Saltar ao contido

testosterona

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «testosterona».
Fórmula estrutural da testosterona
  • Pronuncia: /tes.tos.tɛ.ˈɾo.na̝/ (AFI)

Substantivo feminino

testosterona (sg: testosterona; pl: testosteronas)

  1. (Fisioloxía) Hormona esteroide do grupo dos andróxenos propia dos mamíferos, réptiles, aves, e outros vertebrados. Nos mamíferos, esta prodúcese principalmente nos testículos dos machos e nos ovarios das femias, aínda que tamén se segregan pequenas cantidades polas glándulas suprarrenais. É a hormona sexual principal masculina e un esteroide anabólico.