Saltar ao contido

Smaug giganteus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Smaug giganteus

Smaug giganteus
Estado de conservación
Vulnerable
Vulnerable[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Familia: Cordylidae
Xénero: Smaug
Especie: S. giganteus
Nome binomial
Smaug giganteus
(Smith, 1844)
Sinonimia

Cordylus giganteus

Smaug giganteus (sinónimo Cordylus giganteus), é unha especie de lagartos africanos,[2] a especie de maior tamaño entre os Cordylidae, familia de lagartos da África subsahariana.[3] É unha especie en perigo endémica das pradeiras do Highveld no interior de Suráfrica.[3] En 2011, foille asignado o novo xénero Smaug, xunto con outras sete especies que antes pertencían ao xénero Cordylus, baseándose nun estudo completo da filoxenia molecular dos cordílidos.[4]

É unha especie moi acoirazada, cunha lonxitude típica do extremo da cabeza á cloaca de 15–18 cm (excepcionalmente ata 20,5 cm), e é doadamente distinguible doutros Cordylidae polo seu par de espiñas occipitais alongadas e as espiñas caudais carenadas agrandadas.[5]

Comportamento

[editar | editar a fonte]

A diferenza da maioría dos outros cordílidos rupícolas (que viven nas rochas), esta especie vive en tobos que el mesmo escava (xeralmente de 0,4 m de profundidade, e 1,8 m de longo) nos chans lodosos das pradeiras Themeda de Suráfrica.[3] Son insectívoros, pero ocasionalmente comen pequenos vertebrados.[3] Son lagartos coloniais ovovivíparos, que se reproducen cada dous ou tres anos, e só producen unha ou dúas crías por ciclo reprodutivo.[3] Teñen unha vida longa e algúns individuos en catividade chegaron aos 20 anos de idade.[3]

A especie ten o costume distintivo de termorregularse elevando as súas partes anteriores do corpo estendendo os seus antebrazos cara ao sol, xeralmente preto da entrada do seu tobo como se estivese ollando ao Sol (de aí lle ven o seu nome inglés local de sungazer, "o que mira o sol"). Na súa área natal tamén lle chaman Ouvolk (en afrikaans), Pathakalle (en lingua sotho) e Mbedla en lingua zulú.[6]

Conservación

[editar | editar a fonte]

O declive do número destes lagartos é o resultado da destrución do seu hábitat, e da captura ilegal de exemplares para usalos como mascotas ou na medicina tradicional.[3][7] Poden desaparecer colonias enteiras cando unha área de pradeira nativa se converte en terras de cultivo ou é dalgún outro modo "desenvolvida".[7]

A súa reprodución en catividade é difícil, e só se informou duns poucos éxitos nuns poucos sitios do mundo.[8] Ademais, polo menos algúns dos informes probablemente non son verdadeiros casos de reprodución en catividade, senón de femias preñadas que foron capturadas no seu hábitat e despois pariron en catividade.[8] Os S. giganteus silvestres impórtanse desde Suráfrica aos Estados Unidos, Europa e o Xapón, onde chegan a ter un alto prezo. A maioría destes animais son sacados de contrabando do país e non teñen os permisos CITES necesarios para a súa exportación/importación legal. Na súa Suráfrica nativa, é ilegal posuír un destes lagartos (morto ou vivo) sen un permiso.[7]

  1. World Conservation Monitoring Centre (1996). "Cordylus giganteus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2014.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 25 October 2014. 
  2. Mouton, P.le.F.N. 2014. Smaug giganteus (Smith, 1844). Pp 209. In: Bates, M.F., Branch, W.R., Bauer, A.M., Burger, M., Marais, J., Alexander, G.J., De Villiers, M.S. (eds.). Atlas and Red List of the Reptiles of South Africa, Lesotho and Swaziland. Suricata 1. South African National Biodiversity Institute, Pretoria.
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 Bill Branch. 1998. Field Guide to Snakes and other reptiles of Southern Africa, p. 189. Struik Publishers, Cape Town. ISBN 1-86872-040-3
  4. Stanley, Edward L.; Bauer, Aaron M.; Jackman, Todd R.; Branch, William R.; Mouton, P. Le Fras N. (2011). "Between a rock and a hard polytomy: Rapid radiation in the rupicolous girdled lizards (Squamata: Cordylidae)" (PDF). Molecular Phylogenetics and Evolution 58 (1): 53–70. doi:10.1016/j.ympev.2010.08.024. 
  5. Van Wyk, J.H. 1988. Sungazer or Giant Girdled Lizard (Cordylus giganteus). Pp. 78-80. In: W.R. Branch, (ed.) South African Red Data Book – Reptiles and Amphibians. South African National Scientific Programmes Report No. 151.
  6. Parusnath, 2014. A conservation assessment of the Sungazer (Smaug giganteus). Unpublished Masters thesis. University of the Witwatersrand, South Africa
  7. 7,0 7,1 7,2 Gibbons, B. (2014). Sungazer Lizards are desperately in need of conservation Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine.. Endangered Wildlife Trust, Threatened Grassland Species Programme. Retrieved 12 November 2014.
  8. 8,0 8,1 Adams, M. (April 2012). Rare Sungazers pose tough challenge for conservators. Arquivado 10 de agosto de 2015 en Wayback Machine. National Zoological Gardens of South Africa. Retrieved 12 November 2014.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Fitzsimons, V. F., 1943. The Lizards of South Africa: Transvaal Museum Memoir, Pretoria.