Saltar ao contido

sólido

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Revisión feita o 8 de novembro de 2023 ás 12:43 por Calq (conversa | contribucións)
(dif) ←Revisión máis vella | ver revisión actual (dif) | Revisión máis nova→ (dif)

Galego

Vexa na Galipedia o artigo acerca de «sólido».
Cubito de xeo, auga en estado sólido
Diversos sólidos (solĭdus) romanos. Arriba: c. 157 a.C. República Romana, c. AD 73 Vespasiano, c. 161 Marco Aurelio, c. 194 Septimio Severo
Abaixo: c. 199 Caracalla, c. 200 Xulia Domna, c. 219 Heliogábalo, c. 236 Maximino ou Tracio
  • Pronuncia: /ˈsɔliðo̝/ (AFI)

sólido1

Adxectivo

sólido (ms: sólido; mpl: sólidos; fs: sólida; fpl: sólidas)

  1. Dise dun obxecto que é firme, macizo, denso e forte.
    • Exemplo: A estatuiña que teño na mesa do despacho é forte

      .
  2. Relativo ou pertencente a un corpo sólido ou que ten as súas características.
    • Exemplo: Certas materias poden pasar do estado sólido ao gasoso. O xeo é auga sólida

      .
  3. Que resiste, que non se vén abaixo ou que non se destrúe con facilidade.
    • Exemplo: Unha parede sólida. Tecidos de cores sólidas.

  4. Dito dun corpo, que, debido á gran cohesión das súas moléculas, mantén forma e volume constantes.
  5. (Figurado) Que non se destrúe con facilidade debido a que ten boa base.
    • Exemplo: Entre eles hai unha sólida amizade. Posúe unha sólida formación

      .

Observacións


Substantivo masculino

sólido (sg: sólido; pl: sólidos)

  1. Corpo no que as moléculas permanecen inmóbiles, o que fai que sexa duro e consistente.
    • Exemplo: O ferro é un sólido mentres non se someta a altas temperaturas

      .
  2. (Matemáticas) Figura de tres dimensións limitada por superficies planas ou curvas.
    • Exemplo: O cubo é un sólido

      .

sólido2

Substantivo masculino

sólido (sg: sólido; pl: sólidos)

  1. (Historia) Moeda romana de ouro, que comunmente valía vinte e cinco denarios.
    • Exemplo: Co sólido pagaban os emperadores aos seus lexionarios. Do sólido latino deriva a voz galega "soldo"

      .