Costa da Morte
A Costa da Morte é a franxa costeira galega que gañou ese nome polos numerosos naufraxios acontecidos no século xix e comezos do século xx e que se popularizaron a través da literatura galega e inglesa. Un dos naufraxios de máis repercusión nos medios foi o dos mariñeiros do Serpent, que naufragaron en 1890 e se enterraron en Cabo Vilán.[1]
Tipo | Costa | ||||
---|---|---|---|---|---|
Epónimo | morte | ||||
Localización | |||||
División administrativa | Provincia da Coruña, España | ||||
| |||||
Bañado por | océano Atlántico Norte | ||||
Algunhas veces a Costa da Morte foi delimitada como a costa que vai desde o cabo Fisterra ata as illas Sisargas, en Malpica, e outras mesmo desde Muros ata A Coruña.[2][3]
Os actuais proxectos gobernamentais, das agrupacións locais e europeas, adoitan incluír dentro da Costa da Morte as comarcas de Bergantiños, Terra de Soneira e Fisterra e parte de Xallas, Muros e A Coruña; incluíndo os concellos de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo, Carnota, Cee, Coristanco, Corcubión, Dumbría, Arteixo, Fisterra, A Laracha, Laxe, Malpica de Bergantiños, Mazaricos, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.[1][2][4][5][6][7]
Agás as vilas costeiras, o litoral e o espazo marítimo están catalogados como espazos naturais ZEC e ZEPA dentro da Rede Natura 2000 por ser unha área de importancia para as aves acuáticas que hibernan alí, un refuxio de fauna e pola vexetación dos seus cantís e polas peculiaridades xeolóxicas da costa.[8][9]
O nome
editarArtigos en xornais do século xix recollen os primeiros usos escritos de costa da morte. Algúns autores consideran que eses son os primeiros usos dese nome para esta costa.[2][3] Noutros casos, retrotráese ó 8 de xaneiro de 1908 nunha obra en inglés de Annette Meakin[10]. A literatura do século xix evocou os naufraxios en cabo Vilán e Fisterra: Rosalía de Castro relatou como "numerosas embarcacións foron alí sempre xoguete das ondas irritadas" e que "como lixeiras plumas desapareceron nun instante da superficie das augas".[11] Sobre do cabo Vilán, Eduardo Pondal dixo, versando, que este "Cumpre se cadra unha fatal condena... Testigo de naufraxios e combates" en referencia os naufraxios na costa nas décadas finais do século.[12] Un artigo de 1905, ilustrando o número de naufraxios e incidencias de navegación, anotou nun mapa todo o litoral desde Vigo a Ferrol como "Costa de la Muerte".[13] Nesas décadas o goberno formulou plans para resolver un segundo ciclo de alto número de traxedias marítimas neste litoral e chamoulle á costa noroeste galega "costa brava ou da morte" no proxecto lexislativo.[3][14] Nesas datas, en 1905, Emilia Pardo Bazán usou o mesmo termo mencionando os "traidores cantís" e a "garra do monstro estendida para agarrar con forza as ondas".[15] En 1920 nun artigo da revista coruñesa El Orzán describiuse unha travesía preto da illa de Sálvora e dicía que a "costa da morte" estaba "saturada de prestixio literario coa súa lenda de traxedias".[16]
Viaxeiros ingleses publicaron artigos e estenderon a fama da costa empregando "coast of death", con descricións como a seguinte de 1922, no século xix e xx:[17][18]
Coa abrigada calma a carón da estrada de Fisterra un esquécese de todo da costa de Morte, que é o nome que se lle dá ao litoral galego desde Vigo ata Malpica e as illas Sisargas. Mais, cando xa un pasou a vila de Fisterra e comeza a subir ao monte d'O Facho..., xa, incluso nun día calmo, comezan a escoitarse rumiar con forza as augas, e vense as liñas de escuma preto dos cantís e ao lonxe na costa.Aubrey F. G., 1922 en Londres
Os tópicos que se foron asentando sobre esta franxa costeira relatáronse nas seguintes décadas.[3] Algún texto describe como un barco abandonado preto de Baldaio navegaba sen tripulación dicindo que era "tripulado só pola Morte, [e que] foi visto á mesma hora en toda costa brava. Desde A Coruña ata Fisterra.[3][19]
Límites
editarAlgúns autores argumentan que se lle acuñou o nome de costa da morte á costa que vai das illas Sisargas e a ría de Muros polo elevado número de naufraxios acontecidos no século XIX, sendo moitos deles barcos de bandeira inglesa.[3] Esa denominación mariñeira referiuse de diferentes xeitos, incluíndo sempre dun xeito ou doutro, á rexión litoral que comprende a costa que vai de Malpica de Bergantiños a Fisterra.[4]
Na actualidade algúns plans de actuación gobernamental (como os de promoción económica, os elaborados por agrupacións locais ou de portais de novas) empregan a denominación Costa da Morte marcando outros límites, por exemplo, referíndose a todos os concellos da Laracha ata Muros; isto é, a comarca de Bergantiños, Terra de Soneira, Fisterra e Muros.[4][5][6][20][21]
Naufraxios
editarSon moitos os naufraxios que se produciron nesta zona ao longo da historia. Compilacións feitas con rexistros sobre dos naufraxios na Costa da Morte contabilizaron ata 643 naufraxios, sobre dun total dos 1370 do litoral galego dos que haxa rexistros escritos. O número de persoas desaparecidas na Costa da Morte foi amplo, e o de mortos puido superar as 5984 persoas.[22]
A Armada de Padilla, que contou con tres galeóns e naos e tripulación portuguesa, francesa e irlandesa, esbourou preto de Fisterra en outubro de 1596 deixando 1723 mortos, que foron soterrados nos areais de Fisterra.[22][23] Restos desta frota foron descubertos na costa fisterrá no 2015.[24] O barco bilbaíno Cantabria, saído de Bos Aires, esbourou en 1773 diante de Coenda, Camariñas, deixando 51 mortos. En 1870 o barco británico HMS Captain de Plymouth varou ao sur do cabo Fisterra deixando 453 mortes. En 1890 o barco británico HMS Serpent, que partiu de Plymouth camiño de Serra Leoa, chocou contra a Punta do Boi por mor dun temporal. Nesa catástrofe morreron 169 persoas e soterráronse preto da praia onde vararon, a Praia do Trece en Camariñas no Cemiterio dos Ingleses.[25] Entre 1900 e a primeira guerra mundial contabilízanse 22 mortos por naufraxios, ata o 1950 outros 33, e ata o 2014 outros 47.[22]
Moitos naufraxios deron nome a cabos ou baixos, coma os baixos do Serpent e do Lucin, en Trece, e o Atain, en Traba.
Lista de naufraxios ata 1907
editarNome do barco | País | Ano | Lugar | Vítimas |
---|---|---|---|---|
Ataín | Inglaterra | - | Praia do Arnado, Traba | - |
Mary | Galicia | - | Zona de Corme | - |
Sisargas | Galicia | - | Zona de Corme | - |
Everilda | Galicia | - | Zona de Corme | - |
Corme | Galicia | - | Zona de Corme | - |
Joven Consuelo | Galicia | - | Zona de Corme | - |
Felicidad | Galicia | - | Zona de Corme | - |
Franch | España | - | Zona de Corme | - |
Pazoco | España | - | Zona de Corme | ?- |
Clara Campos | España | - | Zona de Corme | - |
Embaka | Inglaterra | - | Zona de Touriñán | - |
M. Kastanau | Grecia | - | Carrumeiro | - |
Padova | Italia | - | Zona de Corme | - |
Bonita | España | - | Zona ría Corcubión | - |
Rosalía | España | - | Zona ría Corcubión | - |
Hawringz | Inglaterra | - | Zona ría Corcubión | - |
Jacqueline | Francia | - | Zona ría Corcubión | - |
Eraclito | Grecia | - | zona ría Corcubión | - |
Ribadavia | Inglaterra | - | Trece, Camariñas | - |
Cantabria | España | 1773 | Coenda, Camariñas | 15 |
Franlla | Francia | 1815 | Cabo Vilán, Camariñas | 4 |
Adelaide | Inglaterra | 1830 | Ría de Corme e Laxe | 16 |
Great Liverpool | Inglaterra | 1846 | Ría de Corcubión | 3 [23] |
Wolfstrong | Inglaterra | 1870 | Negra, Arou | 28 |
Captain | Inglaterra | 1872 | Preto de Fisterra | 800 + |
Rouseull | Inglaterra | 1874 | Centolo, Fisterra | - |
Revanchil | Inglaterra | 1875 | Negra, Arou | - |
Perranchins | Francia | 1875 | Negra, Arou | - |
Lionne | Francia | 1875 | Centolo, Fisterra | - |
John Tenat | Inglaterra | 1875 | Lagosteira, Fisterra | - |
Mercante | España | 1875 | Cabo Fisterra | 9 |
Duró | España | 1876 | Baleas, Camariñas | - |
Falcón | Inglaterra | 1877 | Lagosteira, Fisterra | - |
Sirsam | Inglaterra | 1877 | Estorde | - |
Margarita | Italia | 1878 | Lagosteira, Fisterra | - |
Bitten | Inglaterra | 1878 | Cabo Fisterra | 10 |
Europa | Inglaterra | 1878 | Cabo Touriñán | - |
Irurac-Bat | España | 1882 | Cabo Touriñán | 31 |
Douro | Inglaterra | 1882 | Cabo Touriñán | 42 |
Sunrise | Inglaterra | 1882 | Fisterra | - |
Chamois | Inglaterra | 1883 | Cabezo, Camelle | - |
Iris Hull | Inglaterra | 1883 | Ponta do Boi, Camariñas | 37 |
Huelva | Inglaterra | 1885 | Percebeira, Camelle | - |
Tumbridge | Inglaterra | 1890 | Punta do Boi, Camariñas | - |
Dervenwater | Inglaterra | 1890 | Illote Lobeiras | 2 |
HMS Serpent | Inglaterra | 1890 | Punta do Boi, Camariñas | 172 |
Loss of the Trinacria | Inglaterra | 1893 | Punta do Boi, Camariñas | 30 |
Brignetti | Italia | 1893 | Arnela, Camariñas | - |
Seebold | España | 1895 | Baleas, Camariñas | - |
Constancia | España | 1896 | Carniceira, Camariñas | - |
Daylight | Inglaterra | 1897 | Pelouro, Arou | - |
City of Agra | Inglaterra | 1897 | Baixo Negro, Arou | 29 |
Standard | Noruega | 1897 | Baixo Negro, Arou | 3 |
Saint Weller | Inglaterra | 1898 | Percebeira, Camelle | - |
Saint Marc | Inglaterra | 1898 | Pedra do Sal, Arou | - |
Barcelona | Alemaña | 1898 | Capelo, Santa Mariña | - |
Svea | Noruega | 1898 | Cabo Touriñán | - |
Óscar | Austria | 1899 | Barrosas, Roncudo | - |
Boedo e Ponte | España | 1900 | Barra, Cabana | 4 |
Turret | Inglaterra | 1900 | Praia do Rostro | - |
Gijón | España | 1900 | - | - |
Annubis | Grecia | 1900 | Cabo Touriñán | - |
Rivera | Inglaterra | 1901 | Cabo Touriñán | - |
Skuld Stawanger | Inglaterra | 1901 | Illote Lobeiras | - |
Nsa. Señora do Carme | España | 1901 | Ría de Corcubión | - |
Signore Mazzini | Italia | 1902 | Arou | ? |
Svtford | Suecia | 1903 | Fisterra | 9 |
Kenmore | Inglaterra | 1904 | Praia de Traba | 6 |
Draga Rosario 2 | Países Baixos | 1904 | Batidora - Santa Mariña | - |
Yeoman | Inglaterra | 1904 | Pedra do Porto | 4 |
Ereza | España | 1904 | Ría de Corbión | - |
Forstec | Inglaterra | 1904 | Lagosteira | - |
Polimnya | Grecia | 1904 | Carrumeira | - |
Francisca Rosa | España | 1904 | Lobeiras | - |
Preston | Inglaterra | 1906 | Punta do Boi | - |
Gladiator | España | 1907 | Roncudo | - |
Denewel | Inglaterra | 1907 | Ría de Corcubión | - |
Lista de naufraxios dende 1907
editarLista dalgúns naufraxios ocorridos na Costa da Morte dende 1907.[2][26]
Nome do barco | País | Ano | Lugar | Vítimas |
---|---|---|---|---|
Parranchins | Francia | Enseada do Trece | ||
Rosario | 1908 | Laxe do Boi | ||
Trevider | 1911 | Enseada do Trece | ||
Natalia | España | 1915 | Pedra do Porto, Camelle | |
Black Arrow | Estados Unidos de América | 1921 | Cabo Vilán | 0 |
Luz | España | 1923 | Laxe do Boi | |
Santa María | 1923 | Arou | ||
San Fernando | 1925 | Enseada do Trece | ||
Nil | Francia | 1927 | Arou | 0 |
Trebezy | Inglaterra | 1929 | Enseada da Arnela | |
María del Carmen | 1931 | Punta da Barca | 2 | |
Boris Sheboldaef | Rusia | 1934 | Pedra do Porto, Camelle | 0 |
Alekos | Grecia | 1935 | Enseada do Trece | |
Modesto Fuentes | España | 1935 | Enseada do Trece | |
Yale Hermoso | Portugal | 1941 | Punta da Pedrosa | |
Nord Atlantic | Alemaña | 1943 | Cabo Vilán | |
Maria Laar | Grecia | 1950 | Punta do Capelo | 0 |
Castillo de Monteagudo | 1951 | Arou | 0 | |
Mina Sorriego | 1954 | Punta da Barca | 11 | |
Olimpie | Francia | 1955 | Punta do Boi | |
Banora | Marrocos | 1965 | Cabo Vilán | 0 |
José Antonio Lasa | 1966 | Punta da Barca | 11[27] | |
Begoña | Corme | 1966 | Punta do Boi | |
Inogedo | 1970 | Punta Buitra | ||
Nadalmar 7 | 1981 | Punta da Barca | 0 | |
Star Ann | Reino Unido | 1983 | Laxe do Boi | |
Larra | 1987 | Punta da Barca | 0 | |
A Xana | 1991 | Punta da Barca | 5[27] | |
Prestige | Grecia | 2002 | 30 millas do cabo Vilán |
Turismo
editar- Véxase tamén: Zona especial de conservación da Costa da Morte.
A costa está salpicada de belas paisaxes como as praias de Trece, Reira ou Ariño (Camariñas), Laxe, Traba e Soesto (Laxe), Mar de Fóra e O Rostro (Fisterra), os penedos de Pasarela e Traba, a costa do cabo Vilán e a costa que une Camelle con Traba.
A Costa da Morte conta cun rico patrimonio paisaxístico, etnográfico e megalítico. O seu litoral e costa están declarados como Lugar de importancia comunitaria.
A Costa da Morte tivo en 2016 323 mil visitas turísticas, das cales dous terzos foron turistas estranxeiros.[28] No seu patrimonio destaca o gran número de faros, como o do cabo Fisterra, un dos máis visitados de Europa, e que estivo declarado entre o 2007 e 2015 como Patrimonio Europeo.[29][30]
Arqueoloxía
editarA zona é notable pola conservación de moitos monumentos megalíticos, que levou á planificación para algúns deles do proxecto Parque Arqueolóxico do Megalitismo da Costa da Morte (v. lista completa en Lista de megálitos de Galicia#Provincia da Coruña).
Ponteceso
editar- Pedra da Serpe, en Gondomil, Ponteceso. É un gravado dunha serpe alada, único na Costa da Morte. Enriba ten un cruceiro engadido posteriormente. Na zona debeu de haber un pobo ou culto ofiliátrico.
- Petón da Campaíña, no Roncudo, Ponteceso. Descuberto a finais do século xx.[31] Suponse que alí se coroaban reis na Idade de Ferro.
- Castro da Coteleira, Cores, Ponteceso.
- Castro da Illa da Estrela, Corme, Ponteceso.
- Castro de Anllóns, Anllóns, Ponteceso.
- Castro de Cerezo, Cospindo, Ponteceso.
- Castro de Cores, Cores, Ponteceso.
- Castro de Lestimoño, A Graña, Ponteceso.
- Castro de Nemeño, Nemeño, Ponteceso.
- Castro de Niñóns, Niñóns, Ponteceso.
- Castro de Tallo, Tallo, Ponteceso.
- Castro de Xornes, Xornes, Ponteceso.
- Castro do Monte do Castro - A Barda, Corme, Ponteceso.
- Mámoa das Gándaras, Brantuas, Ponteceso.
- Mámoa das Modias, Nemeño, Ponteceso.
- Mámoa de Monte das Minas, Tallo, Ponteceso.
- Mámoa de Pardiñas, Tallo, Ponteceso.
- Mámoa de Vilasuso, Tallo, Ponteceso.
- Mámoa do Monte dos Regados, Xornes, Ponteceso.
- Mámoa do Monte Espiño, Xornes, Ponteceso.
- Mámoa do Monte Faro, Brantuas, Ponteceso.
- Mámoa dos Torrados, Cores, Ponteceso, Ponteceso.
- Mámoas de Monte Carballa, Cospindo, Ponteceso.
- Mámoas de Monte Lamoso, Tallo, Ponteceso.
Cabana de Bergantiños
editar- Castro de Borneiro, Borneiro, Cabana de Bergantiños. Escavado. Datado no 520 a. de C. Coñecido como "A Cidá". Catalogado como Ben de Interese Cultural desde o 2011[32]
- Dolmen de Dombate, Dombate, Cabana de Bergantiños.[33] Escavado e restaurado, no lugar existe un centro de interpretación e museo.
Malpica de Bergantiños
editar- Castro de Seiruga, Seiruga, Malpica de Bergantiños.
- Castro de Brión, Leiloio, Malpica.
- Dolmen de Pedra da Arca, Cerqueda, Malpica.
Muxía
editar- Castro de Merexo, Merexo, Muxía.
- Pedra de Abalar, en Muxía.
Camariñas
editar- Castro de Mourín, Camariñas. Sen escavar.
- Museo do Alemán, Camelle, Camariñas. Museo único creado polo alemán Manfred Gnädinger.
- Castro de Lingunde, Lingunde, Camariñas. Sen escavar.
Vimianzo
editar- Castro das Barreiras, Ogas, Vimianzo. Único por estar nun val. En escavación.
- Penedos de Traba, entre Traba, Braño e Pasarela, Vimianzo. Paisaxe Protexida.
- Necrópole suevo-romana de Tines, Tines, Vimianzo.
- Estela funeraria de Victorino, Tines, Vimianzo. Levada para o Museo Arqueolóxico da Coruña
- Dolmen de Pedra Moura, Serramo, Vimianzo. 4000-3000 a.C.
- Dolmen de Pedra da Lebre, Serramo, Vimianzo. 4000-3000 a.C.
- Dolmen Casa das Mouras, Baíñas, Vimianzo. 4000-3000 a.C.
- Dolmen de Pedra Cuberta, Serramo, Vimianzo. 4000-3000 a.C.
- Dolmen da Mina, Braño, Vimianzo. 4000-3000 a.C.
- Dolmen Casota de Freáns, Berdoias, Vimianzo. 2500-2000 a.C.
Cee
editar- Castro do Monte do Castro, Lires, Cee
- Castro do Monte do Son, Cee.
- Mámoas do Alto de San Pedro Mártir, na Pereiriña, Cee.
- Castro de Toba, O Vilar de Toba, Cee.
Dumbría
editar- Pedra da Arca, Regoelle, Dumbría.
- Castro de Alvarellos, Berdeogas, Dumbría.
- Castro de Berdeogas, Berdeogas, Dumbría.
- Castro de Logoso, Logoso, Dumbría.
Zas
editar- Dolmen da Arca da Piosa, no Muíño, Zas.
Outros lugares
editar- Castro de Castrelo, Soesto.
- Dolmen Fornela dos Mouros, no Aprazadoiro.
- Foxo dos Lobos, Reira.
- Mamoa de Reira, Reira.
- Castro de Quenxe.
- Castro de Regoelle.
- Castro de Teixoeiras, Bufantes.
- Petroglificos Pedra Ancha, no Camiño de Fisterra.
- Petroglificos Torre da Moa. Atopados hai pouco nunha leira na estrada que une Mosquetín e a Torre da Moa.
- Dolmen da Arca de Pedra Vixía, 4000-3000 a.C.
- Ponte de Brandomil. Conserva unha ara consagrada ao Deus celta Cosus.
- Dolmen de Pedra Moura 4000-3500 a.C. na parroquia de Aldemunde en Carballo
Portos
editarOs principais portos son:
- Malpica de Bergantiños, un dos máis importantes da zona.
- Camariñas, o porto máis grande da Costa da Morte, recentemente ampliado.
- Corme, cun porto deportivo.
- Laxe.
- Camelle.
- Arou.
- Santa Mariña.
- Muxía.
- Fisterra.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Costada Morte, Turgalicia.". Consultado o 30 de xullo de 2017.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Lema Suárez, Xosé Mª; Domínguez Rial, Evaristo; Fernández Carrera, Xan; Mouzo Lavandeira, Roberto; Rei Lema, Xosé Mª (2010). A Terra de Soneira no corazón da Costa da Morte. Xerais. p. 11. ISBN 978-84-9914-163-3.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 García, Jesús Ángel Sánchez (2013-11-07). "La leyenda de la Costa de la Muerte. Naufragios y faros como desencadenantes para la activación de un patrimonio marítimo". Sémata: Ciencias Sociais e Humanidades 25 (25). ISSN 2255-5978. Consultado o 2017-07-08.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 "nº18 Revista "Turismo Costa da Morte"" (PDF). 29 de agosto de 2016. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 29 de xullo de 2017. Consultado o 29 de xullo de 2017.
- ↑ 5,0 5,1 "www.costadamortegalicia.com". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 29 de xullo de 2017.
- ↑ 6,0 6,1 "www.visitacostadamorte.com".
- ↑ "Rutas Finisterrae, finisterae.com". Consultado o 30 de xullo de 2017.
- ↑ "Costa da Morte, Código ZEC ES1110005. Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 5 de xullo de 2017.
- ↑ "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Consultado o 5 de xullo de 2017.
- ↑ https://www.quepasanacosta.gal/articulo/cultura/cando-naceu-o-nome-da-costa-da-morte/20110318090042067375.html
- ↑ Rosalía de Castro. La Hija del Mar. 1859. páx.
- ↑ Eduardo Pondal, Rumores de los pinos. Poesías, Santiago, 1877, páx. 25-26.
- ↑ “Naufragio del Cardenal Cisneros”, Vida Marítima, 10/11/1905, páx 12.
- ↑ Proyecto de la reforma del Plan General de Balizamiento de las costas y puertos de España. Costa del Noroeste. Año 1904. Citado en Sánchez García, Faros de Galicia, páx 143.
- ↑ Emilia Pardo Bazán, “La vida contemporánea”, LIA, no 1247, 20/11/1905, páx. 746.
- ↑ Conde de Santibáñez del Río, “La Costa de la Muerte (impresiones de viaje)”, El Orzán, 07/09/1920, páx. 1.
- ↑ Aubrey Fitz Gerald, Bell (1922). Spanish Galicia (1882-1950). Londres: London, John Lane. pp. 184–188.
- ↑ A versión orixinal en inglés di: In the sheltered calm of the Finisterre road one forgets all about the Coast of Death, which is the name given to the Galician coast from Vigo to Malpica and the Islas Sisargas. But one has no sooner passed the town of Finisterre and begun to mount the hill El Facho..., than, even on a calm blue day, one begins to hear a great roaring of water, and sees lines of foam about the cliffs of the outer coast. e foi publicada en Aubrey Fitz Gerald Bell, Spanish Galicia, Londres, 1922, páx. 96
- ↑ J. Mas, La Costa de la Muerte, capítulo X, páx. 61-63.
- ↑ "Disposición do Diario Oficial de Galicia- Xunta de Galicia". Consultado o 2017-07-29.
- ↑ "Nace el Plan de Dinamización Turística da Costa da Morte". La Voz de Galicia. 2017-04-20. Consultado o 2017-07-29.
- ↑ 22,0 22,1 22,2 Lema Mouro, Rafael (xaneiro de 2014). Catálogo de naufragios. Costa da Morte - Galicia (PDF). Ponte do Porto, A Coruña: elven, DonClic.
- ↑ 23,0 23,1 Javier Gacía Blanco. "Costa da Morte: Desgracias en el "fin de la tierra"". Historia de Iberia Vieja (América Iberica,S.A) (122): 82 a 89.
- ↑ "Localizan el pecio de un galeón del siglo XVI en Camariñas (A Coruña). EFE" (en castelán). 24 de marzo de 2015. Consultado o 30 de xullo de 2017.
- ↑ Méndez Fonte, Rosa (1997). Los faros de a Costa da morte; una parte integrante del patrimonio gallego. p. 2954209. ISBN 84-89694-47-8. Consultado o 30 de xullo de 2017.
- ↑ "Naufragios de cabo Vilán a Nemiña, A Costa da Morte". Arquivado dende o orixinal o 29 de xullo de 2017. Consultado o 29 de xullo de 2017.
- ↑ 27,0 27,1 Un velero encalla en uno de los puntos negros de la Costa da Morte
- ↑ "Turismo - Indicador da intensidade da demanda turística en 2016". Consultado o 30 de xullo de 2017.
- ↑ "Parlamento Europeo: preguntas parlamentarias. Asunto: Exclusión del Cabo Fisterra (Galicia) del Sello de Patrimonio Europeo. Josu Juaristi Abaunz (GUE/NGL)". 5 de xaneiro de 2015.
- ↑ "Cabo Fisterra, Turgalicia". Consultado o 30 de xullo de 2017.
- ↑ "Ruta polos petróglifos do promontorio de Corme". 16 de febreiro do 2016. Consultado o 29 de xullo do 2017.
- ↑ "RELACIÓN DE BENS DE INTERESE CULTURAL EN GALICIA". Xunta de Galicia. Consellaría de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Arquivado dende o orixinal (xlsx) o 30 de xullo de 2017. Consultado o 30 de xullo do 2017.
- ↑ Asociación Amigos do Arqueolóxico. "Dólmenes:A Coruña". El Megalitismo en Galicia. Consultado o 30 de xullo do 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Costa da Morte |