Terceira posición
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Terceira vía.
Terceira Posición, ou Terceira Vía, é o nome dunha ramificación ideolóxica que tenta realzar a súa oposición tanto ao comunismo como ao capitalismo. O nome "Terceira Vía" deriva da escola de pensamento que se considera "nin de esquerdas nin de dereitas" e "alén do capitalismo e do comunismo".
O nome Terceira Vía ten sido utilizado ao longo dos tempos por varios movementos políticos que pouco ou nada teñén que ver uns con outros:
- Terceira Posición (Terza Posizione), movemento de cariz neo-fascista e militarista fundado en Italia en 1978, entre outros, por Roberto Fiore, utiliza unha cruz celta como símbolo e deu lugar á Terceira Posición Internacional.
- Terceira Vía (Troisième Voie), partido político francés fundado por Jean-Gilles Malliarakis en 1985 e que escolleu como principais inimigos os Estados Unidos de América (capitalismo) e o sionismo, ignorando o comunismo ou incluso considerándoo como un aliado. Tentaron unha aproximación infrutuosa á Fronte Nacional (Francia) de Jean-Marie Le Pen en 1991.
- Terceira Vía (Third Way), partido político considerado neo-fascista fundado en 1990, autodenomínase "de extremo-centro" e inda hoxe divulgan a triloxía "Independencia, Liberdade e Democracia" na súa propaganda. Desde 2006 e a efectos electorais denomínase National Liberal Party – The Third Way.