Saltar ao contido

Sud Aviation

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sud Aviation

Editar o valor en Wikidata
Fundación1 de marzo de 1957
LocalizaciónTolosa, Francia
Industriaaeroespacial
editar datos en Wikidata ]

Sud Aviation foi un construtor aeronáutico francés nacido da fusión de Sud-Est (SNCASE ou Société nationale des constructions aéronautiques du sud-est) e Sud-Ouest (SNCASO ou Société nationale des constructions aéronautiques du sud-ouest) o 1 de marzo de 1957. Ámbalas dúas compañías naceran de pequenas corporacións privadas que foran nacionalizadas en seis grupos de deseño e fabricación xusto antes da segunda guerra mundial.

Dende 1960 a firma comezou o deseño dunha versión de transporte supersónico do Caravelle, coñecido como o Super-Caravelle. Porén, o custo do proxecto era tan elevado que Sud Aviation, coa dirección dos gobernos francés e británico, formou un consorcio con BAC en novembro de 1962 para fusionar os seus esfordos de deseño e fabricación para crear o Concorde.

A compañía deseñou helicópteros que serían fabricados en grandes cantidades, como o Alouette II (o primeiro helicóptero de produción impulsado por unha turbina de gas), o Puma e o Gazelle. En 1967 un acordo entre os gobernos francés e británico organizou a produción conxunta e a adquisición do Puma e o Gazelle, xunto co británico Westland Lynx.[1][2]

Sud Aviation fusionouse con Nord Aviation and Société d'études et de réalisation d'engins balistiques (SÉREB) en 1970 para formar Aérospatiale. A nova compañía formou varios consorcios internacionais a grande escala, como o formado con British Aerospace e Messerschmitt-Bölkow-Blohm para crear Airbus, e finalmente fusionouse na compaía aeroespacial europea EADS no ano 2000. En xaneiro de 2014 EADS foi reorgazizada como o Airbus Group.

Caravelle coas cores de Finnair no aeroporto de Estocolmo-Arlanda

Helicópteros

[editar | editar a fonte]
  1. "Helicopters (Anglo-French Agreement)". Hansard. Consultado o 30 de outubro de 2018. 
  2. "A Gyration of WG.13s". Flight International. Consultado o 30 de outubro de 2018.