Forges

humorista gráfico español

Antonio Fraguas de Pablo, coñecido como Forges, nado en Madrid o 17 de xaneiro de 1942 e finado na mesma cidade o 22 de febreiro de 2018,[1] foi un humorista gráfico español, colaborador habitual do diario El País.

Modelo:BiografíaForges

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Rafael Antonio Benito Fraguas de Pablo Editar o valor en Wikidata
17 de xaneiro de 1942 Editar o valor en Wikidata
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Morte22 de febreiro de 2018 Editar o valor en Wikidata (76 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Causa da morteCáncer de páncreas (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Outros nomesForges Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Politécnica de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndebuxante de prensa, caricaturista, artista de banda deseñada, director de cinema Editar o valor en Wikidata
EmpregadorEl País (1995–)
El Mundo (1989–1995)
Diario 16 (1981–1989)
Televisión Española (–1973)
Diez minutos (pt) Traducir (1970–)
Informaciones (pt) Traducir (1967–1979)
Pueblo (en) Traducir (1964–)
Por Favor (pt) Traducir
Hermano Lobo (pt) Traducir
Interviú (pt) Traducir
El Jueves
Lecturas Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxePilar Garrido Cendoya (1967–2018) Editar o valor en Wikidata
PaiAntonio Fraguas Saavedra Editar o valor en Wikidata
IrmánsEnrique Fraguas
Rafael Fraguas
José María Fraguas Editar o valor en Wikidata
Premios

Sitio webforges.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0289617 BNE: XX906164 Dialnet: 2952840 Discogs: 514517 Tebeosfera: forges Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo do galego da Fonsagrada Antonio Fraguas Saavedra e a catalá Ascensión de Pablo, pasou a súa infancia nunha ampla familia na que era o segundo de nove irmáns. Foi un mal estudante, pero un gran lector de Richmal Crompton e os seus libros sobre Charlie Brown. Cursou estudos de Enxeñería de Telecomunicación e Ciencias Sociais.

En 1956, con 14 anos de idade, comezou a traballar como técnico de telecine en Televisión Española e como mesturador de imaxe desde 1962. Abandonou o cadro de persoal de TVE sendo Coordinador de Estudo en 1973 para dedicarse profesionalmente ó humorismo gráfico. Publicara o seu primeiro debuxo en 1964 no diario Pueblo,[1] da man de Jesús Hermida, e logo pasou a Informaciones. Jesús de la Serna encomendoulle o chiste editorial; en 1970 comenza a colaborar en Diez Minutos e traballa nas revistas de humor Hermano Lobo e Por Favor. Fixo o servizo militar como furriel de artillaría, casou e tivo tres fillas e un fillo. Publicou o chiste editorial en Diario 16 e posteriormente en El Mundo, pero deixou este xornal, do que fora un dos fundadores, e pasou a asinar o chiste editorial de El País. Ademais posuía seccións de humor gráfico nas revistas Lecturas, Jano, Interviú e El Jueves.

Dirixiu dúas películas (País S.A., 1975, e El Bengador Gusticiero y su pastelera madre, 1977) e 4 series de humor en televisión, El Muliñandupelicascarabajo (1968), Nosotros (1969) e 24 horas aquí (1976), en TVE; e Deforme semanal (1991), en Telemadrid co seu irmán José María Fraguas. Na radio participou en programas como Protagonistas, La Ventana e No es un día cualquiera, de RNE, con Pepa Fernández, e en La Ventana, de Gemma Nierga, na Cadena SER.

En 2012, e a proposta do claustro académico da Universidade de Alcalá de Henares, foi nomeado Director Técnico do Instituto Quevedo do Humor, primeiro centro específico universitario fundado en España de estudos sobre o humor en tódalas súas facetas. En 2014, presentou e dirixiu o programa de televisión Pecadores impequeibols en La 2 de TVE.

Como humorista, utilizou uns bocadillos moi persoais de grosa liña negra e unha refinada linguaxe extraída directamente da rúa. "Inventor" de palabras e modismos léxicos, (bocata, firulillo, esborcio, jobreído etc.), é un dos poucos humoristas cun oído sensible á linguaxe popular. Na súa obra ocupan un lugar fundamental o costumismo e a crítica social. O seu forte é a visión crítica das situacións da vida cotiá; creou toda unha extensa iconografía de personaxes e situacións cómicas que reflicten a idiosincrasia e a socioloxía da España contemporánea. Mariano, un burgués frustrado casado cunha gordísima muller chamada Concha, que representa á represiva conciencia; os náufragos nunha illa aburrida que teñen que combater a soidade cunha hipertrofia da fantasía; os Blasillos que representan a España rural e eterna; as vellas que conxugan informática e paletez; os oficinistas cabreados; o matrimonio sepultado nunha cama inmensa o yuppi americanizado e idiota; o niñato "pijo" e imbécil; o alienado polo fútbol, o oficinista cabreado e subversivo, o descolgado que pecha bares, o pretensor de portela, o enclaustrado no búnker etc... En 1976, Luis Eduardo Aute e outros cantautores gravaron un disco titulado Forgesound (Ariola) no que con diversos ritmos (chotis, pasodobre, chachachá ou xota), en cada tema, homenxean aos personaxes máis característicos de Forges empregándoos como vehículos para a crítica e a caracerización da España do momento.[2]

Unha parte substancial da súa obra constitúena os álbums sobre Historia de España en cómic e sobre informática para torpes. Afirmaba que en España non é necesaria a inspiración para ser humorista.

Morreu en Madrid o 22 de febreiro de 2018 a consecuencia do cancro de páncreas que padecía.

Galardóns

editar
 
Monumento a Forges, en Alcalá de Henares (2021).

Antonio Fraguas «Forges», que nunca quixo ser membro de ningún xurado e que nunca se presentou, nin persoalmente nin por terceiros, a ningún concurso nin galardón, posúe varios premios para os que non é preciso postularse, como o Premio á Liberdade de Expresión da Unión de Xornalistas de España; foi Colexiado de Honra do Colexio de Xornalistas de Cataluña e tamén foille concedida a Creu de Sant Jordi, máxima condecoración catalá.

O 7 de decembro de 2007, o Consello de Ministros de España concedeulle a Medalla de Ouro ao Mérito no Traballo.

En novembro de 2009 a Asociación de Libreiros concédelle o Premio Lenda, pola súa defensa constante da lectura e os libros a través dos seus debuxos.

En abril de 2011, o Consello de Ministros de España outorgoulle a Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.[3] Así mesmo, recibiu o galardón Onda Mediterránea 2011.[4] Foi Premio Antonio de Sancha (2001), patrocinado polos editores madrileños,[5] e Premio Internacional de Humor Gat Perich. En decembro do mesmo ano, recolleu o premio Emilio Castelar, na especialidade de Eficacia Comunicativa, dos xornalistas gaditanos.

En maio de 2012 recibiu o Premio da FAO, pola difusión nos seus debuxos do problema alimentario no mundo. Tamén en 2012 recibiu o galardón de Socio de Honra do Orfeón burgalés, pola reiterada aparición da devandita institución nos seus chistes, e o Premio Notario do Humor concedido pola Universidade de Alacant.

En 2013, a fundación Rodolfo Benito Samaniego, de Alcalá de Henares, outorgoulle o Premio á Convivencia, Paz e Liberdade. En outubro dese mesmo ano, recibiu a distinción Liber Press, xunto a Joan Manuel Serrat e Eduardo Punset, en Xirona. En decembro de 2013 recibiu o Premio Nacional de Xornalismo Pedro Antonio de Alarcón na súa duodécima edición, en recoñecemento á súa traxectoria.[6]

En 2014 foi galardoado co Premio Artemio Precioso polo seu labor en defensa do medio ambiente. Con motivo dos seus 50 anos de profesión, editouse un cupón da ONCE e unha folla de selos de Correos[7] con debuxos seus e foi nomeado pola Universidade Miguel Hernández, de Elx, doutor honoris causa.[8] En novembro do mesmo ano concedéuselle, por unanimidade do xurado, o Premio Iberoamericano de Humor Gráfico Quevedos.

O 28 de xaneiro de 2016 foi nomeado doutor honoris causa pola Universidade de Alcalá.[9]

 
Lendo a Forges.
  • 2015 - "Los más de la Historia de Aquí", en tres tomos.
  • 2014 - "Coloreitor", libro de coloreo contra o estrés.
  • 2014 - "El libro (de los 50 años) de Forges", conmemorativo do seu medio século de profesión.
  • 2013 - Ilustra "Del guateque al altar", de Pilar Garrido.
  • 2013 - Ilustra "El fantasma de Canterville", III tomo da colección terror-humor con Alfonso Azpiri.
  • 2012 - Ilustra "El monstruo de Frankenstein" II tomo da colección terror-humor con Alfonso Azpiri.
  • 2011 - Ilustra "Drácula", I tomo da colección terror-humor, con Alfonso Azpiri.
  • 2011 - Ilustra 'Polvo eres', de Nieves Concostrina.
  • 2010 - Ilustra "La Posguerra vista por una particular y su marido", de Pilar Garrido Cendoya.
  • 2007 - "La Consti y la Transi", os anos de 1975 a 1982 da España democrática en cómic, da serie Historia Forgesporánea.
  • 2006 - "El Franquismo y hacia la Libertad" a era franquista en cómic, da serie Historia Forgesporánea.
  • 2006 - "La Guerra Incivil", a Guerra Civil española en cómic, da serie Historia Forgesporánea.
  • 2006 - El ambiente siempre está en medio, con Joaquín Araujo
  • 2005 - Arte de am@r (Debuxos)
  • 2004 - Humor del Día (Debuxos)
  • 2003 - Números pares, impares e idiotas con Juan José Millás
  • 1996 - Colección La Neurona Feliz (6 tomos de debuxos)
  • 1992-2006 - Informática para Torpes, (Ilustraciones de 72 tomos)
  • 1992 - Doce de Babilonia (Novela)
  • 1985 - Los Manuales de Crisp & Son (Cómic)
  • 1984 - Historia Forgesporánea (Cómic)
  • 1982 - Forges 5 (Debuxos)
  • 1982 - Los Wordiales '82 (Cómic)
  • 1980 - Historia de Aquí (Cómic)
  • 1980 - Forgescedario (7 libros de debuxos)
  • 1979 - Forges 4 (Debuxos)
  • 1978 - La Consti (la Constitución de 1978 al alcance de cualquier lector)(Cómic)
  • 1976 - Los Forrenta años (40 años de franquismo, banda deseñada)
  • 1974 - Comiciclos (banda deseñada)
  • 1974 - Forges 3 (Debuxos)
  • 1973 - Forges 2 (Debuxos)
  • 1972 - Forges 1 (Debuxos)
  1. 1,0 1,1 "Muere el humorista gráfico Antonio Fraguas, Forges". elmundo.es. Consultado o 22-02-2018. 
  2. Puchades, Juan (23-12-2017). ""Forgesound" de Luis Eduardo Aute y otros". efeeme.com. Consultado o 8-4-2020. 
  3. "SS.MM. los Reyes entregan las Medallas de Oro al Mérito en las Bellas Artes". lamoncloa.gob.es. Consultado o 22-02-2018. 
  4. "Premios Ones Mediterrania 2011". fundació Mediterrània. Arquivado dende o orixinal o 22-02-2018. Consultado o 22-02-2018. 
  5. "Los editores madrileños premian a Forges por su defensa de los libros". elpais.com. 21-11-2001. Consultado o 22-02-2018. 
  6. "Forges gana el Premio nacional de Periodismo Antonio Alarcón". atlantico.net. 13-12-2013. Consultado o 22-02-2018. 
  7. "Emisión de selos". correo.es. Consultado o 22-02-20118. 
  8. "FORGES ES INVESTIDO DOCTOR HONORIS CAUSA POR LA UNIVERSIDAD MIGUEL HERNÁNDEZ". periodismo.umh.es. Consultado o 22-02-2018. 
  9. "‘Forges’, investido Doctor Honoris Causa por la UAH durante la Festividad de Santo Tomás". Portal comunicación UAH. 22-01-2016. Consultado o 22-02-2018. 

Véxase tamén

editar