Saltar ao contido

Xoán Ninguén

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Xoán Ninguén
Póster do filme.
Ficha técnica
Título orixinalMeet John Doe
DirectorFrank Capra
ProdutorFrank Capra
GuiónRobert Riskin
Robert Presnell, Sr.
Baseado enA Reputation, de Richard Connell, publicada en Century Magazine en 1922
IntérpretesGary Cooper
Barbara Stanwyck
MúsicaDimitri Tiomkin
FotografíaGeorge Barnes
MontaxeDaniel Mandell
DistribuidoraWarner Bros.
Estrea3 de maio de 1941
Duración122 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Na rede
IMDB: tt0033891 Filmaffinity: 470333 Allocine: 1239 Rottentomatoes: m/meet_john_doe Allmovie: v32067 TCM: 3827 TV.com: movies/meet-john-doe Netlix: 15857227 Editar o valor en Wikidata

Xoán Ninguén (en inglés Meet John Doe) é un filme estadounidense de 1941 dirixido por Frank Capra e protagonizado por Gary Cooper e Barbara Stanwyck.

Foi emitido na TVG o 20 de setembro de 2002.[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Cando un poderoso empresario compra un xornal e despide case todo o persoal, Ann, unha audaz xornalista, decide publicar no seu derradeiro artigo unha carta falsa en que se anuncia o próximo suicidio dun dos empregados despedidos, que firme como "John Doe". O éxito do artigo é tal que o xornal decide buscar un John Doe, para o que contrata un vagabundo, antigo xogador de béisbol, que se converte nunha personaxe moi popular e un líder de opinión. John Doe non está só, senón que ten o seu mellor amigo, The Colonel, que lle lembrará que cousas son importantes na vida. Cando o protagonista descobre de que xogo está a ser vítima pensa en suicidarse ante os seus seguidores.

  1. La Voz de Galicia, 20 de setembro de 2002. Páx. 70

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]