Xosé Carlos Valle Pérez
(2018) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de novembro de 1953 (71 anos) Pontevedra, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | historiador da arte |
Profesores | Xosé Filgueira Valverde |
Xosé Carlos Valle Pérez, nado en Pontevedra o 25 de novembro de 1953[1], é un historiador da arte galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Doutorouse en Historia da arte pola Universidade de Santiago de Compostela, con premio extraordinario de licenciatura e doutoramento.[2] A súa proxección no eido cultural galego acadouna como director da Casa Museo Rosalía de Castro en Padrón e como director do Museo Provincial de Pontevedra dende 1987 ata 2018, sucedendo a Xosé Filgueira Valverde[3] e sendo substituído en 2019 por José Manuel Rey García.[4]
É membro numerario da Real Academia Galega de Belas Artes, Correspondente das Reais Academias da Historia, Belas Artes de S. Fernando e Nacional de Belas Artes de PortuGalería. Tamén membro dos Padroados do Museo do Pobo Galego, do Centro Galego de Arte Contemporánea e do Museo Arqueolóxico Nacional, o Instituto "P. Sarmiento" de Estudios Galegos, o Centre Européen de Recherches sur les Congrégations et Ordres Religieux (CERCOR), o Centro de Estudios Xacobeos e o Instituto Cultural Galaico-Minhoto. Foi Director da "Catalogación Arqueolóxica e Artística de Galicia" (Fundación Pedro Barrié de la Maza), Presidente da Confederación Española de Centros de Estudios Locais (CECEL-CSIC), Presidente da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra e Vocal do Xurado do Premio de Xornalismo Julio Camba.[5]
Foi comisario de diversas exposicións, algunhas de grande proxección como Santiago de Compostela: 1000 anos de Peregrinación Europea" ( Europalia-85, Gante-Bélxica), O Pórtico da Gloria e o seu tempo (Santiago, 1988), Galicia no tempo (Santiago, 1991), Imaxes da Arte en Galicia (Lisboa, 1991), Bienal de Arte de Pontevedra (Edicións de 1992, 1994, 1996 e 1998), O Camiño de Santiago desde o aire (A Coruña, 1993), Do Tardogótico ó Manierismo: As relacións artísticas entre Galicia e Portugal (A Coruña, 1995), Arturo Souto (A Coruña, 1997), Arte de Císter en Portugal e Galicia (Lisboa, 1998 - A Coruña, 1999).[5]
Ditou numerosos relatorios, tanto en España como no estranxeiro e participou en múltiples congresos científicos, tanto nacionais como internacionais.
Obra bibliográfica
[editar | editar a fonte]É autor de numerosos artigos en revistas especializadas, participou en varias obras colectivas e coordinou publicacións.[6]
- Las fundaciones de Clairvaux en la Galicia medieval: filiación directa : el siglo XII (1981). Santiago de Compostela. Ed de autor. ISBN 84-300-4472-8.
- La arquitectura cisterciense en Galicia (1982). Fundación Barrié. 2 vols. ISBN 848572819X e 9788485728190.
- Iglesia del Monasterio San Pedro de Vilanova Dozón (1983). Alvarellos Editora.
- Monasterio cisterciense de Santa María de Bujedo (1986). Rafael Pérez Escolar (pr.). Madrid: Ediciones de Arte y Bibliofilia. ISBN 84-85005-95-3.
- Imaxes da arte en Galicia. Catalogación arqueolóxica e artística de Galicia do Museo de Pontevedra (1991). Fundación Pedro Barrié de la Maza.
- Do tardogótico ó manierismo: Galicia e Portugal (1995). Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-87819-84-2.
- O Balneario do Lérez: memoria gráfica dunha época (1997). Museo de Pontevedra. Con María Cristina Echave Durán. ISBN 84-89690-23-5.
- Castelao e o teatro: escenografías [exposición] (2000). Museo de Pontevedra. ISBN 84-930924-6-0.
- El arte románico en Galicia y Portugal (2001). Con Jorge Rodrigues. Instituto Camões. Fundação Calouste Gulbenkian : Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-89748-81-0.
- Ovidio Murguía (2001). Fundación Pedro Barrié de la Maza.
- Santa María de a Franqueira : Monasterio cisterciense (2003). Edilesa.
- Valle; Carballo-Calero; Sobrino; Castro (2005). A arte galega na Colección Caixanova (en castelán). Faro de Vigo. VG-914/05.
- Xosé Filgueira Valverde, 1906-1996, un século de Galicia [exposición] (2007). Con Xesús Alonso Montero. Museo de Pontevedra. ISBN 978-84-95632-34-0.
- Manuel Moldes: Pontevedra suite, 1983-1987: [exposición, 27 de xullo-17 de setembro de 2017, Museo de Pontevedra (2018). Con Alberto González Alegre; Angel Cerviño (coord.). Deputación. ISBN 978-84-95632-80-7.
Premios
[editar | editar a fonte]- Medalla de Galicia.
- Premio Cidade de Pontevedra na categoría de Cultura[7].
- Premio Voz del Año de la Cultura.
- Homenaxe Peña da Boina 2019.[8]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Barrera, Feliciano, ed. (2002). "Valle Pérez, José Carlos". Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXI (en castelán). Santiago de Compostela: El Correo Gallego. p. 573. ISBN 84-8064-113-4.
- ↑ "Currículum de Carlos Valle" (PDF). Real Academia Galega de Belas Artes. Consultado o 4/1/2020.
- ↑ «El día que Filgueira dejó el Museo» Faro de Vigo, 11/12/11.
- ↑ "Noticia - José Manuel Rey García, novo director do Museo de Pontevedra - Actualidade". www.depo.gal. Consultado o 4/1/2020.
- ↑ 5,0 5,1 "Xosé Carlos Valle Pérez". galegos.galiciadigital.com. Consultado o 4/1/2020.
- ↑ "José Carlos Valle Pérez". Dialnet (en castelán). Consultado o 4/1/2020.
- ↑ "Carlos Valle: "A persoa máis significada para dar nome ao Sexto Edificio é Filgueira Valverde". Diario de Pontevedra. 3/6/2018. Consultado o 4/1/20204.
- ↑ "Carlos Valle enfúndase a boina". Pontevedra Viva. Consultado o 4/1/2020.