Tesouro da Rúa San Fernando
Tesouro da Rúa San Fernando | |
Tipo | 43 moedas romanas conservadas. |
Data | S. III d. C. |
Cultura | Imperio Romano |
Características | |
Materiais | Bronce. |
Descuberta | |
Localización | Rúa de San Fernando, Lugo, Galicia |
Descubridor/a | Grupo de obreiros. |
Data | 1923. |
Conservación | |
Localización | Museo Provincial de Lugo |
O tesouro da rúa San Fernando é un conxunto de moedas imperiais romanas do século III d.C. que apareceu nesta rúa da cidade de Lugo en 1923.
Descuberta
[editar | editar a fonte]Este tesouro foi descuberto en 1923 nas operacións de rebaixe de terras do pavimento da rúa San Fernando, fronte ao cuartel, no recanto nordés da Muralla de Lugo.[1][2][3] As moedas estaban depositadas en polo menos tres recipientes de barro de diferentes cores, cuxos restos acabaron esparexidos logo de seren esnaquizados polos traballadores coas súas ferramentas.[4]
O historiador e numismático Manuel Vázquez Seijas describía deste xeito o achado, nun artigo seu de 1929:[5]
“ | '“Ao pé destes anacos de cerámica había unha boa cantidade de moedas romanas, medianos e pequenos bronces. O seu avanzado estado de oxidación fixo que os obreiros desprezasen o achado,
esparexéndose polas terras moitas pezas e levándose outras obreiros, soldados e cativos que se achaban presentes no momento da aparición. |
” |
Malia non conservarse a ficha do rexistro, unha parte do tesouro foi depositada no Museo Provincial de Lugo, e estímase que isto puido ocorrer cara a 1932.[3]
Contido
[editar | editar a fonte]O estudo prelimminar do seu contido foi levado a cabo por Manuel Vázquez Seijas en 1929.[6] Posteriormente, Milagros Cavada Nieto fixo un estudo máis detallado en 1984,[7] revisado posteriormente sobre os 43 exemplares que en 2004 ficaban depositados no Museo Provincial de Lugo.[1] A atribución das moedas identificadas é a seguinte:[2]
Emperador | Período | Exemplares |
---|---|---|
Heliogábalo | 218-222 d.C. | 1 |
Gordiano II | 238 d.C. | 2? |
Gordiano III | 238-244 d.C. | 6 |
Filipo I | 244-249 d.C. | 1 |
Filipo II | 247-249 d.C. | 1 |
Etruscila | 249-251 d.C. | 1 |
Herennio Etrusco | 251 d.C. | 1 |
Traxano Decio | 249-251 d.C. | 4 |
Treboniano Galo | 251-253 d.C. | 4 |
Volusiano | 251-253 d.C. | 3 |
Emiliano | 253 d.C. | 1 |
Valeriano | 253-260 d.C. | 13 |
Valeriano II | 256-258 d.C. | 5 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 "Balseiro García, A. (coord.) (2001)". Páxina 48.
- ↑ 2,0 2,1 "Tesorillos. a. 2.- (Lugo, ciudad)". En Cavada Nieto, M. (2005). Páxina 50.
- ↑ 3,0 3,1 "A.4.- c/ San Fernando". En Balseiro García, A. et al. (2021-a-). Páxina 770.
- ↑ Vázquez Seijas, M. (1929). Páxina 114.
- ↑ Vázquez Seijas, M. (1929). Páxina 115.
- ↑ Vázquez Seijas, M. (1929).
- ↑ Cavada, Nieto, M. (1984).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Balseiro García, A. (coord.) (2001). Percorridos pola colección numismática do Museo Provincial de Lugo. Deputación de Lugo. ISBN 978-84-8192-573-9
- Balseiro García, A. et al. (2021-a-). "Tesoros monetarios del Museo Provincial de Lugo: estudio y difusión". En Actas. XVI Congreso Nacional de Numismática (Barcelona, 28, 29 y 30 de noviembre de 2018). Tomo II. RCM-FNMT, Madrid. Páxinas 763-781. ISBN 978-84-89157-85-9
- Cavada, Nieto, M. (1984). “Dos tesorillos monetarios aparecidos en Galicia”. En Actas del II Congreso Galaico-Minhoto. Vol. II. Santiago de Compostela. Páxinas 181-191.
- Cavada Nieto, M. (2005). "Numismática romana en la provincia de Lugo". En Boletín do Museo Provincial de Lugo. XII, 1. Páxinas 41-70
- Vázquez Seijas, M. (1929). “Monumentos arqueológicos. Numismática”. En Lugo y su provincia, 1929, Libro de Oro. Vigo. Páxinas 114-115.