We use cookies and other technologies on this website to enhance your user experience. Read more Privacy Policy.I Agree

Fotos gratis : arquitectura, edificio, palacio, columna, fachada, Iglesia, catedral, capilla, lugar de adoración, bautisterio, templo, monasterio, sinagoga, basílica, historia antigua, Arquitectura romana antigua 3920x3385

arquitectura, edificio, palacio, columna, fachada, Iglesia, catedral, capilla, lugar de adoración, bautisterio, templo, monasterio, sinagoga, historia, basílica, historia antigua, Arquitectura romana antigua Public Domain

Decir gracias a PxHere

A nuestros creadores les encanta saber de usted y ver cómo ha utilizado sus fotos. ¡Muestre su agradecimiento donando, tuiteando, facebook y siguiendo!

Incrustar en su artículo (por ejemplo, Wordpress, Blogspot)

Catedral de Santa María de Tui Na Galipedia, a Wikipedia en galego. A Catedral de Santa María de Tui é un templo católico situado na cidade de Tui, pola que pasa o río Miño. En época sueva Tui converteuse en sede episcopal, e a construción da Catedral foi iniciada no século XII, aproximadamente no ano 1120 e foi rematada no 1180, en plena época de estilo románico. É a sede da diocese de Tui-Vigo, e foi declarada Ben de Interese Cultural en 1931. A catedral é o máximo expoñente do patrimonio artístico de Tui. Sitúase na parte máis alta da localidade, na croa do antigo castro Tide que debeu existir antes do inicio da nosa era. Da época do románico consérvase a planta, a portada norte e a iconografía dos capiteis. Tamén contén elementos de estilo gótico, na fachada principal, datada aproximadamente no ano 1225. Este dato ten importancia, xa que foi a primeira construción de estilo gótico de toda a Península Ibérica. A súa situación, nun punto elevado da fronteira con Portugal, determina o seu uso. Ademais das propias dun templo católico, a catedral desempeñaba un papel central na defensa da cidade, como proban a torre do homenax ou dos Soutomaior ou as almeas que rodean o claustro. Portada Norte De estilo románico, cun engadido superior gótico. A porta, de arco de medio punto ten arquivoltas con decoracións xeométricas (a última con axedrezado) e un tímpano liso sostido por canzorros de cabezas animais, que semellan un carneiro e un lobo. Sobre a porta podemos ver a imaxe de San Epitacio, segundo a tradición, primeiro bispo de Tui. Pórtico Real Situado na fachada oeste, con iconografía de mediados do século XIII. Ten oito pares de columnas con estatuas de San Xoán, San Pedro, Isaías, Moisés, Daniel, Xeremías ou ben Berenguela e Fernando I ou Fernando II e Urraca de Portugal. Interior A Catedral, con planta de cruz latina, está dividida en tres naves. Da súa arquitectura destacan os tirantes que van de columna a columna e que axudan a manter firme a estrutura da fábrica e os reforzos, non tan visibles, que teñen algúns dos arcos das naves laterais. Os tirantes son necesarios posto que a estrutura da catedral está lixeiramente inclinada e afundiría sen eses reforzos. A causa deste problema estrutural está, para uns, no terremoto de Lisboa de 1755, Retablo da expectación. Popularmente coñecido como ‘’Altar da preñada’’. É un retablo barroco, situado no brazo sur do cruceiro da Catedral, cuxa figura central á a Virxe preñada de Xesús, todo o resto do retablo, no que destacan as figuras de Adán e Eva, fai un repaso das promesas mesiánicas contidas no Antigo Testamento. Desde o punto de vista artístico, é a peza máis salientable de todo a Catedral. Retablo do Monumento. Situado sobre a porta do cruceiro norte. É un curioso retablo que conta cunha escaleira monumental desmontable que se garda dentro do propio retablo. Durante o ano a escaleira queda desmontada e o retablo está presidido por una imaxe procesional de san Telmo. Para a Semana Santa, retírase a imaxe e móntase a escaleira para usar o retablo como “Monumento” na celebración do Xoves Santo. O claustro, é o único gótico conservado orixinalmente de toda Galicia. Construído no século XIV con arcadas oxivais e bóveda de crucería. Sala capitular románica (século XII).



La foto libre de alta resolución de arquitectura, edificio, palacio, columna, fachada, Iglesia, catedral, capilla, lugar de adoración, bautisterio, templo, monasterio, sinagoga, historia, basílica, historia antigua, Arquitectura romana antigua

, tomado con un COOLPIX P510 01/19 2017 La foto tomada con 10.0mm, f/3.7s, 10/2500s, ISO 100

Todos los comentarios(0)