Saltar ao contido

abeaca

do Galizionario, dicionario galego na Internet.

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «abeaca».
Aradoo simple
1. Timón
2. Chavellal e chavella
3. Rodiña: dispositivo regulador
4. Teiroa ou seita
5. Rella ou palmela
6. Dentil ou rastro
7. Orelleira ou abeaca
  • Pronuncia: [a.βeˈa.kɐ] (AFI)

Substantivo feminino

abeaca (sg: abeaca; pl: abeacas)

  1. (Agro) Cada unha das pezas do arado que se colocan ao lado da rella co fin de anchear o suco e darlle a volta á terra.
  2. (Anatomía e veterinaria) Articulación entre a parte inferior da tibia e o peroné e os ósos do tarso dos animais cuadrúpedes, á que se deben os principais movementos de flexión e extensión das súas extremidades posteriores.
    • Observacións: Úsase máis en plural.
    • Sinónimos: bésta.
    • Exemplo: As abeacas da vaca.

Traducións