Thomas Simpson
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 20 de agosto de 1710 (Xuliano) Market Bosworth, Reino Unido (en) |
Morte | 14 de maio de 1761 (50 anos) Amiens, Francia |
Actividade | |
Campo de traballo | Análise matemática |
Ocupación | matemático |
Membro de | |
Premios | |
Descrito pola fonte | Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Симпсон Томас) Dictionary of National Biography Enciclopedia soviética armenia |
Thomas Simpson, nado o 20 de agosto de 1710, falecido o 14 de maio de 1761, foi un matemático británico, inventor e epónimo da regra de Simpson para aproximar integrais definidas, aínda que este método xa fora descuberto 200 anos antes por Johannes Kepler (Keplersche Fassregel).
Parece ser que o método que se lle atribúe a Simpson era coñecido e usado por Bonaventura Cavalieri (un alumno de Galileo) en 1639, e máis tarde redescuberto por James Gregory.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Simpson naceu en Market Bosworth, Leicestershire. Fillo de tecedor,[1] Simpson autoinstruíuse nas matemáticas e tamén na astroloxía logo de ver unha eclipse solar. Dedicouse á adiviñación, mais tívose que mudar a Derby despois do que lle fixo a unha rapaza para sacarlle o demo do corpo[2]. Máis tarde foise a Londres.
Dende 1743, ensinou matemáticas na Academia Real Militar de Woolwich.
En 1758, Simpson foi escolleito membro estranxeiro da Real Academia das Ciencias de Suecia.
Obra
[editar | editar a fonte]- Treatise of Fluxions (1737)
- The Nature and Laws of Chance (1740)
- The Doctrine of Annuities and Reversions (1742)
- Mathematical Dissertation on a Variety of Physical and Analytical Subjects (1743)
- A Treatise of Algebra (1745)
- Elements of Geometry (1747)
- Trigonometry, Plane and Spherical (1748)
- Select Exercises in Mathematics (1752)
- Miscellaneous Tracts on Some Curious Subjects in Mechanics, Physical Astronomy and Speculative Mathematics (1757)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Thomas Simpson" (en inglés). Holistic Numerical Methods Institute. Consultado o 30 de outubro de 2009.
- ↑ Simpson, Thomas (1710-1761) Arquivado 24 de agosto de 2004 en Wayback Machine. (en inglés)