Wacław Święcicki
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de setembro de 1848 Varsovia, Polonia |
Morte | 26 de outubro de 1900 (52 anos) Varsovia, Polonia |
Lugar de sepultura | Cemitério de Powązki (pt) |
Actividade | |
Ocupación | poeta, sindicalista, escritor, político |
Partido político | Proletariat (en) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Wacław Święcicki, nado en Varsovia en 1848 e finado na mesma cidade en 1900, foi un poeta e sindicalista polaco.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É o autor da "Varchavianka", "Warschawjanka" ou "Varsoviana", canción creada en 1883 baseada nun tema popular polaco (aínda que outras versións apuntan a "A marcha dos zuavos" ou "Les hussards de Bercheny"). Esta canción foi adaptada ó castelán por Valeriano Orobón Fernández nunha partitura de 1933, que se publicou co nome de "¡Marcha triunfal!" e subtítulo de "¡A las barricadas!".
A canción, coñecida na actualidade como "A las barricadas", é o himno da CNT e da CXT, sindicatos anarcosindicalistas españois.