Saltar ao contido

Telson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esquema dun camarón do xénero Penaeus co seu telson destacado en laranxa.

O telson é a última porción do corpo dos artrópodos, non segmentada (sen metámeros), e sen apéndices, ganglios ou outras estruturas metaméricas, que pode presentar, na súa base, ventralmente, o ano (final do tubo dixestivo) e/ou espiñas ou prolongamentos terminais.[1]

O telson é unha peza ou somito, denominado ás veces somito anal,[1] que se encontra ao final do abdome de moitos artrópodos. Non se considera un verdadeiro segmento porque non está presente en estado embrionario, e é homólogo ao pixidio dos anélidos.

O telson nos diferentes grupos de artrópodos

[editar | editar a fonte]
Exopoditos, endopoditos e telson, no urópodo dun crustáceo.

Nos crustáceos decápodos macruros, o telson é a peza central dos urópodos, e é impar. Os urópodos son a parte final do corpo dos crustáceos; están a continuación do abdome ou pleon, e normalmente son laminares ou aplanados.

O telson, xunto cos urópodos, presenta forma de abano, polo que denominan tamén abano caudal.[3] En ocasións, os urópodos poden traballar en conxunto co telson, utilizando estes apéndices para axudarse nos seus desprazamentos (natación), xa que cun movemento brusco do abdome, o telson e os urópodos, conseguen propulsárense rapidamente cara a atrás. Tamén se usan para a protección dos ovos da femia.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 Garrido, Carlos (1977): télson, no Dicionário terminológico quadrilíngue de Zoologia dos Invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Lingua. ISBN 84-87305-12-1.
  2. Telson en DORIS (en francés). Consultado o 15 de marzo de 2017.
  3. Dean Pentscheff (ed.). "Uropod". Crustacea Glossary. Natural History Museum of Los Angeles County. Arquivado dende o orixinal o 07 de xullo de 2007. Consultado o 14 de marzo de 2012. 
  4. Garrido, Carlos (1977): urópode, no Dicionário terminológico quadrilíngue de Zoologia dos Invertebrados.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Brusca, Richard C. & Gary J. Brusca (2003): Invertebrates 2nd ed. Sinauer Associates. ISBN 0-87893-097-3.
  • Ruppert, E. E. & R. D. Barnes (1994): Invertebrate Zoology 6th ed. Saunders. ISBN 0-03-026668-8.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]