Talwar
O talwar ou tulwar é un sabre do Indostán, de folla curva, principalmente dun só fío e cuxa característica principal que os distingue doutros sabres turco-musulmáns é a súa característica empuñadura, de puño aplanado, curtos gabiáns rectos rematados en labores semicirculares, con aro gardamán que sae do gabián no lado no que cae o fío, acabando a empuñadura nun notable pomo de forma circular aplanada e rematando con apéndice de motivos naturais. Esta espada permite técnicas de esgrima diferentes e orixinarias da India.
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]A verba talwar provén do sánscrito taravāri (en sánscrito: तरवारि) que quere dicir "espada dun fío".[1]
Orixes
[editar | editar a fonte]Este sabre nativo da India xorde a partir do século XVI e é unha evolución ou copia —sobre todo pola súa folla— dos sabres kiliç turcos ou shamshir persa, e dos pulowar afgáns e khanda autóctonos hindús, dos que tomou parte do seu peculiar empuñadura e que ó cabo lle dará a súa propia identidade.
O feito de que sexa considerada un sabre con categoría propia é polas claras diferenzas con respecto dos sabres dos que proveñen e ás evolucións serodias destes últimos. Ademais, ó ser a arma que substituíu as demais espadas e sabres nativos indios, e por acabar os seus días como arma de parada da aristocracia, ó talwar recoñecéuselle o status de arma singular e non variante de.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Talwar". Arquivado dende o orixinal o 25 de outubro de 2018. Consultado o 25 de outubro de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Bull, Stephen. An Historical Guide to Arms and Armour. Londres: Studio Editions, 1991. ISBN 1-85170-723-9
- Evangelista, N. and Gaugler, W.M. (1995) The encyclopedia of the sword. Greenwood Publishing Group. ISBN 0-313-27896-2
- Nicolle, D. (2007) Crusader Warfare: Muslims, Mongols and the struggle against the Crusades. Hambledon Continuum. ISBN 1-84725-146-3, ISBN 978-1-84725-146-6
- Robson, B. (1975) Swords of the British Army, Arms and Armour Press.
- Stone, G.C. (1934) A Glossary of the Construction, Decoration and Use of Arms and Armor, Southworth Press, Portland Maine.