Umbo (arma)
Umbo, ou umbón, é unha peza, normalmente feita de metal, que se colocaba na parte central externa dos escudos dos soldados, para darlle un carácter ofensivo a dita arma, deseñada inicialmente con fins defensivos.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]Os termos umbo e umbón derivan do latín umbus, -onis, "a parte central prominente do escudo dos lexionarios".[1]
Características
[editar | editar a fonte]O umbo é unha peza redonda, convexa ou cónica, situada no centro dun escudo. Adoitaban ser metálicos, pero tamén se podían facérense de madeira. Orixinarimente foi deseñado para desviar golpes do centro dos escudos redondos, aínda que tamén subministraban un lugar para montar a agarre do escudo. Co paso do tempo e os escudos con umbos curvados fóronse facendo máis populares, e substituíron o agarre do escudo, co que o umbo acabou converténdose máis ben nunha peza ornamental.
Moitas veces, os umbos non estaban presentes en escudos non circulares debido ás diferenzas na técnica; cun escudo redondo, pódese facer un golpe cara a escudo contrarioo, mentres que cun umbo podíanse bloquear os ataques pivotando o escudo sobre o corpo. Un umbo proporcionaba unha vantaxe significativa para desviar golpes.
Historia
[editar | editar a fonte]O primeiro umbo atopado na prehistoria era de bronce. Na época medieval os umbos dos escudos eran fabricados a partir de follas de ferro ou de aceiro. Comezou sendo unha folla plana e relativamente delgada, que se obtiña fundido o metal nun recipiente, e que logo podía ser alisada e puída.
O umbo foi utilizado na antiga Grecia, nos escudos da infantaría hoplita. Foi tamén adoptado polas lexións romanas, que golpeaban cos seus umbos como unha forma de abrirse paso para poder atacar coa espada ou gladio.[2]
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Umbo de escudo ibero
(séculos III-II a. C.) -
Escudo con umbo
-
Umbo nun escudo romano
-
Umbo lombardo
-
Normandos con umbos sobre os seus escudos, entre 1140-1150
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Font Quer, P. (1993): Diccionario de botánica. Tomo 2 (I-Z). Barcelona: Editorial Labor, S. A. ISBN 84-3350-078-3.
- ↑ Monteiro, João Gouveia e Braga, José Eduardo (2009). "Vegécio. Compêndio da Arte Militar". Universidade de Coimbra (en portugués). pp. 49, 50 e 389. Consultado o 8 de xaneiro de 2020.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Umbo |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Brethenoux, J.-P. (2004): "Armes et techniques de combat des Gaulois au Ier siècle av. J.-C." Histoire antique. Hors-série n° 5: 60-69.
- Peralta, S. (2005): Los cántabro antes de Roma. Madrid: Real Academia de la Histor ia. ISBN 84-8951-259-0.
- Rapin, A. (1991): " L'armement". En: Moscati, S., ed.: Les Celtes. Milano: Bompiani.
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- L'umbo du bouclier, en Encyclopédie de l'Arbre Celtique (en francés).
A Galipedia ten un portal sobre: Historia |