Triops
Triops | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Triops longicaudatus | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
Triops é un xénero de pequenos crustáceos da clase dos branquiópodos, orde dos notostráceos, un dos dous que comprende a súa única familia, a dos triópsidos.[1][2]
A súa morfoloxía externa (fenotipo) aparentemente non cambiou desde o Triásico (por exemplo, Triops cancriformis, que vive desde hai 220 millóns de anos) é probabelmente a «especie animal vivente máis vella sobre a Terra».[3]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1909 polo sacerdote, botánico e entomólogo alemán Franz von Paula Schrank.[1][2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome Triops está formado pola unión dos elementos tri- e -ops. O primeiro procede do latín tri-, calco do grego antigo τρι-, derivado de τρια "tres", e o segundo do grego antigo ὤψ ṓps, "ollo".[4][5] Literalmente, "os que teñen tres ollos".
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:[1][2]
- Apudites Schimper, 1841
- Apus Schaeffer, 1758
- Monoculus L., 1758
- Phyllopus Rafinesque, 1815
- Proterothriops Ghigi, 1921
- Triopes Schrank, 1803
- Thriops Ghigi, 1921
Especies
[editar | editar a fonte]Na actualidade recoñécense as seguintes especies dentro do xénero:[1]
- Triops australiensis Spencer & Hall, 1896
- Triops baeticus Korn, in Korn et al., 2010
- Triops cancriformis Schaeffer, 1756
- Triops emeritensis Korn & Pérez-Bote, in Korn et al., 2010
- Triops gadensis Korn & García-de-Lomas, in Korn et al., 2010
- Triops gracilis Wolf, 1911
- Triops granarius Lucas, 1864
- Triops longicaudatus LeConte, 1846
- Triops madagassicus Thiele, 1907: 288 fide Rogers et al., 2021
- Triops mauritanicus Ghigi, 1921
- Triops maximus Korn & Hundsdoerfer, 2016
- Triops multifidus Korn & Hundsdoerfer, 2016
- Triops namaquensis Richters, 1886:31 fide Rogers et al., 2021
- Triops numidicus Grube, 1865:277 fide Rogers et al., 2021
- Triops sakalavus Nobili, 1905: 1, fide Rogers et al., 2021
- Triops strenuus Wolf, 1911
- Triops vicentinus Korn, Machado, Cristo & Cancela da Fonseca, in Korn et al., 2010
Características
[editar | editar a fonte]Teñen un tamaño medio de 4 a 6 cm, pero algunhas especies poden alcanzar os 15 cm. Os triops caracterízanse por teren unha cabeza en forma de ferradura. Como o seu nome indica, teñen tres ollos (ver etimoloxía). Como todos os notostráceos posúen un ollo naupliano e dous ollos compostos sésiles. (Ver as características en Notostráceos).
Os dous ollos máis grandes realizan a función do órgano visual. O terceiro é á vez un órgano que detecta a luz e a temperatura, permitíndolles desprazarse cara ás condicións máis favorábeis a priori (onde a produtividade vinculada á fotosíntese será probabelmente máis importante e, polo tanto, o seu alimento máis abundante).
Os triops son fotófilos (amantes da luz) e pola noite son irresistiblemente atraídos pola luz, o que os fai vulnerábeis á contaminación lumínica. A disposición dos seus ollos non lles permite ver a comida nin as gravas, rochas ou sedimentos sobre os que se moven, pero contan con outros sensores para iso.
Bioloxía
[editar | editar a fonte]Hábitat
[editar | editar a fonte]Os triops encóntrase en lagoas ou lagoas temporais en gran parte do mundo, incluso en Australia,[6] onde unha especie é curiosamente próxima (xenética e morfoloxicamente) a unha especie que vive en Alasca a 11 000 km de distancia,[7] probabelmente grazas ao transporte de ovos por parte dunha ave migratoria, Limosa lapponica.
Esperanza de vida
[editar | editar a fonte]A súa esperanza de vida é bastante curta, da orde dunha estación quente, incluso en catividade, onde raramente superan os 2 meses. Para sobreviviren, estas especies compensan esta curta esperanza de vida cunha forte adaptación dos ovos (microscópicos) á deshidratación e á calor, o que lles permite sobrevivir varios anos fóra da auga.
Durante 2004 as abundantes precipitacións no macizo de Ahaggar (Alxeria) rexeneraron vellos puntos de auga (güeltas) que levaban anos completamente secos. Inmensas dunas estaban cubertas dunha especie herbácea que creceu de súpeto. Decenas de triops se retorcían en grandes estanques, entón foron identificados como a especie Triops numidicus polo Museo Nacional de Historia Natural de Francia de París. O seu tamaño era de polo menos de 8 a 10 cm de longo.
Nutrición
[editar | editar a fonte]Os triops aliméntanse de residuos orgánicos, microflora do fondo e pequenos organismos. En catividade, aceptan alimentos destinados a peixes tropicais, así como mazás ou cenorias finamente picadas.
Parentes e rexistro fósil
[editar | editar a fonte]O xénero Triops pódese distinguir do único outro xénero vivo dos notostráceos, Lepidurus, pola forma do telson (o final da súa "cola"), que só ten un par de extensións caudais longas e finas en Triops, mentres que Lepidurus tamén presenta un proceso central similar a unha placa. Só 24 horas despois da eclosión xa semellan versións en miniatura da forma adulta.[8]
Os triops chámanse ás veces "fósiles vivos", xa que os fósiles que foron atribuídos a este xénero atopáronse en rochas de centos de millóns de anos de antigüidade.[9] Porén, unha análise coidadosa destes fósiles non pode asignar definitivamente estes exemplares a Triops.[10] As estimacións do reloxo molecular suxiren que Triops separouse de Lepidurus durante o Triásico ou o Xurásico, hai entre 152,3 e 233,5 millóns de anos. As primeiras liñaxes diverxentes de Triops vivos encontráronse en zonas que forman parte do antigo supercontinente Gondwana, o que suxire que Triops se orixinou en Gondwana.[11]
Os triops pódense encontrar en África, Australia, Asia, América do Sur, Europa e nalgunhas partes de América do Norte onde o clima é adecuado. Algúns ovos quedan sen eclosionar do grupo anterior e eclosionan cando a chuvia empapa a zona. Os triops adoitan atoparse nas lagoas temporais primaverais.
Galería
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Triops Schrank, 1803 no WoRMS. Consultado o 4 de marzo de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Triops Schrank, 1803 Consultado o 4 de marzo de 2022.
- ↑ Kelber, K.-P. (1999): "Triops cancriformis (Crustacea, Notostraca): Ein bemerkenswertes Fossil aus der Trias Mitteleuropas". En: Hauschke, N. & Wilde, V. (eds.): Trias - Eine ganz andere Welt, 'III 16: 383-394. Múnic: Verl. Dr. F. Pfeil.
- ↑ Triops no WordSense Dictionary.
- ↑ John Scarborough (1992): "Crustacea". En Medical and biological terminologies: classical origins. Volume 13 of Oklahoma Series in Classical Culture. Norman, Oklahoma: University of Oklahoma Press. ISBN 978-0-8061-3029-3, pp. 75–81.
- ↑ Murugan, G., Obregon-Barboza, H., Maeda-Martinez, A. M. & Timms, B. V. (2009): "Co-occurrence of two tadpole shrimp, Triops cf. australiensis (Branchiopoda: Notostraca), lineages in middle Paroo, north-western New South Wales, with the first record of Triops hermaphrodites for the Australian continent" Australian Journal of Zoology 57: 77–84.
- ↑ Gill, R. E. Jr., Piersma, T., Hufford, G., Servranckx, R. & Riegen, A. (2005): "Crossing the ultimate ecological barrier: evidence for an 11,000-km-long nonstop flight from Alaska to New Zealand and eastern Australia by Bar-tailed Godwits" Condor 107: 1–20.
- ↑ Denton Belk (2007): "Branchiopoda". En Sol Felty Light & James T. Carlton (eds.). The Light and Smith manual: intertidal invertebrates from central California to Oregon (4th ed.). Oakland, California: University of California Press. ISBN 978-0-5202-3939-5, pp. 414–417.
- ↑ Chip Hannum & Stuart Halliday (2010): "An Introduction to Triops". MyTriops.com. Arquivado dende o orixinal o 5 de agosto de 2010. Consultado o 5 de marzo de 2022.
- ↑ Wagner, Philipp; Haug, Joachim T.; Sell, Jürgen & Haug, Carolin (2017): "Ontogenetic sequence comparison of extant and fossil tadpole shrimps: no support for the "living fossil" concept". PalZ 91 (4): 463–472.
- ↑ Korn, Michael; Rabet, Nicolas; Ghate, Hemant V.; Marrone, Federico & Hundsdoerfer, Anna K. (2013): "Molecular phylogeny of the Notostraca". Molecular Phylogenetics and Evolution 69 (3): 1159–1171.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Triops |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Triops |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Korn, M. & Hundsdörfer, A. K. (2016): "Molecular phylogeny, morphology and taxonomy of Moroccan Triops granarius (Lucas, 1864) (Crustacea: Notostraca), with the description of two new species". Zootaxa 4178 (3): 328–346.
- Pereira, G. y Pereira, M. (1980): "Contribución al conocimiento de Anostraca y Notostraca de Venezuela (Crustacea Branchiopoda) con una clave para su identificación". Actas del VII Congreso Latinoamericano de Zoología. II: 529-533.
- Weeks, S. C. (1990): "Life history variations under varying degrees of intraspecific competition in the tadpole shrimp Triops longicaudatus (LeConte)". Journal of Crustacean Biology 10 (3):498-503.
- Weeks, S. C. & Sassaman, C. (1990): "Competition in phenotypically variable and uniform populations of tadpole shrimp Triops longicaudatus (Notostraca: Triopsidae)". Oecologia 82: 552-559.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- My Triops (en inglés).
- Triops na EOL.
- Imaxes, vídeos e informacións sobre Triops cancriformis Arquivado 24 de xullo de 2008 en Wayback Machine. en ARKive.