actualmente en curso
Lugar do despregamento Provincia serbia de Kosovo
Países de maior contribución Unión Europea
Estados Unidos de América Estados Unidos
Total efectivos 50.000
Efectivos actuais 18.000
Sectores da KFOR, e situación da provincia en Serbia.
Sectores da KFOR en 2006.
Blindado Marder alemán do continxente KFOR.
Vehículo francés da KFOR.
Columna de vehículos portugueses da KFOR.

Introdución

editar

Antes de que a forza multinacional entrara en Kosovo, esta provincia sufría un déficit humanitario moi serio, debido á guerra que libraban soldados do Exército de Liberación de Kosovo (UÇK) e o Exército da República Federal de Iugoslavia (FRY). O conflito étnico chegou a momentos de extrema virulencia nos que moitas persoas pereceron. Cerca dun millón de persoas abandonaron Kosovo como refuxiados en busca dun lugar onde estar seguros.

Obxectivos do Operativo

editar
  • Manter a orde e a seguridade en Kosovo
  • Manter os puntos acordados no acordo de paz
  • Dar asistencia ao programa da misión da ONU en Kosovo (MINUK).

Estrutura

editar

A KFOR está estruturada en 5 Forzas Operacionais (Task Forces) multinacionais e cada forza opera nun punto específico, pero todas están sometidas a un mesmo mando, baixo a autoridade do comandante da KFOR.



  • Batallón de Manobra e Reserva Táctica de KFOR, Pristina
  • Países que o conforman:
  •   Portugal
  • País ao mando:   Portugal




  • Brigada Multinacional "Oeste", Composta por:
    • Task Force Aquila e Task Force Falco en Pec/Peje, Base Italiana de Vilaggio;
    • Task Force Tizona en Istok/Istog, Base España;
  • Países que a conforman:
  •   Hungría,   Romanía,   Eslovenia,   España
  • País ao mando:   Italia (Brigadier Xeneral Nicolo’ Falsaperna)



No estado de máximos houbo destinados en Kosovo 51.500 soldados de 30 países diferentes.

O resto de países manteñen unha contribución mínima

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar