Saltar ao contido

Susan G. Finley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSusan G. Finley

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoséculo XX Editar o valor en Wikidata
California, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
ResidenciaPasadena Editar o valor en Wikidata
EducaciónScripps College (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLaboratorio de Propulsión a Chorro (1958–)
Convair (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Susan G. Finley, nada en California en 1937,[1] é unha científica empregada do Laboratorio de Propulsión a Chorro da NASA, desde xaneiro de 1958, converténdoa na muller que máis serviu na NASA.[2] Dous días previos ao lanzamento do E, Finley empezou a súa carreira no laboratorio como calculadora humana, calculando a traxectoria do lanzamento a man. En JPL, participou na exploración da Lúa, o Sol, todos os planetas e outros corpos no Sistema Solar.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Finley estudou na Scripps College, durante tres anos coa intención orixinal de ser arquitecta. O seu coñecemento de enxeñaría era vasto debido aos seus talentos en matemáticas e computación, así que tentou aprender arte, pero máis tarde descubriu que a enxeñaría estaba no seu futuro. Durante a súa experiencia universitaria, ela estudou humanidades o que lle permitiu ser exitosa como enxeñeira de subsistema. Á idade de 21, abandonou a Scripps College para converterse en enxeñeira cun grupo de termodinámica en Convair en Pomona, California.

En 1958, Susan Finley comezou no Laboratorio de Propulsión a Chorro en Pasadena, California, como calculadora humana.[1] Este traballo requiriulle realizar a traxectoria de lanzamento do foguete a man. En 1962, foi un cálculo de Finley o que demostrou que o Ranger 3 se desviou da Lúa por 35 000 quilómetros aproximadamente. A chegada dos computadores electrónicos cambiou amodo o que o grupo de mulleres computadoras facían. As mulleres foron preparadas para programar en FORTRAN, a primeira linguaxe desenvolvida para aplicacións científicas. Os enxeñeiros homes non querían estar involucrados na programación durante a década de 1960. Era considerado aínda “traballo de mulleres” e non como parte da descrición do traballo dun enxeñeiro. Durante a súa carreira, Finley facía os cálculos manuais e programas en FORTRAN que formaban parte das misións do JPL á Lúa, Marte, Venus, Mercurio, Xúpiter, Saturno, Urano e Neptuno, nos programas do Ranger, Mariner, Pioneer, Viking, e Voyager.[2] Na década de 1980, cambiouse á área de testeo de software e subsistema de enxeñaría na Rede do Espazo Profundo.

Entre 1990 e 2000, Finley contribuíu ás exploracións do sistema solar do JPL. Finley traballou nas misións da Mars Exploration Rover e desenvolveu tecnoloxía na cal eran enviados tons musicais a diferentes fases de descenso e transmitidas de novo á DSN. Continúa traballando tempo completo para JPL e está involucrada no apoio do DSN para recentes misións.

Algunhas publicacións

[editar | editar a fonte]
  • 2004 "Tracking Capability for Entry, Descent and Landing and its support to NASA Mars Exploration Rovers," ResearchGate[3]
  • 2009 "Receiver filters and records IF analog signals," National Aeronautics and Space Administration[4]
  • 2012 "Spacecraft-to-earth communications for Juno and Mars Science Laboratory critical events," IEEE Xplore[5]
  • 2013 "Improved spacecraft tracking and navigation using a Portable Radio Science Receiver," IEEE Xplore[6]
  • 2013 "Sleuthing the MSL EDL performance from an X band carrier perspective," IEEE Xplore[7]
  • 2014 "Design and implementation of a Deep Space Communications Complex downlink array," IEEE Xplore[8]
  • 2016 "A comparison of atmospheric effects on differential phase for a two-element antenna array and nearby site test interferometer", IEEE Xplore[9]
  1. 1,0 1,1 Razkin, U. (2020-08-13). "Sue Finley, la calculadora humana que no piensa en jubilarse". Mujeres con ciencia (en castelán). Consultado o 2021-04-04. 
  2. 2,0 2,1 Lorenzo, Nieves; Iglesias, Encina Calvo (2020-04-18). "Ellas nos llevaron a la Luna" (en castelán) 0 (4): 61–68. ISSN 2530-7924. doi:10.4995/citecma.2020.12764. Consultado o 2021-03-30. 
  3. "Tracking Capability for Entry, Descent and Landing and its support to NASA Mars Exploration Rovers". ResearchGate. Consultado o 8 de diciembre de 2015. 
  4. "A Deep Space Network Portable Radio Science Receiver - Nasa Tech Briefs :: NASA Tech Briefs". www.techbriefs.com. Consultado o 8 de diciembre de 2015. 
  5. Soriano, Melissa; Finley, Susan; Jongeling, Andre; Fort, David; Goodhart, Charles; Rogstad, David; Navarro, Robert (3 de marzo de 2012). "Spacecraft-to-earth communications for Juno and Mars Science Laboratory critical events". 2012 IEEE Aerospace Conference: 1–11. doi:10.1109/AERO.2012.6187098. 
  6. Soriano, M.; Jacobs, C.; Navarro, R.; Naudet, C.; Rogstad, S.; White, L.; Finley, S.; Goodhart, C.; Sigman, E. (1 de marzo de 2013). "Improved spacecraft tracking and navigation using a Portable Radio Science Receiver". 2013 IEEE Aerospace Conference: 1–11. doi:10.1109/AERO.2013.6496851. 
  7. Oudrhiri, Kamal; Asmar, Sami; Estabrook, Polly; Kahan, Daniel; Mukai, Ryan; Ilott, Peter; Schratz, Brian; Soriano, Melissa; Finley, Susan (1 de marzo de 2013). "Sleuthing the MSL EDL performance from an X band carrier perspective". 2013 IEEE Aerospace Conference: 1–13. doi:10.1109/AERO.2013.6497418. 
  8. Soriano, M.; Rogstad, S.; Navarro, R.; Wang, D.; Rogstad, D.; Finley, S.; Crichton, G. (1 de marzo de 2014). "Design and implementation of a Deep Space Communications Complex downlink array". 2014 IEEE Aerospace Conference: 1–10. doi:10.1109/AERO.2014.6836162. 
  9. Morabito, David D.; D'Addario, Larry; Finley, Susan (12 de decembro de 2016). "A comparison of atmospheric effects on differential phase for a two-element antenna array and nearby site test interferometer". Radio Science (en inglés) 51 (2): 91–103. ISSN 0048-6604. doi:10.1002/2015rs005763. Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2021. Consultado o 04 de abril de 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]