Saltar ao contido

Usuario:4bot

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

este é a páxina dun semi-bot :-)

Utiliza pywikipedia, é executado manualmente (=>semibot, cada cambio doulle si/non antes de facelo).


Propósito a curto prazo.

[editar | editar a fonte]

Opropósito é -se cambiara indicaríao e pidiría permiso de novo):

  • correxir faltas de ortografía que se consideren indiscutibles (é dicir, que o VOLGA o deixe claro admitindo só outra forma)

A intención é pidir aprobación de bot, para evitar encher as páxinas de "cambios recentes".

Este bot chámase así porque tentaba facer 4 cousas, agora ten algo máis de percorrido, e talvez troque o nome a "bot-afumeiro" ou a "rambot". :-)


A intención a longo prazo

[editar | editar a fonte]

A intención a longo prazo é extraer experiencias que vallan para un futuro Wikiproxecto:Horto-Graphia, que se adique a corrixir faltas de idem. Digo nun futuro porque por agora o problema, aáis que ser de faltas de ortografía, é de faltas de páxinas: vintepicomilpaxinassonchemoimoipoucoeeséoproblemaNonaortografía. A intencion é que tal usuario elabore unha lista de palabras/expresions a cambiar no formato pywikipedia de cara a que calquera nun futuro poida executar un bot semellante sen ter que empezar de cero de novo.


Este bot é executado polo usuario User:Maañón. Nun futuro, se existise unha lista (ver paragrafo anterior), calquera con coñecementos lingüísticos e gañas podería facelo.

NOTA: ADMÍTENSE PROPOSTAS DE EXECUCIONS(=SUSTITUCIÓN DE CASTELANISMOS,ETC), DEIXALAS NA PÁX DE DISCUSIÓN (pero non se promete nada), deberán conter 4 datos:

  • texto a cambiar:
  • novo texto:
  • numero de páxinas que o teñen (fundamental: introduce o texto e fai "Procura", e di cantos resultados, se hai menos de 25 non o pidas pois leva moito tempo executar)
  • excepcións que pode ter


Nós queríamos libremente

comer o pan de cada día. Libremente
mordelo, masticalo, dixerilo sin medo,
libremente falando, cantando nas orelas
dos ríos que camiñan pra o mar libre.
Libremente, libremente,
nós queríamos somente
ser libremente homes, ser estrelas,
ser faíscas da grande fogueira do mundo,
ser formigas, paxaros, miniños,
nesta arca de Noé na que bogamos.
Nós queríamos libremente surrir,
falarlle a Dios no vento que pasa
-no longo vento das chairas e dos bosques-
sin temor, sin negruras, sin cadeas,
sin pecado, libremente, libremente,
coma o aire do mencer e das escumas.
Coma o vento.
Mais iste noso amor difícil rompeuse
-vidro de soño fráxil-
nun rochedo de berros

e agora non somos máis que sombras.

Celso Emilio Ferreiro, Longa Noite de Pedra.