Wolverhampton Wanderers F.C.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2020.) |
Wolverhampton Wanderers | ||||
---|---|---|---|---|
Nome | Wolverhampton Wanderers Football Club | |||
Alcume(s) | Wolves, The Wanderers | |||
Fundación | 1877 | |||
Estadio | Molineux Stadium, Wolverhampton, Inglaterra | |||
Inauguración | 1889 (renovado en 1993) | |||
Capacidade | 29.400 | |||
Propietario | Fosun International | |||
Adestrador | Julen Lopetegui | |||
Liga | Premier League | |||
2019–20 | 7.º | |||
Na rede | ||||
http://www.wolves.co.uk/ | ||||
| ||||
O Wolverhampton Wanderers Football Club é un club de fútbol de Inglaterra, da cidade de Wolverhampton en West Midlands. Foi fundado en 1877 co nome de St. Luke's por John Baynton, Jack Addenbrooke e Jack Brodie. Xogou na maior parte da súa historia recente en The Championship; non obstante, dende 2018 xoga na Premier League.
Historia
[editar | editar a fonte]En 1893 o equipo gaña a primeira FA Cup da súa historia (1-0 sobre o Everton). Ata a data os Wolves xogaron oito finais de Copa.
En 1954 o equipo gaña a súa primeira Liga en Primeira División -actual Premier-. Vitorias sobre clubs con prestixio en Europa, como o Real Madrid e o Honved húngaro foron a inspiración para que a UEFA crease a Copa Europea de clubs, actual UEFA Champions League.
En 1974 e 1980 o equipo gaña as dúas Copas da Liga (actual Carling Cup) que adornan as súas vitrinas, mercé a sendas vitorias sobre Manchester City e sobre o entón todopoderoso Nottingham Forest. Desgraciadamente, ese foi o principio dun grave declive que os levou, tras sucesivos descensos, á Cuarta División en 1986 (o anterior caso deste grave declive foi o Bristol City en 1982).
O 18 de abril de 2008 o equipo logra o regreso á elite 5 anos despois tras a súa vitoria ante o Queens Park Rangers. O 25 de abril de 2009 o equipo logra o seu terceiro título de liga en Championship -Nivel 2-, tras empatar a un o o campo do Barnsley, logrando así o ansiado ascenso á Premier League.
Uniforme
[editar | editar a fonte]- Uniforme titular: Camiseta ocre dourado, pantalón negro e medias ocre dourado.
- Uniforme alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.
Estadio
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Molineux Stadium.
Molineux Stadium é a casa deportiva do Wolverhampton Wanderers Football Club, ten unha capacidade para aproximadamente 30.000 espectadores, foi fundado en 1889 e remodelado en 1993 por última vez.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Football League First Division (3): 1953–54, 1957–58, 1958–59
- Copa de Inglaterra (4): 1892–93, 1907–08, 1948–49, 1959–60
- Football League Cup (2): 1973–74, 1979–80
- Football League Second Division (3): 1931–32, 1976–77, 2008–09
- Football League Third Division (1): 1988–89
- Football League Third Division North (1): 1923–24
- Football League Fourth Division (1): 1987–88
- Community Shield (4): 1949, 1954, 1959, 1960
- Football League Trophy (1): 1987–88
- Texaco CUP: 1970–71
Torneos internacionais
[editar | editar a fonte]- Subcampión da Copa da UEFA (1): 1971-72
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial (en inglés)