Saltar ao contido

escaso

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

  • Pronuncia: /es.ˈka.so/ (AFI)

Adxectivo

escaso (ms: escaso; mpl: escasos; fs: escasa; fpl: escasas)

  1. Pouco abundante en cantidade.
    • Exemplo: No hotel puxeron un almorzo escaso.

  2. Que ten pouco de aquilo que se expresa.
    • Exemplo: Andamos escasos de recursos. Unha alimentación escasa en fibra.

  3. Dito dunha cousa, que é de pouca entidade ou estimación.
    • Exemplo: Gañaron por escaso marxe.

  4. Úsase tras unha expresión que designa unha cantidade determinada, para indicar que dita cantidade non está completa.
    • Exemplo: Asistiron un cento escaso de persoas. Marchou haberá cinco minutos escasos. Ten medio metro escaso de alto.

Termos relacionados

escasamente, escasear, escaseza, vento escaso.