Valerie Thomas
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 8 de febreiro de 1943 (81 anos) Baltimore, Estados Unidos de América |
Grupo étnico | Afroamericano |
Educación | Morgan State University (en) Simmons University (en) |
Actividade | |
Ocupación | física, inventora |
Membro de |
Valerie L. Thomas, nada o 8 de febreiro de 1943, é unha científica e inventora estadounidense. Inventou o Illusion Transmitter (transmisor de ilusión), polo que recibiu unha patente en 1980.[1] Foi a responsable do desenvolvemento dos sistemas de procesamiento de imaxes de formatos de medios dixitais utilizados nos primeiros anos do programa Landsat.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Valerie Thomas interesouse pola ciencia cando era nena, despois de observar o seu pai xogar coa televisión e ver as pezas mecánicas dentro da televisión. Á idade de oito anos, leu The Boys First Book on Electronics, que espertou o seu interese nunha carreira científica. O seu pai non a axudou cos proxectos do libro, a pesar do seu propio interese pola electrónica. Na escola para nenas á que asistiu, non se lle animou a seguir cursos de ciencias e matemáticas, aínda que logrou tomar un curso de física.[3] Valerie non tivo moito apoio cando era nena. Aínda que os seus pais e a súa mestra da escola non loitaron polo seu dereito a estudar ciencias, tivo algúns mestres que loitaron por ela a unha idade temperá. Continuou asistindo á Universidade Estatal de Morgan, onde foi unha das dúas mulleres que se especializaron en física.[4] Thomas destacouse nos seus cursos de matemáticas e ciencias na Universidade Estatal de Morgan e despois de graduarse cun título en física pasou a traballar para a NASA.[3]
En 1976 asistiu a un seminario científico onde viu unha exhibición que demostraba unha ilusión. A exhibición utilizou espellos cóncavos para enganar o espectador facéndolle crer que unha lámpada estaba acendida mesmo despois de ser desenroscada do seu casco. Estaba tan sorprendida polo que viu neste seminario que quixo empezar a crear isto pola súa conta. Máis tarde comezou a experimentar con espellos planos e cóncavos. Os espellos planos terían un reflexo en certo obxecto que parecería estar detrás do vidro. O espello cóncavo tería un reflexo que en realidade estaría fronte ao vidro, producindo unha ilusión tridimensional.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "US patent 973886" (en inglés). Consultado o 2020-12-19.[Ligazón morta]
- ↑ "A Face Behind Landsat Images: Meet Dr. Valerie L. Thomas" (en inglés). 2019-02-28. Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2021. Consultado o 2020-12-19.
- ↑ 3,0 3,1 "Valerie Thomas" (en inglés). 2020-03-06. Consultado o 2020-12-19.
- ↑ "Valerie Thomas" (en inglés). Consultado o 2020-12-20.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Uve, Sandra (2018). Supermujeres, superinventoras: Ideas brillantes que transformaron nuestra vida. Madrid: Planeta S.A. ISBN 978-84-16890-97-2.
- Francesca Cavallo e Elena Favilli (2018). Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes 2. Editorial: Destino Infantil y Juvenil ISBN: 978-840-81-8325-9
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Valerie Thomas, la inventora que se convirtió en científica de la NASA contra todo pronóstico no blog Mujeres con Ciencia.