Tisífone
Aparencia
Tisífone (grego: Τισιφονη, "vingadora da morte") é unha das tres furias da mitoloxía grega. Segundo Hesíodo, ela mailas súas irmás Mexera e Alecto naceron das pingas do sangue de Urano caído sobre Gaia cando o castrou Cronos. Como o espírito da vinganza era a encargada de castigar e enlouquecer aos culpables de crimes de asasinato: o parricidio, o fratricidio e o homicidio. No libro VI da Eneida descríbese a Tisífone como a gardiá iracunda e cruel cun indumento humectado en sangue diante as portas do tártaro
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tisífone |