British Airways é a aeroliña máis grande do Reino Unido e de Europa. É, polo tanto, unha das maiores do mundo, co maior número de voos entre Europa e Norteamérica. Formouse no ano 1974 como resultado da fusión entre a aeroliña estatal British Overseas Airways Corporation (BOAC) e a British European Airways (BEA). Ten a súa sede en Waterside, preto do seu principal centro de operacións no aeroporto de Heathrow.

British Airways
IATA
BA
OACI
BAW
SHT
Indicativo
SPEEDBIRD
SHUTTLE
Fundación31 de marzo de 1974
AlianzaOneworld
Frota256
Páxina web: http://www.britishairways.com/
Concorde de British Airways no aeroporto de Heathrow.

Despois de case trinta anos como compañçia estatal, foi vendida en febreiro de 1987 como parte dun plan de privatización do goberno conservador. A aeroliña expandiuse ao pouco tempo coa adquisición de British Caledonian en 1987 e Dan-Air en 1992.

O 12 de novembro do 2009 British Airways confirmou que acadara un acordo preliminar para fusionarse con Iberia. A fusión entre as dúas compañía crearía a terceira maior aeroliña do mundo en termos de ingresos anuais, sendo tamén o segundo maior grupo de Europa. A fusión confirmouse o 8 de abril do 2010, e o 14 de xullo a Comisión Europea aprobou a unión segundo a lei de competencia, permitindo tamén que American Airlines co-operase coa nova entidade en rutas transatlánticas cara aos Estados Unidos. A fusión entre British Airways e Iberia completouse o 21 de xaneiro do 2011, creando formalmente o International Airlines Group, IAG.

En decembro de 2020 a frota de British Airways estaba formada polos seguintes avións:[1][2]

Frota de British Airways
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros[2][3] Notas
F C T+ T Total
Airbus A319-100 35 143 143 G-EUPJ pintado con librea retro de BEA.
144 144
Airbus A320-200 67 180 180
177 177
Airbus A320neo 13 9 180 180
Airbus A321-200 18 23 131 154
199 199
Airbus A321neo 10 3 220 220
Airbus A350-1000 8 10 56 56 219 331 O pedido inclúe 18 opcións.
Airbus A380-800 12 14 97 55 303 469 Todos os avións quedarán en terra ata 2021.[4]
Boeing 777-200ER 43 14 48 40 124 226
14 48 40 134 236
12 48 32 127 219
8 49 40 138 235
48 40 184 272
48 24 203 275
32 52 252 336
32 48 252 332
Boeing 777-300ER 14 1[5] 14 56 44 185 299
8 76 40 130 254
Boeing 777-9 18[6] 8 65 46 206 325 Os primeiros 8 serán entregados en 2022.[7] O pedido inclúe 24 opcións.
Boeing 787-8 12 35 25 154 214
Boeing 787-9 18 8 42 39 127 216
Boeing 787-10 2 8 8 48 35 165 256
Total 252 49


Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar


  1. "British Airways Fleet Details and History". www.planespotters.net. Consultado o 2020-12-22. 
  2. 2,0 2,1 "Fleet facts". britishairways.com. Arquivado dende o orixinal o 30 de agosto de 2018. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  3. "Seat maps". britishairways.com. Arquivado dende o orixinal o 8 de decembro de 2016. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  4. "British Airways' A380s now grounded until at least 2021". Executive Traveller (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  5. "British Airways Annual Report" (PDF). IAG. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 17 de marzo de 2023. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  6. "Boeing Signs Deal for Up to 42 777X Airplanes with International Airlines Group". MediaRoom. Arquivado dende o orixinal o 28 de febreiro de 2019. Consultado o 22 de decembro de 2020. 
  7. Flynn, David (28 de febreiro de 2019). "British Airways to fly the Boeing 777X from 2022". Executive Traveller (en inglés). Consultado o 22 de decembro de 2020.