teito
Aparencia
Galego
- Pronuncia: [ˈtejto̝] (AFI)
teito (sg: teito; pl: teitos)
- Superficie que forma a parte superior dunha construción.
- Exemplo: A casa tiña un teito de palla e fenestras desde onde as crías dos xílgaros podían ollar a paisaxe, e aprender os primeiros rechouchíos.
[1]

- Parte superior e interior dun cuarto ou espazo cuberto.
- Exemplo: Uliu as sabas e rexistrou cada recuncho das paredes e do teito á procura de arañeiras.
[2]

- (Figurado) Casa, vivenda.
- Exemplo: Mentres vivas debaixo do meu teito, non volverás andar en bicicleta.
[3]

- (Figurado) Límite máximo.
- Exemplo: A moeda única pode tocar fondo ó chegar ós 0,8410 dólares e os analistas sitúan o seu teito nos 0,8520 dólares.
[4]

Traducións
2. Parte superior e interior dun cuarto ou espazo cuberto
Notas
- ↑ "Un niño para xílgaros cantores", Pura Vázquez, Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.
- ↑ "Corpus de Referencia do Galego Actual"