sedimento
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín sedimentum.
- Pronuncia: /se.ði.ˈmen.to/ (AFI)
sedimento (sg: sedimento; pl: sedimentos)
- Depósito que se forma no fondo dun recipiente polas partículas, máis densas e insolúbeis, que estaban en suspensión no líquido que as contén.
- Exemplo: Os sedimentos do viño no tonel.
- Exemplo: Os sedimentos do viño no tonel.
- (Xeoloxía) Calquera material sólido acumulado sobre o fondo do mar, dos ríos ou dos lagos.
- Exemplo: Sedimentos mariños.
- Exemplo: Sedimentos mariños.
- (Figurado) Elemento espiritual ou cultural que queda nun país despois de que fora ocupado en tempos pasados por outro.
- Exemplo: Na península Ibérica quedou un sedimento importante da cultura árabe.
- Exemplo: Na península Ibérica quedou un sedimento importante da cultura árabe.