-eiro
Aparencia
Galego
- Pronuncia: /'ej.ɾo̯/ (AFI)
-eiro (ms: -eiro; mpl: -eiros; fs: -eira; fpl: -eiras)
- Elemento de formación de palabras que, en substantivos, indica oficio, ocupación ou profesión, como en enxeñeiro, canteiro, libreiro, percebeiro, redeiro, xornaleiro.
- Forma derivados que designan utensilios ou mobles, como en alzadeiro, billeteira, carteira, poleiro.
- Forma numerosos nomes de árbores, como en abelaneira, abruñeiro, castiñeiro, laranxeira, marmeleiro, pereira, pexegueiro
- Forma nomes de lugares onde abunda algo, especialmente animais, como en abelleiro, avespeiro, formigueiro, ou de plantas, como en breixeira, carballeira, uceira.
- Nos adxectivos significa, en xeral, carácter ou condición moral, como en embusteiro, mentireiro, preguiceiro, troleiro.