Susana Dans
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2014.) |
(2015) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1965 (58/59 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | presentadora de televisión, actriz de cinema, actriz, actriz de televisión |
Susana Dans López, nada na Coruña en 1965, é unha actriz galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Coñecida especialmente polo seu papel de Olimpia na serie da TVG Pratos combinados, á que se incorporou trala marcha de Mabel Rivera para cubrir o oco deixado pola actriz.
Á marxe deste traballo cabe destacar a súa traxectoria teatral, entre a que destacan as obras O ano da cometa, que lle valeu en 2005 o premio de teatro María Casares á mellor actriz secundaria que xa gañara previamente en 2002 coa montaxe Rosalía, ou Mulleres, coa que foi merecedora do Premio de Interpretación Teatral Maruxa Villanueva en 2003. En 1987 participou na montaxe d' A pousadeira feita polo Centro Dramático Galego. En 2009 actuou n' As dunas, de Manuel Lourenzo.
En cine traballou nas longametraxes Divinas palabras (1987), de José Luis García Sánchez; Martes de carnaval (1991), de Fernando Bauluz e Pedro Carvajal e Blanca Madison (1998) de Carlos Amil, así coma na curtametraxe Cabeza de boi (1996), de José Carlos Soler. Tamén traballou na televisión, presentando o programa da TVG Arroz con chícharos (1990-1991) e participando na serie Hospital Real (2015).
Galardóns e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Ano | Categoría | Título | Resultado |
---|---|---|---|
2011 | Mellor actriz | Emilia Pardo Bazán, a condesa rebelde | Gañadora |