pedúnculo
Aparencia
Galego
- Etimoloxía: do latín científico pedunculus, e este diminutivo do latín pes, pedis, 'pé'.
- Pronuncia: /pe.'ðuŋ.ku.lo̯/ (AFI)
pedúnculo (sg: pedúnculo; pl: pedúnculos)
- (Anatomía) Conxunto de vasos e nervios que unen as diferentes partes do encéfalo.
- Exemplo: O pedúnculo cerebral mantén en conexión do bulbo raquídeo cos hemisferios cerebrais.
- Exemplo: O pedúnculo cerebral mantén en conexión do bulbo raquídeo cos hemisferios cerebrais.
- (Botánica) Filamento que sostén unha inflorescencia, unha flor ou un froito á planta.
- Exemplo: Esta flor mira cara á terra por ter o pedúnculo inclinado.
- Exemplo: Esta flor mira cara á terra por ter o pedúnculo inclinado.
- (Zooloxía) Apéndice ou segmento do corpo que serve de soporte ou medio de fixación a algúns animais.
- Exemplo: Os pedúnculos dos percebes son a parte comestíbel deste animal.
- Exemplo: Os pedúnculos dos percebes son a parte comestíbel deste animal.