Saltar ao contido

Bulgarian Air Charter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bulgarian Air Charter
Българиан Ер Чартър
IATA
H6
OACI
BUC
Indicativo
BULGARIAN CHARTER
Fundación2000
Aeroporto principalaeroporto de Sofía
Frota17
Páxina web: http://www.bgaircharter.com

Bulgarian Air Charter é unha aeroliña chárter búlgara con sede en Sofía e baseada no aeroporto de Sofía. Opera voos para varios turoperadores cara a destinos principalmente en Austria, República Checa, Alemaña, Israel e Polonia.

Bulgarian Air Charter fundouse no ano 200 e comezou a operar o 14 de decembro dese ano como subsidiaria do Aviation Service Group. A súa frota inicial estaba formada por cinco avións Tupolev Tu-154.

No ano 2004 a compañía retirou os Tu-154 e os substituíu por sete McDonnell Douglas MD-80. En 2011 a súa frota medrara ata os 12 MD-80. En setembro de 2015 Bulgarian Air Charter incorporou o primeiro Airbus A320-200 á súa frota.

A aeroliña ten a súa propia unidade de mantemento con capacidade para avións McDonnell Douglas MD-80 e Boeing 737 Classic, e onde pode realizar traballos coas fuselaxes, motores e trens de aterraxe, ademais de poder facer revisións de todos os compoñentes dos aparellos.[1]

En maio de 2018 a frota de Bulgarian Air Charter estaba formada polos seguintes avións:[2]

Frota de Bulgarian Air Charter
Avión En servizo Pedidos Pasaxeiros Notas
Airbus A320-200 7 174
McDonnell Douglas MD-82 10 164 Van ser retirados e substituídos por avións da familia A320
Total 17
  1. Bulgarian Air Charter (ed.). "MRO Bulgarian Air Charter". Consultado o 14 de xuño de 2018. 
  2. Planespotters (ed.). "Bulgarian Air Charter Fleet Details and History". Consultado o 14 de xuño de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]