Espazo natural protexido

paraxe terrestre ou mariña protexida para conservar a súa biodiversidade e os seus hábitats

Un espazo natural protexido, área protexida ou espazo de conservación, é unha paraxe terrestre ou mariña definida xeograficamente e que se protexe coa finalidade de conservar a súa biodiversidade e os seus hábitats.[1] Préstaselles atención pola súa importancia no ecosistema ou o seu valor engadido de importancia cultural.

Espazos protexidos
por rexións continentais
Illas Cíes, do parque nacional das Illas Atlánticas
Illas Cíes, do parque nacional das Illas Atlánticas
Parque Nacional das
Illas Atlánticas
África: 14.7 % terrestre, 2,4 %mariña
América Central: 28,2 % terrestre, 2,1 % mariña
América do Norte: 14,4 % terrestre, 6,9 % mariña
América do Sur: 25,0 % terrestre, 3,9 % mariña
Asia: 12,4 % terrestre, 4,5 % mariña
Caribe: 14,6 % terrestre, 1,2 % mariña
Europa: 13,6 % terrestre, 3,9 % mariña
Oceanía: 14,2 % terrestre, 15,6 % mariña
Océanos do sur: 18,6 % terrestre, 17,7 % mariña
Oriente Medio: 15,2 % terrestre, 1 % mariña
Fracción de área mariña ou terrestre. Fonte: UNEP-WCMC 2014

Nestes espazos, ben por interese gobernamental ben asociativo, aplícanse accións de preservación do ecosistema para manter os seus servizos ou melloralos, se é que teñen zonas degradadas por actividade humana. A finalidade da protección adoita ser a de paliar o impacto humano nos procesos do ecosistema, que provocan unha redución da biodiversidade,[2] e a de garantir que os ecosistemas se conserven para as futuras xeracións[1].

Hai diferentes tipos de espazos naturais protexidos segundo a categoría que as leis de cada país lle outorguen ou a regulación de convenios de organizacións internacionais, como a Rede Natura 2000 da Unión Europea ou as Reservas da biosfera da UNESCO. Moitos dos espazos mariños protexidos adoitan incluír áreas mariñas extensas e ser transfronteirizos, polo que a súa conservación é un compromiso internacional.

En 2016 só o 14,8% (161 millóns km2) da superficie terrestre e as augas continentais, o 12,7% (3,6 millóns de km2) da costa e o 5,1% (3,6 millóns de km2) das augas oceánicas estaba protexidas por algunha categoría de espazo natural.[3][4]

Definición

editar

As áreas protexidas enténdense como aquelas nas que a ocupación do espazo natural pola humanidade ou dos recursos do ecosistema é limitado. As definicións que máis se aceptan nos marcos de desenvolvemento rexional e nas lexislacións estatais son as da Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN). As súas definición foron:

Unha área definida xeograficamente que se asigna, regula e xestiona con finalidades específicas de conservación.
Convención da Diversidade Biolóxica de 1992, 1 Artigo 2
Un espazo xeográfico claramente definido, recoñecido, adicado e xestionado, a efectos legais ou con outra medida efectiva, para acadar a conservación a longo prazo da natureza, cos seus servizos de ecosistema asociados e valores culturais
Unión Internacional para a Conservación da Natureza (IUCN) 2008, 2

Categorías de xestión das áreas protexidas da IUCN

editar
 
Mapa do planeta coa porcentaxe de espazos protexidos en cada país de 2005.

A IUCN, a través da súa "Comisión Mundial para os Espazos Protexidos" (WCPA) definiu unha táboa de clasificación de seis categorías dos espazos naturais segundo os obxectivos de conservación. Esta táboa é aceptada por varios gobernos e polas Nacións Unidas.[5] Permite definir e catalogar as áreas protexidas e iniciar os seus planos de conservación, segundo as necesidades de conservación.[6]

As categorías dos espazos protexidos segundo a IUCN son:

  • Categoría Ia — Reserva natural estrita
  • Categoría Ib — Área salvaxe
  • Categoría II — Parque nacional
  • Categoría III — Monumento natural
  • Categoría IV — Área de hábitats ou xestión de especies
  • Categoría V — Área terrestre ou marítima protexida
  • Categoría VI – Área protexida cun uso sostible dos recursos naturais

Os elementos aos que se lle presta atención para definir como de interese de preservación unha área son a cantidade de especies en risco de extinción, as especies limitadas xeograficamente, as ensamblaxes de especies e o número de especies en risco e que coexisten e os tipos de ecosistema en perigo de desaparición e a súa integridade. As agregacións demográficas de especies, os refuxios ecolóxicos e as fontes de recursos, como alimentos ou puntos de reprodución serven para determinar as áreas tamén. A biodiversidade dos ecosistemas avalíase ao nivel da riqueza taxonómica e da variabilidade xenética das especies.[7]

Espazos naturais por rexións

editar

Europa

editar
Véxase tamén: Rede Natura 2000.

Na Unión Europea creouse a Rede Natura 2000 entre todos os estados membros coa finalidade de garantir a supervivencia das especies de maior interese e en maior risco de extinción da Unión Europea. Esta rede de espazos protexidos componse de zonas especial de conservación (ZEC) e zona de especial protección para as aves (ZEPA). Os lugares de importancia comunitaria (LIC) son a primeira fase de declaración dun espazo, por parte dun estado membro, antes da súa catalogación como zonas especial de conservación (ZEC) na Unión. Desígnase baixo a lexislación da Directiva de Hábitats (Directiva 92/43/CE de 1992 coa que se crea a rede) e a Directiva de Aves.

En 2017 estaban catalogados dentro da Rede Natura 2000 europea máis do 18% do territorio terrestre e o 6% do mariño da Unión. Así é que é a maior rede de conservación de espazos naturais do planeta.[8][9][10]

A rede ten por obxectivos protexer a especies e hábitats, manter e restaurar ecosistemas, conseguir unha agricultura, explotación forestal e pesca sostibles, combater as especies invasoras, reducir a perda de biodiversidade global.[8]

España

editar

Os espazos protexidos terrestres e marítimos dentro da soberanía do estado español réxense pola Lei 42/2007 do patrimonio natural e da biodiversidade.[11] A lei ten por obxectivo a conservación e protección da diversidade biolóxica, a riqueza xeolóxica e a tradución cultural asociada a estes espazos. Na lei considéranse de interese de protección espazos naturais en risco ou con posibilidade de ameaza, ou espazos de interese ecolóxico, xeolóxico, paisaxístico ou outros.[12]

A lei recolle cinco categorías de clasificación para os espazos:

  • Parques: son lugares con ecosistemas, formacións xeomorfolóxicas ou outros valores que merecen a máxima atención. Inclúe a rede de parques nacionais.
  • Reservas naturais: son lugares con ecosistemas con interese de preservación ben por estar baixo risco de preservación ben por ter elementos raros ou de interese xeral.
  • Áreas mariñas protexidas: son áreas intermareais e submareais que singulares, con risco ou importancia de conservación.
  • Monumentos naturais: son formacións peculiares que pola súa rareza ou beleza se lles outorga dereito de preservación.
  • Paisaxes protexidos: son espazos do territorio que por elementos estéticos ou culturais, e segundo as regras do convenio europeo da paisaxe do Consello Europeo, merecen ser protexidos.

As comunidades autónomas do estado desenvolveron as súas propias lexislacións sobre dos espazos protexidos e en 2017 chegaban a ser máis de 40 figuras de proteccións. Segundo o seu marco xurídico, estes espazos están agrúpanse dentro de:

A Lei 42/2007 recoñeceu a figura e importancia dos lugares de interese xeolóxico; definindo a xeodiversidade, o patrimonio xeolóxico e os xeoparques.[15]

En España en 2017 os espazos naturais declarados supoñen o 28,03% (142 mil km2) da superficie terrestre e o 8,37% (84 mil km2) de superficie mariña. Seguindo a clasificación da IUCN, das 4,040 áreas protexidas só 13 espazos naturais son da categoría Ia e 61 da Ib.[16]

Galicia

editar
Artigo principal: Espazos protexidos de Galiza.

Dentro do marco estatal, a lexislación galega rexe que existen as seguintes figuras de espazos naturais[17]:

A costa galega conta con áreas mariñas catalogadas como zonas de especial protección dos valores naturais, mais que son de competencia do estado polo réxime xurídico de costas vixente. Este é o caso das ZEPA e LIC Banco de Galicia e ZEPAs das Rías Baixas de Galicia, da Punta de Candelaria - Ría de Ortigueira - Estaca de Bares, da Costa de Ferrolterra - Valdoviño, da Costa da Morte e a das Rías Baixas de Galicia.[19][20][21]

Así mesmo as outras figuras de orde internacional que existen no territorio galego son:

Portugal

editar
Artigo principal: Espazos protexidos de Portugal.

A lexislación portuguesa declara aos espazos naturais protexidos como áreas protexidas e establece para cada tipo unha regulación específica. A lei para este fin foi o decreto-lei 19/93 do 23 de xaneiro de 1993 e o posterior decreto-lei 142/2008, e nelas declaráronse as seguintes categorías de áreas protexidas:

  • De ámbito nacional[27]:
    • Parque nacional
    • Parque natural
    • Reserva natural
    • Monumento natural
    • Paisaxe protexida
    • Lugares de interese biolóxico
  • De ámbito rexional ou local:
    • Parque natural rexional
    • Reserva natural local
    • Paisaxe protexida local
    • Área protexida privada

O seu único parque nacional é o da Peneda-Gerês. Conta con outros trece parques naturais: o Montesinho, Douro Internacional, Litoral Norte, Alvão, Serra da Estrela, Tejo Internacional, Serras de Aire e Candeeiros, São Mamede, Sintra-Cascais, Arrábida, Suroeste Alentejano e Costa Vicentina, Vale do Guadiana, e Ria Formosa.[27] Portugal conta co seu 22.9% (21 mil km2) de superficie terrestre e 8,36% (144 mil km2) de superficie mariña protexido. 13 áreas son de categoría Ia da IUCN e 25 da Ib.[28]

  1. 1,0 1,1 Biodiversity A-Z, United Nations Environment (eds.). "Protected area definition - Biodiversity A-Z". Consultado o 03/10/2017. 
  2. Dudley, N. (ed.) (2008). IUCN, eds. Guidelines for Appling Protected Areas Management Categories. Suíza. 
  3. Protected Planet. United Nations Environment Programme, eds. (2016). "UNEP-WCMC and IUCN (2016). Protected Planet Report 2016. DEP/2022/CA". UNEP-WCMC e IUCN: Cambridge (Reino Unido). ISBN 978-92-807-3587-1. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2017. Consultado o 03 de outubro de 2017. 
  4. "Protected Planet Report 2016: Update on global statistics from Protected Planet Report 2016" (en inglés). decembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2017. Consultado o 03 de outubro de 2017. 
  5. "IUCN - Home". Arquivado dende o orixinal o 27 de maio de 2016. Consultado o 03 de outubro de 2017. 
  6. Dudley, Nigel (02/10/2008). IUCN, eds. Guidelines for applying protected area management categories (en inglés). Suíza. p. 86. ISBN 978-2-8317-1086-0. Consultado o 03/10/2017. 
  7. IUNC, eds. (2016). A global standard for the identification of Key Biodiversity Areas : version 1.0 (1.0 ed.). Gland, Suiza e Cambridge, Reino Unido. ISBN 978-2-8317-1835-4. Consultado o 2017-10-03. 
  8. 8,0 8,1 Comisión Europea - Ambiente (eds.). "Biodiversity Strategy" (en inglés). 
  9. Comisión Europea - Ambiente (eds.). "The Natura 2000 Biogeographical Process" (en inglés). 
  10. 10,0 10,1 Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, Gobierno de España (eds.). "Red Natura 2000" (en castelán). 
  11. Boletín Oficial del Estado, eds. (15/12/2007). "Ley 42/2007, de 13 de diciembre, del Patrimonio Natural y de la Biodiversidad. «BOE» núm. 299, de 14/12/2007.". Consultado o 2017-10-03. 
  12. Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, Gobierno de España (eds.). "Espacios protegidos" (en castelán). 
  13. Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, Gobierno de España (eds.). "Espacios Naturales Protegidos en España" (en castelán). 
  14. Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, Gobierno de España (eds.). "Áreas Protegidas por Instrumentos Internacionales" (en castelán). 
  15. Instituto Geológico y Minero de España, Ministerio de Economía, Industria y Competitividad (eds.). "Patrimonio Geológico y geodiversidad de España: Legislación" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2017. Consultado o 03 de outubro de 2017. 
  16. Protected Planet, UN Environment (eds.). "Spain, Europe in Protected Planet". Arquivado dende o orixinal o 18/09/2020. Consultado o 3/10/2017. 
  17. Presidencia da Xunta de Galicia (Martes, 04 de setembro de 2001). Xunta de Galicia, eds. "LEI 5/2019, do 2 de agosto, do patrimonio natural e da biodiversidade de Galicia." (DOG Núm. 171): 11.754. 
  18. A Rede Natura 2000 estivo integrada dentro da figura de Zonas de especial protección dos valores naturais (ZEPVN) ata o 2019, cando se derrogou esta figura lexislativa. Desde ese momento as categorías da rede intégranse como tales dentro das entidades galegas de protección.
  19. Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, Gobierno de España (eds.). "Espacios marinos protegidos de competencia estatal: A Coruña" (en castelán). 
  20. Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, Gobierno de España (eds.). "Espacios marinos protegidos de competencia estatal: Pontevedra" (en castelán). 
  21. Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente, Gobierno de España (eds.). "Espacios marinos protegidos de competencia estatal: Lugo" (en castelán). 
  22. Xunta de Galicia, eds. (15/09/2021). "A Unesco declara a Ribeira Sacra e Serras do Oribio e Courel a sétima reserva da biosfera de Galicia". Arquivado dende o orixinal o 16/09/2021. Consultado o 15/09/2021. 
  23. CRTVG, eds. (15/09/2021). "A Ribeira Sacra, Serras do Oribio e Courel consegue ser Reserva da Biosfera". 
  24. United Nations Organization for Education, Science and Culture (UNESCO) (eds.). "UNESCO Global Geoparks" (en inglés). 
  25. Instituto Geológico y Minero de España, Ministerio de Economía, Industría y Competitividad (eds.). "Geosites" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2017. Consultado o 03 de outubro de 2017. 
  26. Instituto Geológico y Minero de España, Ministerio de Economía, Industria y Competitividad (eds.). "Base de datos del Inventario Español de Lugares de Interés Geológico (IELIG)" (en castelán). 
  27. 27,0 27,1 Instituto de Conservação da Natureza e das Florestas (eds.). "Áreas Protegidas" (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2016. Consultado o 03 de outubro de 2017. 
  28. Protected Planet, UN Environment (eds.). "Portugal, Europe". Arquivado dende o orixinal o 21/10/2020. Consultado o 3/10/2017. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar