Saltar ao contido

Wikipedia:Bots/Peticións de aprobación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

an | ar | ast | ca | de | en | eo | es | eu | ext | fr | gl | it | ja | oc | pl | pt | rmr | ro | +/-

Atallo:
WP:BPA

Se vostede quere utilizar un bot na Galipedia, primeiro debe aprobarse. Para facelo, engada a súa petición a continuación. Antes de poñer a funcionar o seu bot é boa idea preguntar na Taberna (técnica) se alguén pode facelo por vostede.

Política actual sobre o funcionamento de bots

[editar a fonte]

Antes de poñer a funcionar o bot debe pedir a aprobación nesta páxina. Indique claramente que vai facer o bot. Faga un seguimento da conversa e espere pola autorización. Despois de aprobarse o bot, pode facelo funcionar durante un curto período de tempo para que sexa monitorizado. Despois da proba unha persoa do grupo de Burócratas asignáralle a marca de bot.

Por favor, NON comece a utilizar o bot se non segue as instrucións que aparecen a continuación.

Como solicitar o status de bot

[editar a fonte]
Votacións
Artigos e imaxes destacados

Artigos de calidade (Propor · Votar)
Artigos bos (Propor · Votar)
Artigo destacado (Propor · Votar)
Artigo sobre Galicia (Propor · Votar)
Imaxe do día (Propor · Votar)

Políticas e normas

Votacións en curso
Resultados de votacións

Votacións para borrar

Artigos propostos para borrar (Votar)
Ficheiros propostos para borrar

Permisos de usuarios

Votacións á administración
Peticións de aprobación de bots

Siga os pasos expostos a continuación:

I.

Crear a páxina de usuario do bot e describir a súa función

  1. Describa o propósito do bot, que linguaxe de programación usa, que programa(s) utiliza (pywikipedia framework, etc).
  2. Describa se está asistido manualmente ou programado para funcionar automaticamente.
  3. O período de tempo no que vai funcionar, se é que hai algún.
  4. Describa quen opera o bot.
  5. Engada a páxina de usuario do bot á categoría Categoría:Wikipedia:Bots (co marcador {{bot|lang|o seu nome de usuario}} na páxina de usuario do bot)
II.

Pór o seu bot na listaxe desta páxina

  1. Describa se está asistido manualmente (operado por unha persoa) ou programado para funcionar automaticamente.
  2. O período de tempo no que vai funcionar, se é que hai algún.
  3. Que linguaxe de programación usa, que programa(s) utiliza
  4. O propósito do bot
    • Para que o necesita?
    • É suficientemente importante para a Wikipedia para que sexa aprobado?
  5. Valore a posibilidade de publicar a solicitude nas novas da comunidade.
III.

Agardar pola aprobación

Para exercer o teu voto, sempre e cando cumpras os requisitos necesarios, podes empregar o modelo que exprese a túa opinión:
  • Concordo ({{Concordo}}). Se estás de acordo coa proposta.
  • Discordo ({{Discordo}}). Se non estás de acordo ou en oposición.
  • Neutro ({{Neutro}}). Se non está nin en acordo nin desacordo.

Ademais diso, tamén podes usar:

  • Comentario ({{Comentario}}). Para facer comentarios.
  • Información: ({{Info}}). Para achegar calquera tipo de información.
  • Pregunta: ({{Pregunta}}). Para formular unha pregunta.
  • Agardar ({{Agardar}}). Para tomar un tempo de reflexión e decidir se cambiar ou non o voto actual.

Por favor, trata de argumentar a túa postura engadindo algunhas palabras que fundamenten o acordo ou desacordo coa proposta, en particular cando te opoñas. Ten en conta que a votación non é necesariamente sempre unha mera suma de votos; e non esquezas asinar (co botón da caixa de edición ou engadindo ~~~~).

  1. Cando elixa o nome de usuario do bot, por favor asegúrese de que non se confunde cun nome de usuario. Para que se saiba inmediatamente que se trata dun bot, un procedemento usual é chamalo co seu nome de usuario + "bot".
  2. Os administradores poden bloquear os bots, sen dubidar, se non son aprobados, se fan cousas que o operador non dixese con anterioridade, se crean problemas cos artigos ou se editan con demasiada rapidez.
  3. O operador do bot debe estar rexistrado no sistema no que estea operando para interromper o funcionamento se se producen erros; se non, o bot será bloqueado sen previo aviso.
  4. Se ten pensado usar un programa tipo "spider", wget recursivo, ou semellante para conseguir unha copia local da Wikipedia, por favor descárguea do arquivo da base de datos.
  5. Cargar dinamicamente as páxinas da Wikipedia tamén resulta inaceptable.
  6. Os operadores deben diferenciar as súas edicións das do bot. Iso significa que non debe estar rexistrado como bot para contestar a outros colaboradores. As cuestións referidas ao bot deben estar na páxina de conversa do bot ou na páxina de conversa do operador, pero o único que debe responde-las é o operador non o bot.

É responsabilidade do operador do bot demostrar o seguinte:

  1. O bot é inocuo
  2. O bot é útil
  3. O bot non é unha carga para os nosos recursos
  4. O bot foi aprobado

Para comprobar que o bot é inocuo e útil, pode requirirse un período de proba. As queixas referidas ao funcionamento durante o período de probas do bot implican que este deixe de funcionar inmediatamente. Se o bot pasa o período de probas sen problemas, entón a marca de bot será asignada por un burócrata.

Segundo as normas establecidas en Wikipedia:Votacións, para que o bot sexa aprobado, as votacións terán unha duración mínima de 7 días e polo menos 3 votos a favor e un 75% (3/4) ou máis do cómputo entre votos favorables e negativos. Unicamente os usuarios rexistrados cunha antigüidade mínima de 60 días e cun mínimo de 150 contribucións válidas nos artigos (antes do inicio da votación) poden votar.

Solicitudes de aprobación de bots

[editar a fonte]

Arquivo de peticións de aprobación de bots


Limpar a caché

Leaderbot

[editar a fonte]

For metawiki:Global reminder bot; this bot will run very rarely, but this process is required since meta:Global bots is disabled on this wiki. Please ping me in a response, and the bot flag is NOT required. The rules of this wiki appear to allow low-volume running while waiting for a bot application, and hence I've switched on the bot on this wiki (again, that does not mean it will actually post anything). Leaderboard (conversa) 21 de outubro de 2024 ás 16:33 (UTC)[responder]

Concordo. --Estevo(aei)fálame aquí 9 de novembro de 2024 ás 15:08 (UTC)[responder]
Concordo.--MAGHOI (conversa) 10 de novembro de 2024 ás 11:32 (UTC)[responder]
Concordo. --Atobar (conversa comigo) 10 de novembro de 2024 ás 17:35 (UTC)[responder]