Saltar ao contido

lindeiro

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Etimoloxía: de linde

Adxectivo

lindeiro (ms: lindeiro; mpl: lindeiros; fs: lindeira; fpl: lindeiras)

  1. Que linda con outra propiedade.
    • Exemplo: Fixeron a festa na camposa lindeira coa igrexa, pero o abade ben que protestou.

    • Sinónimos: estremeiro


Substantivo masculino

lindeiro (sg: lindeiro; pl: lindeiros)

  1. (Agricultura) Franxa de terra sen cultivar que se deixa entre dúas leiras contiguas.
  2. (Agricultura) Prado de secano a onde se leva o gando a pacer.
    • Exemplo: ¿Pra onde vas, Marica?/ Vouche pra o lindeiro/ a alindar a ovella e mais o carneiro.

Traducións