Saltar ao contido

Vuver (cráter)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vuver
Vuver co cumio brillante no centro do cráter preto da liña entre o día e a noite (as 1 en punto) en Umbriel.
Tipo de accidente xeolóxico Cráter
Accidente xeolóxico de Umbriel
Diámetro 98 km[1]
Profundidade ?
Coordenadas 4,7° S 311,6° E[1]
Procedencia do nome un espírito demoníaco dos pobos uro-fineses do alto Volga.[1]

Vuver é un cráter de impacto na superficie da lúa de Urano, Umbriel.[2] Estimase que ten 98 km de diámetro.[1] A lonxitude e latitude do seu centro é de 311,6° e −4,7°, respectivamente.[1] Vuver ten un pico central brillante,[2] o cal fai del uns dos poucos accidentes xeolóxicos de Umbriel cun albedo brillante, e destaca dentro do albedo escuro que posúe Umbriel.[3]

O cráter recibiu o nome de Vuver, un espírito demoníaco dos pobos ugro-fineses do alto Volga.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 USGS Astrogeology (ed.). "Umbriel: Vuver". Gazetteer of Planetary Nomenclature. Consultado o 20-04-2019. 
  2. 2,0 2,1 Garry E. Hunt; Patrick Moore (1989). Cambridge University Press, ed. Atlas of Uranus. ISBN 9780521343237. 
  3. Plescia, J.B. (1987). "Cratering history of the Uranian satellites: Umbriel, Titania and Oberon". Journal of Geophysical Research 92 (A13): 14,918–32. doi:10.1029/JA092iA13p14918. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]