Aeroporto de Varsovia-Chopin
Aeroporto de Varsovia-Chopin Lotnisko Chopina w Warszawie
| |||
---|---|---|---|
Sumario | |||
Tipo | público/militar | ||
Operador | PPL | ||
Cidade/Illa | Varsovia | ||
Localización | Okęcie, Varsovia | ||
Coordenadas | |||
Web | |||
Pista(s) | |||
Dirección | Longo | Superficie | |
metros | pés | ||
11/29 | 2 800 | 9 186 | asfalto |
15/33 | 3 690 | 12 106 | asfalto |
Estatísticas (2016) | |||
Pasaxeiros | 12 836 510 |
O aeroporto de Varsovia-Chopin (IATA: WAW, ICAO: EPWA) é un aeroporto internacional situado no distrito Włochy de Varsovia, a capital de Polonia. Trátase do aeroporto máis grande do país cubrindo unha área de 834 hectáreas, e é tamén o máis concorrido, pasando por el o 40% dos viaxeiros por aire de Polonia. Varsovia-Chopin ten ao redor de 300 voos regulares diarios e un número cada vez maior de voos chárter. Londres, Chicago, Frankfurt, París e Ámsterdam son as conexións internacionais máis usadas, mentres que Cracovia, Wrocław e Gdańsk son os destinos domésticos máis populares.[1]
Anteriormente coñecido aeroporto de Varsovia-Okecie ou aeroporto internacional de Okecie, levou o nome da veciñanza de Okęcie durante toda a súa historia ata que se lle cambiou na honra do compositor polaco e antigo residente de Varsovia Frédéric Chopin en 2001. A pesar do cambio oficial, Okecie segue utilizándose, incluso tamén en referencias aeronáuticas e de tráfico aéreo.
En xuño de 2012 inaugurouse unha estación para conectar o aeroporto ao sistema de metro da cidade, xusto a tempo para a Eurocopa de Fútbol Polonia/Ucraína 2012. En novembro de 2013 o aeroporto anunciou que por primeira vez na súa historia pasaran polas súas instalacións 10 millóns de pasaxeiros nun único ano.[2]
O segundo aeroporto internacional da cidade é o moito máis pequeno aeroporto de Varsovia-Modlin, inaugurado no ano 2012 e usado por aeroliñas de baixo custo.
Aeroliñas e destinos
[editar | editar a fonte]Pasaxeiros
[editar | editar a fonte]Carga
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ tur-info.pl (ed.). "Dokładnie 72 lata temu otwarto lotnisko Okęcie". Consultado o 9 de setembro de 2017.
- ↑ warsaw-airport.com (ed.). "Warsaw Chopin Airport". Consultado o 9 de setembro de 2017.
- ↑ https://book.eu2.amadeus.com/plnext/AirCairo/TimeTable.action;jsessionid=VgpDLmiVvwtDfAXWifjMSKl9B-WwiwwUlOp_bT7bWBISv6iFJToF!-280796859!-985903436#/TIMR[Ligazón morta]
- ↑ https://www.fly4free.pl/nowa-trasa-lot-z-warszawy-zastapi-air-berlin-na-trasie-do-stolicy-niemiec/
- ↑ "LOT Polish Airlines to fly from Newark starting in April". Usatoday.com. 2016-10-03. Consultado o 2017-01-06.
- ↑ http://www.routesonline.com/news/38/airlineroute/275174/lot-resumes-oslo-service-in-march-2018/
- ↑ "LOT poleci do Stuttgartu". Pasazer.com. 2017-03-08. Consultado o 2017-01-08.
- ↑ http://www.pasazer.com/news/33955/lot,poleci,do,kaliningradu,i,goteborga.html
- ↑ Biuro Podrozy TU I TAM. "rozkład lotów czarterowych TUI Poland na lato i zimę". Tuitam.pl. Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2017. Consultado o 2017-01-06.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2017. Consultado o 23 de outubro de 2017.
- ↑ https://wizzair.com/en-gb/flights/timetable/WAW/BRS#/0/1/2017-11/2017-10
- ↑ "UPS Launches Express Flights to Fast-Growing Chengdu". UPS. 26 July 2011. Arquivado dende o orixinal o 25 de febreiro de 2014. Consultado o 4 February 2013.