Saltar ao contido

Sophia Jex-Blake

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSophia Jex-Blake

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1840 Editar o valor en Wikidata
Hastings, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de xaneiro de 1912 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Mark Cross, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaRotherfield (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Edimburgo
School of Medicine, Trinity College Dublin (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédica, xornalista, escritora, mestra, sufraxista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorThe Scotsman (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Familia
ParellaMargaret Todd Editar o valor en Wikidata
PaisThomas Jex-Blake Editar o valor en Wikidata  e Maria Emily Cubitt Editar o valor en Wikidata
IrmánsThomas Jex-Blake Editar o valor en Wikidata
ParentesKatharine Jex-Blake, sobriña
Henrietta Jex-Blake, sobriña Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteObálky knih,
Medvik >>>:Jex-Blake, Sophia, 1840-1912,
Nature Editar o valor en Wikidata

Sophia Louisa Jex-Blake, nada en Hastings o 21 de xaneiro de 1840 e finada en Mark Cross o 7 de xaneiro de 1912, foi unha médica, profesora e feminista inglesa.[1] Dirixiu a campaña para garantir o acceso das mulleres a unha educación universitaria cando ela e outras seis mulleres, coñecidas colectivamente como As sete de Edimburgo, comezou a estudar medicina na Universidade de Edimburgo en 1869. Foi a primeira muller que practicou a medicina en Escocia e unha das primeiras en toda o Reino Unido; foi líder na educación médica para mulleres e participou na fundación de dúas escolas médicas para mulleres en Londres (nun momento en que non había outra escola médica para mulleres).

Vida temperá

[editar | editar a fonte]
A plaque commemorating the birthplace of Sophia Jex-Blake
Placa conmemorativa no lugar de nacemento de Sophia Jex-Blake

Sophia Jex-Blake naceu en Hastings, Inglaterra, o 21 de xaneiro de 1840, filla do avogado retirado Thomas Jex-Blake, procurador de Doctors Commons, e de Mary Jex-Blake (nada Cubitt).[2] O seu irmán era Thomas Jex-Blake, futuro decano da catedral de Wells. Ata os oito anos foi educada na casa.[3] Asistiu a varias escolas privadas do sur de Inglaterra e en 1858 matriculouse no Queen's College (Londres) a pesar das obxeccións dos seus pais. En 1859, sendo aínda estudante, ofreceulle un posto de titora de matemáticas na universidade, onde permaneceu ata 1861, vivindo parte dese tempo coa familia de Octavia Hill. Traballou sen soldo: a súa familia non esperaba que a súa filla gañase a vida e, de feito, o seu pai negoulle o permiso para aceptar un salario.[4]

Viaxes aos Estados Unidos

[editar | editar a fonte]

O mes seguinte Sophia Jex-Blake viaxou aos Estados Unidos para coñecer máis sobre a educación das mulleres. Visitou varias escolas, estivo moi influída polo desenvolvemento da coeducación nese país e máis adiante publicou esta experiencia no libro A Visit to Some American Schools and Universities.[5] No New England Women's and Children's Hospital de Boston coñeceu unha das médicas pioneiras do país, Lucy Sewell, da que se converteu nunha amiga por toda a vida, e traballou alí durante un tempo como médica asociada. Este foi un punto crucial para Jex-Blake porque se deu de conta, durante esta visita, de que facerse médico era a súa vocación vital.[6]

Durante 1867, xunto con Susan Dimock, aprendiz no New England Hospital, escribiu directamente ao presidente e aos colegas da Universidade de Harvard para o ingreso na Facultade de Medicina da Universidade. Recibiu a resposta un mes despois, nunha carta na que afirmaba: "non hai ningunha disposición para a educación das mulleres en ningún departamento desta universidade". O ano seguinte esperaba asistir ao novo centro médico universitario fundado por Elizabeth Blackwell en Nova York, pero o mesmo ano faleceu o seu pai e regresou a Inglaterra para estar coa súa nai.[2]

En 1869, o artigo de Jex Blake Medicine as a profession for women apareceu nun libro editado por Josephine Butler: Women's Work and Women's Culture.[7] Nese libro a autora argumentaba que un instinto natural leva as mulleres a implicarse na cura das enfermidades. Non obstante, coa educación das nenas restrinxida ás habilidades domésticas, as mulleres xeralmente non podían competir cos homes na práctica médica. Tamén argumentou que non había probas obxectivas da inferioridade intelectual das mulleres sobre os homes. Dixo que o asunto podería demostrarse facilmente ensinándolles como se ensinaban aos homes e someténdoas exactamente aos mesmos exames.

A favor do acceso das mulleres á educación universitaria

[editar | editar a fonte]

Sophia Jex-Blake estaba decidida a buscar formación como médica no Reino Unido e debido á actitude predisposta de Escocia cara á educación, sentiu que se algunha universidade permitía ás mulleres estudar sería unha escocesa.

En marzo de 1869 solicitou ingresar nos estudos de medicina: aínda que a Facultade de Medicina e o Senatus Academus votaron a favor de permitirlle estudar medicina, o Tribunal Universitario rexeitou a súa solicitude ao considerar que a universidade non podería facer as xestións necesarias "no interese dunha dama".

Solicitude de inscrición que Jex-Blake entregou á Universidade de Edimburgo e que permanece nos seus arquivos

A continuación anunciouse en The Scotsman e noutros xornais nacionais para que máis mulleres se unisen a ela. No verán de 1869 presentouse unha segunda solicitude en nome dun grupo de cinco mulleres inicialmente (con dúas que se uniron máis tarde para formar o grupo The Edinburgh Seven). O grupo pediu a inscrición e todo o que implicaba: o dereito a asistir a todas as clases e exames necesarios para o título de licenciado en medicina. Esta segunda solicitude foi aprobada polo University Court e a Universidade de Edimburgo converteuse na primeira universidade británica en admitir mulleres.

Sophia Jex-Blake escribiu nunha das súas cartas á súa grande amiga Lucy Sewell:

É unha gran cousa ir por primeira vez a unha universidade británica, nunca antes aberta ás mulleres, non si?

A hostilidade medra: disturbios na sala de cirurxía

[editar | editar a fonte]

Cando as mulleres comezaron a demostrar que podían competir nos mesmos termos e condicións cos estudantes masculinos, comezou a medrar a hostilidade cara a elas. Recibiron cartas obscenas, seguíanas cando ían á casa, colocáronlles petardos na porta da súa casa, botáronlles barro. Isto culminou co bulicio da sala de cirurxiáns o 18 de novembro de 1870 cando as mulleres chegaron a facer un exame de anatomía na sala de cirurxiáns e unha multitude enfadada de máis de douscentos reuníronse fóra. para botarlles barro, lixo e insultar as mulleres.[2]

Os acontecementos apareceron nos titulares nacionais e fixeron que as mulleres gañasen moitos máis seguidores. Non obstante, membros influentes da Facultade de Medicina persuadiron a universidade para que rexeitase a graduación das mulleres e así en 1873 a campaña dentro de Edimburgo crebou.[2]

Moitas das mulleres foron ás universidades europeas onde xa se lles permitiu graduarse e completaron os seus estudos alí.

O momento da reforma

[editar | editar a fonte]

En 1877 as mulleres foron finalmente admitidas en programas de graduación noutras universidades británicas. James Stansfeld, que estivera moi relacionado coa campaña de Londres (tralo fracaso da campaña de Edimburgo) escribiu, na súa breve historia dos feitos:[8]

Sophia Jex-Blake fixo a maior de todas as contribucións para obter este fin. Non digo que fose a causa última do éxito. A causa última foi simplemente esta, que o tempo estaba ao seu favor. É unha das leccións da historia do progreso que cando o tempo da referma chega non se pode resistir, aínda que se se fai o intento, o que podes facer é ampliar o seu alcance ou precipitar a súa chegada. Os opoñentes, cando o tempo chegou, non son simplemente arrastrados polas rodas do carro do progreso... axudan a xiralas. As principais forzas, en calquera sentido que pareza que traballan, fan o máximo para axudar. As forzas de maior importancia aquí foron, na miña opinión, por unha banda a Universidade de Edimburgo dirixida por Sir Robert Christison, e por outras as mulleres solicitantes lideradas por Sophia Jex-Blake.

Titulación como médica

[editar | editar a fonte]

En 1874, Sophia Jex-Blake axudou a establecer a London School of Medicine for Women, mais tamén continuou a facer campaña e a estudar. Axiña aprobouse a Lei médica británica de 1876 (39 e 40 Vict, cap. 41), unha norma que derrogaba a anterior lei médica no Reino Unido.[9] Isto permitía a todas as autoridades médicas británicas conceder licenza a todos os solicitantes cualificados, independentemente do seu sexo.[10][11] A primeira organización que se aproveitou desta nova lexislación foi o Colexio de Médicos de Irlanda, mais antes de que Jex-Blake a aplicase pasou os exames médicos na Universidade de Berna, onde en xaneiro de 1877 recibiu o título de doutora en medicina. Catro meses despois tivo éxito en Dublín e cualificouse como graduada no King's and Queen's College of Physicians of Ireland (LKQCPI), o que lle permitiu rexistrarse no Consello Médico Xeral e ser a terceira muller rexistrada no país.[12][13][14]

Carreira médica

[editar | editar a fonte]
Hospital Bruntsfield, agora convertido en apartamentos privados, 2010

En 1878, Jex-Blake regresou a Edimburgo, alugou unha casa en Manor Square e puxo a súa placa de bronce na porta: Edimburgo tiña a súa primeira médica. Tres meses despois abriu un ambulatorio na rúa Grove 73, Fountainbridge, onde as mulleres pobres podían recibir asistencia médica a un prezo duns peniques.

En 1885 ampliouse o ambulatorio e trasladouse a un lugar máis grande na rúa Grove 6, e engadiuse un pequeno cuarto con cinco camas. O pequeno ambulatorio converteuse no hospital de Edimburgo e ambulatorio para mulleres. Foi o primeiro hospital para mulleres de Escocia e o primeiro onde traballaban mulleres.

En 1886 estableceu a Facultade de Medicina de Edimburgo para mulleres,[15] onde se impartían clases externas tanto a varóns como a mulleres e que contaba co apoio de homes que estaban a favor das mulleres médicas. As primeiros alumnas foron Elsie Inglis, Grace Ross Cadell e a súa irmá Georgina, mais a capacidade de Jex-Blake como profesora non foi igualada polo seu papel como doutora. Tivo unha violenta ruptura coas súas alumnas e en 1889 resultou nun famoso caso xudicial, cando Jex-Blake foi demandado con éxito por danos e as irmás Cadell continuaron os seus estudos na escola rival que establecera a máis cordial, aínda que moito máis nova, Elsie Inglis. Ambas as dúas escolas chegaron ao seu final efectivo en 1892, cando a Universidade de Edimburgo comezou a aceptar admisións femininas.[16][17]

Cando Sophia Jex-Blake se retirou en 1889 viviu e practicou a medicina durante dezaseis anos máis na casa coñecida como Bruntsfield Lodge, en Whitehouse Loan. O hospital de Edimburgo e o ambulatorio feminino mudáronse a este lugar e cambiaron o seu nome a Hospital Bruntsfield. O hospital Bruntsfield continuou a operar ata o ano 1989.[18]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Despois da morte da súa nai en 1881, Sophia Jex-Blake atravesou un período de confinamento por mor da depresión ata 1887, cando puxo en marcha a Escola de Medicina para Mulleres de Edimburgo.

Sophia Jex-Blake foi parella de Margaret Todd, coa que tiña unha diferenza de idade de dezanove anos. Despois da súa xubilación en 1889, mudáronse a Windydene, Mark Cross, Rotherfield, onde en 1902 a Dra. Todd escribiu The Way to Escape and Growth en 1906.

A súa casa converteuse nun lugar de encontro de compañeiros e exalumnos e acolleu escritores e coñecidos de todo o mundo.[16]

Morte e conmemoración

[editar | editar a fonte]
Placa conmemorativa das sete de Edimburgo e do bulicio do Surgeons 'Hall

Sophia Jex-Blake faleceu en Windydene o 7 de xaneiro de 1912 e está enterrada en Rotherfield. Margaret Todd escribiu posteriormente The Life of Sophia Jex-Blake.[4]

A Universidade de Edimburgo rendeu homenaxe a Sophia Jex-Blake cunha placa realizada polo escultor británico Pilkington Jackson preto da entrada da facultade de medicina, honrándoa como "médica, pioneira da educación escola de medicina para mulleres en Gran Bretaña e estudante universitaria". En 2015 presentouse unha placa conmemorativa do bulicio do Salón de Cirurxiáns o 18 de novembro de 1870.

  1. "Jex-Blake, Sophia". Who's Who 59: 938–939. 1907. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 Shirley Roberts, ‘Blake, Sophia Louisa Jex- (1840–1912)’, Oxford Dictionary of National Biography, Oxford University Press, 2004, consultado o 11 de novembro de 2008
  3. Knox, William (2006). Lives of Scottish women. Edimburgo: Edinburgh University Press. pp. 71. ISBN 9780748617883. 
  4. 4,0 4,1 Margaret Todd, The Life of Sophia Jex-Blake (Macmillan, 1918)
  5. Jex-Blake, Sophia (1867). A Visit to Some American Schools and Colleges. Macmillan abd Co. 
  6. S. Roberts, Dictionary of National Biography
  7. Butler, Josephine E. (1869). Women's Work and Women's Culture. Macmillan. 
  8. Roberts, Shirley (1993). Sophia Jex-Blake : a woman pioneer in nineteenth-century medical reform (1. publ. ed.). Londres: Routledge. ISBN 978-0-415-08753-7. 
  9. Jex-Blake, Sophia (26 de abril de 1872). "Medical Education of Women". Medical Women (en inglés) 2: 75-135. 
  10. "article=The Admission of Women to the Royal College of Surgeons of England". British Medical Journal (en inglés). 1(2470): 1079. 2 de maio de 1908. 
  11. Wagner Ph.D., John A. (25 febrer 2014). Voices of Victorian England: Contemporary Accounts of Daily Life. ABC-CLIO. ISBN 978-0-313-38689-3. 
  12. British Medical Journal. British Medical Association. 1908. pp. 1079–. 
  13. John A. Wagner Ph.D. (25 de febreiro de 2014). Voices of Victorian England: Contemporary Accounts of Daily Life. ABC-CLIO. pp. 211–. ISBN 978-0-313-38689-3. 
  14. Great Britain. Parliament. House of Commons (1892). Parliamentary Papers, House of Commons and Command. H.M. Stationery Office. pp. 40–. 
  15. Lutzker, Edythe (1969). Women Gain a Place in Medicine. Nova York: McGraw Hill. p. 149. 
  16. 16,0 16,1 Lutzker, Edythe (1969). Women Gain a Place in Medicine. Nova York: McGraw Hill. p. 149. 
  17. Ewan, Elizabeth; Innes, Sue; Reynolds, Sian (2006). Biographical Dictionary of Scottish Women: From the Earliest Times to 2004. Edinburgh University Press, Ltd. ISBN 0-7486-1713-2. 
  18. Roberts, Shirley (1993). Sophia Jex-Blake : a woman pioneer in nineteenth-century medical reform (1. publ. ed.). Londres: Routledge. ISBN 978-0-415-08753-7. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]