Saltar ao contido

sexo

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «sexo».
O éxito reprodutivo do sexo en animais: a fusión dun espermatozoide e un óvulo, que ao unirse crean un cigoto

Substantivo masculino

sexo (sg: sexo; pl: sexos)

  1. (Bioloxía) O sexo é un proceso de combinación e mestura de trazos xenéticos moitas veces dando por resultado a especialización de organismos en variedades feminina e masculina coñecidas como "sexos".
    • Exemplo: A reprodución sexual implica a combinación de células especializadas no sexo, chamadas gametos, para formaren fillos que herdan o material xenético e, polo tanto, os trazos e natureza de ambos os pais

      .
  2. (Bioloxía) Conxunto de características orgánicas que permiten distinguir un individuo macho dun individuo femia.
    • Exemplo: Sexo masculino e sexo feminino

      .
  3. Parte externa dos órganos xenitais, que é distinta no macho e na femia.
    • Exemplo: Cubrían o seu sexo cun taparrabos.

    • Sinónimos: xenitais
  4. Conxunto de comportamentos e manifestacións relativas ao instinto sexual.
    • Exemplo: O sexo é unha das compoñentes importantes nunha civilización ou sociedade. O sexo nos nenos e nos adultos.

      .
  5. Actividade sexual.
    • Exemplo: Está obsesionado co sexo

      .

Observacións

Termos relacionados