Slipknot
Slipknot | |
---|---|
Actuación no Graspop metal meeting (2011) | |
Orixe | Des Moines (Iowa), Estados Unidos |
Período | Dende 1995 |
Xénero(s) | Nu metal,[1][2] metal alternativo[3][4] |
Selo(s) discográfico(s) | Roadrunner |
Membros | Corey Taylor Mick Thomson Jim Root Craig Jones Sid Wilson Shawn Crahan Chris Fehn |
Antigos membros | Anders Colsefni Donnie Steele Josh Brainard Paul Gray Greg Welts Brandon Darner Joey Jordison |
Artistas relacionados | Stone Sour, Murderdolls, To My Surprise, Scar the Martyr, Roadrunner United |
Na rede | |
http://www.slipknot1.com/ | |
Slipknot é un grupo estadounidense de heavy metal formado en 1995 en Des Moines (Iowa). As influencias do grupo inclúen entre outros xéneros o death metal, o thrash metal e o heavy metal, aínda que adoitan ser catalogados dentro do metal alternativo e o nu metal.[5][6][7][8] O percusionista Shawn Crahan e o batería Joey Jordison fundaron o grupo en setembro de 1995, e tras varios cambios de membros nos seus primeiros anos, o grupo estivo composto de nove membros durante máis dunha década: Corey Taylor, Mick Thomson, Jim Root, Paul Gray, Craig Jones, Sid Wilson, Shawn Crahan, Chris Fehn e Joey Jordison. Gray faleceu o 24 de maio de 2010, sendo substituído ata 2014 por Donnie Steele. Jordison deixou o grupo o 12 de decembro de 2013. Steele saíu do grupo durante a gravación de .5: The Gray Chapter, e o grupo pasou a realizar unha xira cos músicos Alessandro Venturella no baixo e Jay Weinberg na batería.
O grupo destaca pola súa imaxe particular, o seu estilo agresivo de música e as súas caóticas e enerxéticas actuacións en directo.[9][10] Publicaron cinco álbums de estudio: Slipknot (1999), Iowa (2001), Vol. 3: (The Subliminal Verses) (2004), All Hope Is Gone (2008) que debutou na posición número 1 na lista Billboard 200, e .5: The Gray Chapter (2014). No seu conxunto, Slipknot leva vendidos máis de 20 millóns de discos en todo o mundo,[11] acadando varias certificacións de platino e ouro nos seus álbums. No 2006 gañaron o Grammy á mellor actuación de metal polo sinxelo "Before I Forget".[12] O grupo publicou tamén un álbum de directo titulado 9.0: Live, un recompilatorio titulado Antennas to Hell, e catro DVD de directo.
Historia
[editar | editar a fonte]Primeiros anos (1995-1998)
[editar | editar a fonte]Slipknot formouse en Des Moines, Iowa en setembro de 1995 baixo o nome de "The Pale Ones"[13] con Shawn Crahan na batería, Anders Colsefini como vocalista, Paul Gray como baixista e Donnie Steele coma guitarrista.[13] Joey Jordison integrouse ao grupo pouco tempo despois, ocupando o posto de batería, pasando Crahan a ocuparse da percusión.[14] Seguidamente contrataron a Josh Brainard coma guitarrista, e Colsefini converteuse no segundo percusionista manténdose no posto de vocalista.[15]
A súa primeira actuación, baixo o nome de Meld, foi o 4 de decembro de 1995 en Des Moines.[16] Nesas mesmas datas Jordison propuxo substituí-lo nome do grupo por Slipknot, sacado do título dun tema composto por el para o que sería a primeira demo do grupo, titulada Mate.Feed.Kill.Repeat.[17] O grupo comezou a experimentar coa súa imaxe empregando maquillaxe grotesca, chegando finalmente ao uso de máscaras.[18]
Comezaron a gravar material no SR Audio, un estudio local da súa cidade.[19] Sen presuposto para a gravación, víronse obrigados a financiar eles mesmos o proxecto, que chegou a un custo estimado de 40 000 $.[20] En febreiro de 1996, o guitarrista Donnie Steele abandonou o grupo debido ás súas crenzas relixiosas, sendo substituído por Craig Jones durante as gravacións do grupo.[21] Comezaron a empregar samples nas súas gravacións, ao que se adicaría Craig Jones nos directos, polo que Mick Thomson entrou no grupo coma novo guitarrista.[22] Publicaron a súa primeira demo titulada Mate. Feed. Kill. Repeat. o 31 de outubro de 1996, coincidindo coa festividade de Halloween.[8]
A distribución da demo entre as discográficas locais incrementou a popularidade do grupo nas estacións de radio da zona, pero sen que o grupo chegara a conseguir ningún contrato.[23] De volta ao estudio para gravar novo material, o grupo buscou incluír voces máis melódicas nos seus temas,[24] polo que contrataron a Corey Taylor coma vocalista, pertencente ao grupo, tamén de Des Moines, Stone Sour. Colsefini pasou a ocuparse da percusión e os coros,[24] pero anunciou o seu abandono do grupo pouco tempo despois.[24] O seu lugar foi ocupado por Greg Welts, que sería posteriormente expulsado do grupo por motivos non declarados.[25] Debido a estes cambios, Chris Fehn entrou no grupo e converteuse no novo percusionista.[26] A finais de 1997 asignáronse a cada un dos membros un número e comezaron a usar disfraces nas súas actuacións.[27]
A comezos de 1998 publicaron outra demo enviada a varios selos discográficos,[28] medrando o interese polo grupo entre elas, e facendo que o produtor Ross Robinson accedese a traballar con eles.[28][29] Contrataron a DJ Sid Wilson, que demostrara forte interese pola banda.[30] Trala chegada de Robinson comezaron a chegarlles as ofertas de varias compañías discográficas,[31] e finalmente o 8 de xullo de 1998 o grupo firmou un contrato con Roadrunner Records.[25]
Slipknot e o salto á fama (1998-2001)
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Slipknot (álbum).
A finais de 1998 os nove membros de Slipknot volveron ao estudio para gravar novo material,[32] pero pouco tempo despois Brainard decidiría abandonar o grupo.[33] Jim Root incorporouse a eles e o grupo volveu ao traballo na gravación do seu primeiro álbum de estudio.[34]
O traballo no seu álbum rematou a comezos de 1999, o que permitiu ao grupo formar parte da xira Ozzfest en 1999.[8] A xira axudou a aumenta-la popularidade do grupo, e o seu primeiro álbum, Slipknot, foi publicado o 29 de xuño de 1999,[35] seguido de dous sinxelos, "Wait and Bleed" e "Spit It Out".[8] A comezos de 2000 Slipknot foi certificado coma disco de platino, sendo o primeiro publicado por Roadrunner Records en acadar esa distinción.[36]
Iowa e primeira paréntese (2001-2003)
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Iowa (álbum).
A comezos de 2001 o grupo comezou a gravación do seu segundo álbum nos estudios "Sound City" e "Sound Image" nos Ánxeles,[8][37] aínda que comezaron a xurdir conflitos entre os membros do grupo debido ás extensivas xiras e horarios de gravación.[38] Porén, remataron a gravación do disco en febreiro dese ano, embarcándose na xira Iowa World Tour.[39] O álbum, titulado Iowa, foi publicado o 28 de agosto de 2001, chegando ao número tres da lista Billboard.[40] Do álbum sacaron tres sinxelos, "The Heretic Anthem" (sinxelo promocional), "Left Behind" e "My Plague", este último facendo unha aparición na Banda sonora orixinal do filme Resident Evil.[41][42]
No 2002 Slipknot fixo a súa primeira e única aparición nun filme, tocando a canción "I Am Hated" nunha escena de Rollerball.[43] A publicación do álbum e a promoción do mesmo tiveron como resultado locais completos de público nas súas actuacións en varios países.[44] Non obstante, a mediados de 2002, o grupo separouse temporalmente por primeira vez na súa historia debido aos conflitos internos, e varios dos membros centráronse en proxectos paralelos.[45] Corey Taylor e Jim Root retomaron a actividade co seu grupo Stone Sour, Joey Jordison creou o grupo Murderdolls, Shawn Crahan fundou To My Surprise, e Sid Wilson seguiu en solitario baixo o alcume de DJ Starscream.[45] Isto fixo que o futuro de Slipknot non estivese claro e apareceron especulacións e dúbidas sobre a separación do grupo.[46] Aínda con todo isto, o 22 de novembro de 2002 publicouse o segundo DVD do grupo, titulado Disasterpieces.[47]
Vol. 3: (The Subliminal Verses) e segunda paréntese (2003-2007)
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Vol. 3: (The Subliminal Verses).
O grupo reuniuse de novo a mediados do 2003 nos estudios The Mansion nos Ánxeles para comezar a traballar no que sería o seu terceiro álbum xunto co produtor Rick Rubin.[48] A comezos de 2004 tiñan rematado o traballo no álbum e comezaron a xira "The Subliminal Verses World Tour" en marzo dese mesmo ano.[49] Vol. 3: (The Subliminal Verses) foi publicado o 24 de maio de 2004, chegando ao número dous da lista Billboard.[50] Do álbum saíron seis sinxelos: "Duality", "Vermilion", "Vermilion, Pt. 2", "Before I Forget", "The Nameless" e "The Blister Exists". Slipknot gravou o seu primeiro álbum de directos 9.0: Live durante a xira do seu terceiro álbum. Publicado o 1 de novembro de 2005, chegou a estar no posto 17 da lista Billboard.[51] A súa xira continuou durante todo o 2004 ata finais de 2005, xusto antes dunha nova separación temporal do grupo.
En 2005 varios dos membros de Slipknot participaron no Roadrunner United: The All-Star Sessions, un álbum colaborativo de varios artistas contratados por Roadrunner Records. No 2006 Slipknot gañou o seu primeiro e único Grammy, levando o Grammy á mellor actuación de metal polo sinxelo "Before I Forget".[12] O 5 de decembro de 2006, Slipknot publicou o seu terceiro DVD Voliminal: Inside the Nine.[52] Nunha nova separación temporal do grupo, varios dos membros volveron a centrarse nos seus proxectos paralelos: Corey Taylor e Jim Root volveron ao grupo Stone Sour, Joey Jordison produciu o álbum Fire Up the Blades do grupo 3 Inches of Blood, Shawn Crahan fundou Dirty Little Rabbits e Sid Wilson retornou en solitario coma DJ Starscream de novo.
All Hope Is Gone, terceira pausa e morte de Gray (2008-2010)
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: All Hope Is Gone.
A gravación do seu seguinte disco comezou no Sound Farm Studio en Jamaica, Iowa, co produtor Dave Fortman en febreiro de 2008.[53] Tras rematar a gravación o grupo comezou a xira All Hope Is Gone World Tour o 9 de xullo de 2008.[54] O cuarto álbum de Slipknot foi titulado All Hope Is Gone, e publicouse o 20 de agosto de 2008, entrando no primeiro posto da lista Billboard.[55]
Sacaron cinco sinxelos do álbum: "All Hope Is Gone", "Psychosocial", "Dead Memories", "Sulfur" e "Snuff". Ao finalizar as xiras o 31 de outubro dese mesmo ano, o grupo volveu entrar nunha pausa temporal,[56] dutante a cal os membros do grupo volveron a retomar proxectos persoais. Corey Taylor fundou o grupo Junk Beer Kidnap Band e retomou a actividade con Stone Sour xunto a Jim Root. Shawn Crahan continuou o traballo co seu grupo Dirty Little Rabbits. Joey Jordison retornou á Murderdolls e converteuse no batería permanente de Rob Zombie. Chris Fehn pasou a ser o baixista do grupo de metalcore Will Haven e Sid Wilson foundou o grupo Sid.
No 2008 o grupo fundou unha liña de roupa chamada Tattered and Torn en colaboración coa compañía Bravado.[57] O nome procede dunha canción do grupo incluída no seu primeiro álbum Slipknot publicado no 1999 e na súa demo Mate. Feed. Kill. Repeat. de 1996.[57] As primeiras pezas desta liña de roupa foron camisetas e suadoiros, que se puxeron á venda a finais de xullo de 2008 nas tendas Hot Topic de Norteamérica e na súa páxina web.[58] O grupo ten recoñecido que o merchandising é a súa maior fonte de ingresos.[57]
En 2010 Paul Gray tiña planeada unha xira co supergrupo Hail!, pero o 24 de maio dese ano foi atopado morto nun hotel de Urbandale, Iowa.[59][60] As circunstancias da súa morte foron descoñecidas inicialmente, xa que a autopsia inicial non indicou causas violentas pero tampouco determinou a causa concreta do falecemento.[61] Ao día seguinte da súa morte, os demais membros do grupo deron unha conferencia de prensa sen as súas máscaras xunto á viúva e o irmán de Paul Gray, expresando os seus sentimentos sobre o ocorrido.[62] O 21 de xuño confirmouse que a causa do falecemento fora unha sobredose accidental de morfina e fentanil, un substituto sintético da morfina.[63]
Era todo o que é marabilloso desta banda e grupo de persoas. A única forma na que podo describir a Paul Gray é amor.Corey Taylor sobre a morte de Paul Gray[64]
Antennas to Hell e Knotfest (2010-2012)
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Antennas to Hell.
O grupo reuniuse de novo en 2011 para facer varias xiras por Europa. Foron cabezas de cartel no Sonisphere e o Rock in Rio xunto a Iron Maiden e Metallica.[65][66] Donnie Steele substituíu a Paul Gray nestes concertos, aínda que nas actuacións apareceu agochado detrás de Joey Jordison.[67] Os membros do grupo confirmaron en declaracións á prensa que completarían e publicarían o seu quinto álbum de estudio sen ter plans para substituír a Paul Gray.[68][69]
No 2012 Slipknot actuou no Mayhem Festival[70] e o 29 de maio dese ano Roadrunner Records publicou un vídeo promocional na súa web titulado Antennas to Hell.[71] Ese mesmo día Corey Taylor revelou en Twitter que Slipknot publicaría un álbum de grandes éxitos o 17 de xuño de 2012.[71]
O grupo organizou o seu primeiro festival anual de música, chamado Knotfest, que tivo lugar o 17 de agosto de 2012 en Pacific Junction, Iowa, e o 18 de agosto do mesmo ano en Somerset, Wisconsin. No festival actuaron ademais outros grupos coma Deftones, Lamb of God ou Serj Tankian. O 14 de xuño de 2013 Slipknot actuou de novo no Download Festival, perante unha audiencia de 90 000 persoas.[72]
.5: The Gray Chapter (dende 2013)
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: .5: The Gray Chapter.
A produción do quinto álbum de estudio do grupo comezou a finais de 2013. Corey Taylor describiuno coma un álbum "moi escuro" e unha mestura entre Iowa e Vol. 3: (The Subliminal Verses).[73] Jim Root non participou nunha xira de Stone Sour en xaneiro para escribir novo material para Slipknot.[74] O 12 de decembro de 2013 Slipknot anunciou na súa web oficial que o batería Joey Jordison deixara o grupo, tras 18 anos, citando motivos persoais,[75][76] ao que Jordison respondeu máis tarde, por medio da súa páxina oficial de Facebook, afirmando que el non fora quen tomara a decisión de deixa-lo grupo.[77]
En xullo de 2014 o grupo comezou a promocionar o seu seguinte disco na súa web e nas redes sociais por medio de mensaxes crípticas e imaxinería sanguenta.[78][79] O primeiro sinxelo do álbum, "The Negative One", foi publicado o 1 de agosto dese ano[80] xunto cun vídeo musical dirixido por Shawn Crahan, no que non aparecía ningún dos membros do grupo.[81] O 24 de agosto Slipknot publicou un novo sinxelo titulado "The Devil In I" e confirmou que o título do álbum sería .5: The Gray Chapter, que sería publicado o 18 de outubro dese mesmo ano.[82][83] Esta data foi mudada ao 17 de outubro para os Países Baixos e Australia, o 20 de outubro para o Reino Unido e o 21 de outubro para o resto do mundo.[84] Slipknot comezou unha xira por Norteamérica o 25 de outubro na segunda iteración do Knotfest.[85] A xira, alcumada "Prepare for Hell", foi feita xunto a Korn e King 810.[86][87] O grupo ademais confirmou a súa asistencia ao Soundwave en Australia no 2015.[88]
Slipknot incorporou a un novo baixista e un novo batería para substituír a Paul Gray e Joey Jordison, con Shawn Crahan sendo o encargado de deseñar unha máscara nova para ambos, diferenciándoos así do resto dos membros do grupo.[89] O vídeo oficial de "The Devil In I" foi publicado o 12 de setembro, incrementando as especulacións sobre as identidades do batería e o baixista, pero os seus nomes non foron revelados oficialmente.[90][91] O 3 de decembro un técnico da xira de Slipknot publicou unha fotografía nas redes sociais que confirmaba ao baixista Alessandro Venturella e ao batería Jay Weinberg coma membros da xira.[92] O sinxelo "The Negative One" foi nomeado ao Grammy á mellor actuación de metal de 2014 na 57ª edición dos Premios Grammy.[93]
O 11 de marzo de 2015, non estando de xira, o guitarrista Mick Thomson foi hospitalizado tras unha pelexa doméstica co seu irmán na que ámbolos dous recibiron feridas por arma branca, graves pero non letais.[94] O 2 de agosto de 2015 durante un concerto en Hartford, Connecticut, o grupo tivo que deter a actuación cando o músico Alessandro Venturella tivo que ser trasladado de emerxencia ao hospital. O grupo continuou a actuación 20 minutos despois sen o baixista,[95] e posteriormente o grupo informou aos medios de comunicación que Venturella fora hospitalizado tras desmaiarse debido a unha deshidratación extrema.[96] Nos seguintes concertos Venturella tocou dende o backstage,[97][98] volvendo á fronte do escenario o 8 de agosto nunha actuación en Toronto.[99]
Estilo e temática
[editar | editar a fonte]Slipknot toma influencias dunha gran variedade de estilos e grupos, máis notablemente de grupos de hard rock e heavy metal coma Faith No More, Kiss, Black Sabbath, Helmet, Slayer, Fear Factory, Godflesh, Skinny Puppy, Neurosis, Judas Priest, Metallica, White Zombie, Led Zeppelin e Beastie Boys.[6][7][8][100] Os medios adoitan incluílos entre os pioneiros da New Wave of American Heavy Metal, recibindo comparacións con grupos como Pantera, Machine Head, Hatebreed, Life of Agony e Prong.[101] Tamén se lles considera dentro do xénero do nu metal,[1][2][102][103] aínda que os membros do grupo prefiren distanciarse doutras bandas do xénero coma Korn ou Limp Bizkit, indicando que esta asociación é unha simple coincidencia no tempo da súa emerxencia.[104]
O seu son caracterízase por tons baixos de guitarra, unha gran sección de percusión, samples e táboas de mesturas.[105] O seu estilo vocal inclúe voces guturais, gritos, coros e canto melódico ocasional.[105] As súas letras xeralmente seguen unha tonalidade agresiva, explorando temáticas que inclúen a escuridade, o nihilismo, odio, ira ou psicopatías.[8][106] No álbum All Hope is Gone o grupo achegouse máis ao groove metal e o heavy metal máis tradicional,[2][107][108][109] con influencias do thrash metal e death metal.[108] O grupo tamén está considerado dentro do xénero do metal alternativo.[3][4][110][111]
As súas actuacións en directo son coñecidas por ser enerxéticas e caóticas.[8][104][112] As primeiras actuacións do grupo incluso chegaron a incluír actos cualificados coma extemos, cos membros do grupo lánzandose ao público dende grandes alturas e prendéndose lume os uns aos outros.[113][114][115] Non obstante, nas súas actuacións máis recentes tenden a non realizar este tipo de feitos tan extremos. Slipknot emprega configuracións moi elaboradas dos palcos nas súas actuacións, incluíndo elementos pirotécnicos, plataformas elevadas, elementos hidráulicos e grandes monitores entre outros elementos escénicos.[112] Alistair Lawrence de Kerrang! indicou nunha crítica que "a coreografía caótica ten demasiadas facetas para describir por completo",[116] mentres que NME describiu unha das súas actuacións coma unha "escena de caos".[115]
Imaxe e identidades
[editar | editar a fonte]Slipkot é coñecido pola súa imaxe impactante, xa que os membros do grupo levan uniformes iguais, teñen máscaras únicas para cada un e identifícanse cun número asignado a cada un deles.[8] A idea orixinal das máscaras nas súas actuacións atribúese habitualmente a unha máscara de pallaso que Shawn Crahan adoitaba levar nas primeiras actuacións dos comezos do grupo.[13] O concepto evolucionou a partir de aí, e dende 1997 o grupo decidiu que cada membro levaría unha máscara individual e os uniformes iguais entre eles.[117] Varios membros do grupo tamén teñen declarado que levar as máscaras axudoulles a manter a privacidade.[118]
Os uniformes e máscaras foron cambiando ao longo da carreira do grupo con cada publicación dun novo disco.[119][120] Os cambios nas máscaras non foron drásticos, senón que foron seguindo o mesmo estilo orixinal de cada un pero con novos elementos engadidos.[121]
Controversias
[editar | editar a fonte]Algunhas das letras das cancións de Slipknot foron relacionadas con incidentes violentos e criminais. No 2003, dous rapaces de San Bernardino (California), acoitelaron e mataron a outro, alegando que a culpa do crime foran as letras da canción "Disasterpiece".[122] Noutro incidente, no 2006 en Kansas City, as letras da canción "Surfacing" foron atopadas nunha tumba dun cemiterio que fora roubada.[123]
Mushroomhead, outro grupo de heavy metal estadounidense, acusou a Slipknot de roubarlles a imaxe, debido ás semellanzas de ámbolos dous grupos, particularmente no uso das máscaras.[124] Aínda que Slipknot admitiu estas semellanzas, mantiveron que simplemente era unha coincidencia, xa que os dous grupos comezaran na mesma época sen coñecemento mutuo.[125]
Na cultura popular
[editar | editar a fonte]Slipknot aparece mencionado no tema Vatican Broadside do grupo inglés de indie rock Half Man Half Biscuit no seu EP de 2001 Editor's Recommendation.[126] No videoxogo World of Warcraft existe un personaxe non xogador chamado Gravis Slipknot, que cando ataca ao xogador amosa a frase "Saúdos, desafortunado aventureiro. Só che pido que agardes un momento...e SANGRES!"[127][128] facendo referencia ao tema Wait and Bleed do grupo.
Membros
[editar | editar a fonte]
|
|
Cronoloxía
[editar | editar a fonte]Discografía
[editar | editar a fonte]Álbums de estudio
[editar | editar a fonte]Título | Detalles | Máxima posición nas listas | Certificacións | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
USA [130] |
AUS [131] |
AUT [132] |
BEL [133] |
FRA [134] |
DEU [135] |
NLD [136] |
NZL [137] |
SWE [138] |
GBR [139] | |||
Slipknot |
|
51 | 32 | 44 | — | 175 | 57 | 42 | 49 | 53 | 37 | |
Iowa |
|
3 | 2 | 8 | 4 | 7 | 4 | 15 | 5 | 10 | 1 | |
Vol. 3: (The Subliminal Verses) |
|
2 | 2 | 5 | 6 | 6 | 2 | 14 | 3 | 2 | 5 | |
All Hope Is Gone |
|
1 | 1 | 2 | 5 | 3 | 2 | 6 | 1 | 1 | 2 | |
.5: The Gray Chapter |
|
1 | 1 | 2 | 12 | 8 | 2 | 13 | 2 | 3 | 2 | |
We Are Not Your Kind |
|
1 | 1 | 3 | 1 | 1 | 2 | 9 | 2 | 4 | 1 |
|
The End, So Far |
|
Álbums de directos
[editar | editar a fonte]Título | Detalles | Máxima posición nas listas | Certificacións | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
USA [130] |
AUS [131] |
AUT [132] |
BEL [133] |
FRA [134] |
DEU [135] |
NLD [136] |
SWE [138] |
CHE [151] |
GBR [139] | |||
9.0: Live |
|
17 | 26 | 18 | 53 | 41 | 24 | 71 | 40 | 43 | 53 |
|
Compilatorios
[editar | editar a fonte]Título | Detalles | Máxima posición nas listas | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
USA [130] |
AUS [131] |
AUT [132] |
BEL [133] |
FRA [134] |
DEU [135] |
NLD [136] |
SWE [138] |
CHE [151] |
GBR [139] | ||
Antennas to Hell |
|
18 | 16 | 10 | 32 | 86 | 10 | 79 | 13 | 23 | 22 |
DVD
[editar | editar a fonte]Título | Detalles | Máxima posición nas listas | Certificacións | |||
---|---|---|---|---|---|---|
US Vídeo [152] |
FIN DVD [153] |
DEU [135] |
NZL DVD [154] | |||
Welcome to Our Neighborhood | 1 | — | — | — |
| |
Disasterpieces |
|
3 | 1 | — | — |
|
Voliminal: Inside the Nine |
|
5 | — | 84 | — |
|
(sic)nesses |
|
1 | 1 | 58 | 3 |
|
Sinxelos
[editar | editar a fonte]Título | Ano | Máxima posición nas listas | Álbum | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
USA |
USA Alt. [155] |
USA Main. Rock [156] |
AUS [157] |
FRA [134] |
DEU [158] |
IRL [159] |
NLD [136] |
SWE [138] |
GBR [160] | |||
"Wait and Bleed" | 1999 | — | — | 34 | 46 | — | — | — | 52 | — | 27 | Slipknot |
"Spit It Out" | — | — | — | 97 | — | — | — | — | — | 28 | ||
"Left Behind" | 2001 | — | — | 30 | 97 | — | — | 42 | — | — | 24 | Iowa |
"My Plague" | — | — | — | — | — | — | 46 | — | — | 43 | ||
"Duality" | 2004 | 106[a] | 6 | 5 | — | 74 | 28 | 43 | 63 | 35 | 15 | Vol. 3: (The Subliminal Verses) |
"Vermilion" | — | 17 | 14 | — | — | 74 | — | — | — | 31 | ||
"Before I Forget" | 2005 | — | 32 | 11 | — | — | — | — | — | — | 35 | |
"The Nameless" | — | — | 25 | — | — | — | — | — | — | — | ||
"All Hope Is Gone" | 2008 | — | — | — | — | — | — | — | — | 42 | 98 | All Hope Is Gone |
"Psychosocial" | 102[b] | 20 | 7 | 84 | 100 | 31 | — | — | 28 | 67 | ||
"Dead Memories" | — | 19 | 3 | — | — | — | — | — | — | — | ||
"Sulfur" | 2009 | — | — | 18 | — | — | — | — | — | — | — | |
"Snuff" | 110[c] | 12 | 2 | — | — | — | — | — | — | — | ||
"The Negative One" | 2014 | — | — | 33 | 76 | — | — | — | — | — | 71 | .5: The Gray Chapter |
"The Devil In I" | 123[d] | — | 2 | 88 | — | — | — | — | — | 135[161] | ||
"Custer" | 2015 | — | — | 28 | — | — | — | — | — | — | — |
Premios e nomeamentos
[editar | editar a fonte]Slipknot foi nomeado a oito Premios Grammy, e gañou un deles:
- "Wait and Bleed" – Mellor actuación de metal, 2001 (nomeado)[162]
- "Left Behind" – Mellor actuación de metal, 2002 (nomeado)[163]
- "My Plague" – Mellor actuación de metal, 2003 (nomeado)[164]
- "Duality" – Mellor actuación de hard rock, 2005 (nomeado)[165]
- "Vermilion" – Mellor actuación de metal, 2005 (nomeado)[165]
- "Before I Forget" – Mellor actuación de metal, 2006 (gañador)[12]
- "Psychosocial" – Mellor actuación de metal, 2009 (nomeado)[166]
- "The Negative One" – Mellor actuación de metal, 2014 (nomeado)[93]
- "Custer" - Mellor actuación de metal, 2015 (nomeado)(pendente)[167]
Xiras musicais
[editar | editar a fonte]
|
|
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Actuación no Bex Rock (2005).
-
Actuación en Toronto (2005).
-
Actuación no Metaltown (2009).
-
Actuación no Soundwave Festival (2012).
Notas
[editar | editar a fonte]- a ^ "Duality" non entrou na lista Billboard Hot 100, pero chegou ao número 6 na lista Bubbling Under Hot 100 Singles.[168]
- b ^ "Psychosocial" non entrou na lista Billboard Hot 100, pero chegou ao número 2 na lista Bubbling Under Hot 100 Singles.[168]
- c ^ "Snuff" non entrou na lista Billboard Hot 100, pero chegou ao número 10 na lista Bubbling Under Hot 100 Singles.[168]
- d ^ "The Devil In I" non entrou na lista Billboard Hot 100, pero chegou ao número 23 na lista Bubbling Under Hot 100 Singles.[168]
- Referencias
Todas as referencias en inglés agás cando se indique o contrario.
- ↑ 1,0 1,1 Unterberger, Andrew (10 de setembro de 2004). "Top Ten Nu-Metal Bands". Stylus magazine. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2004. Consultado o 25 de setembro de 2014.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Deeds, Michael (2 de xuño de, 2004). "6 Nu-Metal Bands You Shouldn't Be Ashamed of Liking". The Washington Post. Consultado o 17 de novembro de 2014.
- ↑ 3,0 3,1 Records, Roadrunner (12 de xullo de 2011). "Slipknot Announces New Album Title!". Roadrunner Records. Consultado o 2 de novembro de 2013.
- ↑ 4,0 4,1 Larkin, Colin (2011). The Encyclopedia of Popular Music. Omnibus Press. ISBN 0857125958.
- ↑ BlackGoat (ed.). "Slipknot, SlipKnot, Slip Knot, Slipknot, SlipKnot, Slip Knot". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2008. Consultado o 16 de marzo de 2008.
- ↑ 6,0 6,1 Udo, Tommy (2002). Sanctuary Publishing, ed. Brave Nu World. pp. 124. ISBN 186074415X.
- ↑ 7,0 7,1 Mudrian, Albert (2004). Feral House, ed. Choosing Death:The Improbable History of Death Metal and Grindcore. pp. 258. ISBN 193259504X.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 8,7 8,8 Huey, Steve. Allmusic, ed. "Slipknot Biography" (en inglés). Consultado o 4 de novembro de 2013.
- ↑ "Slipknot". AllMusic. Consultado o February 4, 2013.
- ↑ Slipknot: Unmasked. Joel McIver. December 1, 2001.
- ↑ Roadrunner Records, ed. (31 de xullo de 2008). "Slipknot Tops Bill On Mayhem Festival". Blabbermouth.net. Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2008. Consultado o 18 de febreiro de 2008.
- ↑ 12,0 12,1 12,2 "List of Grammy winners". CNN. 9 de febreiro de 2006. Consultado o 13 de decembro de 2007.
- ↑ 13,0 13,1 13,2 Arnopp 2001, p. 40
- ↑ Arnopp 2001, p. 41
- ↑ Arnopp 2001, p. 42
- ↑ McIver 2003, p. 17
- ↑ Arnopp 2001, p. 43
- ↑ Arnopp 2001, pp. 43–45
- ↑ McIver 2003, pp. 19–21
- ↑ Arnopp 2001, pp. 45–47
- ↑ Arnopp 2001, pp. 50–51
- ↑ Arnopp 2001, p. 57
- ↑ McIver 2003, pp. 38–39
- ↑ 24,0 24,1 24,2 Crampton 2001, pp. 24–25
- ↑ 25,0 25,1 McIver 2003, p. 54
- ↑ Arnopp 2001, p. 78
- ↑ Arnopp 2001, pp. 80–81
- ↑ 28,0 28,1 Arnopp 2001, pp. 82-83
- ↑ Arnopp 2001, pp. 84–86
- ↑ Crampton 2001, p. 50
- ↑ Arnopp 2001, pp. 93–96
- ↑ Crampton 2001, p. 30
- ↑ Crampton 2001, p. 35
- ↑ McIver 2003, pp. 61–63
- ↑ Anderson, Rick. "Slipknot album review". allmusic. Consultado o 15 de decembro de 2007.
- ↑ Slipknot – X-Posed, The Interview (CD). UK: Chrome Dreams. 2001. Escena en 7:00.
- ↑ Porter, Dick (2003). Rapcore: The Nu-Metal Rap Fusion. London: Plexus. p. 132. ISBN 0-85965-321-8.
- ↑ "Joey Jordison plunges into Slipknot hell". Drum!. outubro de 2008. pp. 44–45.
- ↑ Killin, Cartiona (25 de xaneiro de 2002). "Rebels with a Cause". Daily Record. p. 62.
- ↑ "Billboard.com's page on Iowa". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2013. Consultado o 12 de setembro de 2010.
- ↑ "The joy of 666". NME (UK). 15 de maio de 2001. Consultado o 25 de abril de 2009.
- ↑ "Resident Evil (2002) – Soundtracks". Internet Movie Database. Consultado o 5 de setembro de 2008.
- ↑ "Archive News". Blabbermouth.net. 6 de agosto de 2001. Consultado o 11 de setembro de 2010.
- ↑ McIver 2003, p. 103
- ↑ 45,0 45,1 McIver 2003, pp. 107–110
- ↑ Charlotte Lewin (Director) (2004). Slipknot – Up To Our Necks (DVD). UK: Chrome Dreams. Escena en 57:51.
- ↑ "Slipknot Advance DVD Screening To Be Held In New York City". Blabbermouth.net. 12 de outubro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 06 de xuño de 2011. Consultado o 5 de xullo de 2008.
- ↑ "Slipknot Singer Says 'A Lot Has Changed' With The Band Since 'Iowa'". Blabbermouth.net. 5 de agosto de 2003. Consultado o 11 de setembro de 2010.
- ↑ Wiederhorn, Jon (3 de setembro de 2004). "Slipknot Ready To Unveil New Masks, Subliminal LP". VH1. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2008. Consultado o 2008-07-15.
- ↑ "Band Bio on Roadrunnerrecords.com". Roadrunner Records. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2007. Consultado o 11 de febreiro de 2007.
- ↑ "Billboard.com's listing of 9.0:Live". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2013. Consultado o 2 de abril de 2015.
- ↑ "Slipknot: new DVD artwork revealed". Blabbermouth.net. 16 de outubro de 2006. Consultado o 16 de outubro de 2006.
- ↑ Epstein, Dan (agosto de 2008). "Wait and Bleed". Revolver: pp. 54–6.
- ↑ "Slipknot, Disturbed, Dragonforce, Mastodon: Complete 'Rockstar Energy Mayhem' Details Revealed". Blabbermouth.net. 30 de xaneiro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 22 de abril de 2008. Consultado o 11 de outubro de 2010.
- ↑ "Billboard.com's page on All Hope Is Gone". Billboard. Arquivado dende o orixinal o 16 de febreiro de 2013. Consultado o 12 de outubro de 2010.
- ↑ "Slipknot Announces Fall Tour Dates". Blabbermouth.net. 3 de setembro de 2009. Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2009. Consultado o 3 de setembro de 2009.
- ↑ 57,0 57,1 57,2 "Slipknot offers fans Tattered ready-to-wear". Reuters. 11 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 20 de maio de 2011. Consultado o 28 de xullo de 2008.
- ↑ "Slipknot's 'Tattered And Torn' Clothing Line; First T-Shirt Designs Unveiled". Blabbermouth.net. 27 de xullo de 2008. Arquivado dende o orixinal o 05 de agosto de 2008. Consultado o 28 de xullo de 2008.
- ↑ "Slipknot Bassist Paul Gray Found Dead". FMQB. 24 de abril de 2010. Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2010.
- ↑ "Slipknot bassist Paul Gray dead". Metro. 25 de maio de 2010. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2010. Consultado o 11 de setembro de 2010.
- ↑ "Autopsy fails to determine cause of death of Slipknot bassist". USA Today. 25 de maio de 2010. Consultado o 20 de agosto de 2010.
- ↑ Kreps, Daniel (26 de maio de 2010). "Slipknot Remember Life of Late Bassist Paul Gray". RollingStone (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de xaneiro de 2012. Consultado o 9 de xullo de 2010.
- ↑ Goldsmith, Belinda (22 de xuño de 2010). "Slipknot Bassist Died Of 'Accidental' Overdose". Reuters. Consultado o 20 de agosto de 2010.
- ↑ "Slipknot Holds News Conference To Address Passing Of Bassist Paul Gray" (en inglés). Blabbermouth.net. 25 de maio de 2010. Consultado o 11 de outubro de 2010.
He was everything that was wonderful about this band and about this group of people. The only way I can sum up Paul Gray is 'love'.
- ↑ "Sonisphere France – Amnéville on July 8-9, 2011". All Metalfest (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2013. Consultado o 9 de xullo de 2015.
- ↑ "Rock in Rio en el tiempo: 2011". Rock in Rio (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 12 de xullo de 2015. Consultado o 9 de xullo de 2015.
- ↑ "SLIPKNOT's First Show Since Death Of PAUL GRAY: HD Video Footage Available - June 20, 2011". Blabbermouth.net. 21 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2011. Consultado o 3 de setembro de 2011.
- ↑ "COREY TAYLOR On Possibility Of Another SLIPKNOT Album: 'I Don't See It Happening Very Soon'". 4 de marzo de 2011. Consultado o 5 de marzo de 2011.
- ↑ Graff, Gary (2010-11-30). "Slipknot Prepping First Album Since Bassist's Death". Consultado o 10 de decembro de 2010.
- ↑ Pasbani, Robert (25 de xaneiro de 2012). "Rockstar Mayhem Fest 2012 Full Lineup & Tour Dates Revealed [SLIPKNOT, SLAYER]". Metal Injection (en inglés). Consultado o 9 de xullo de 2015.
- ↑ 71,0 71,1 Boward, Chad (29 de maio de 2012). "Slipknot Prepping Greatest Hits Release, Working on New Demos". Loudwire. Consultado o 30 de maio de 2012.
- ↑ "Slipknot close first night of Download rock festival". BBC news. 15-6-2013. Consultado o 20 de xuño de 2013.
- ↑ Kennelty, Greg (21 de outubro de 2013). "SLIPKNOT Frontman Says New Material Is "Really Dark," Will Be A Mix of Iowa & Vol. 3". MetalInjection . Consultado o 7 de decembro de 2013.
- ↑ Pasbani, Robert (12 de abril de 2013). "SLIPKNOT So Serious About Writing New Music That Guitarist Jim Root Is Sitting Out The Next STONE SOUR Tour". MetalInjection. Consultado o 7 de decembro de 2013.
- ↑ Rutherford, Kevin (13 de decembro de 2013). "Slipknot, Drummer Joey Jordison Part Ways". Billboard. Consultado o 14 de decembro de 2013.
- ↑ "Drummer Joey Jordison leaves Slipknot". NME. 13 de decembro de 2013. Consultado o 14 de decembro de 2013.
- ↑ Kennelty, Greg (2 de xaneiro de 2014). "Joey Jordison: "I Did Not Quit SLIPKNOT"". MetalInjection. Consultado o 2014-01-09.
- ↑ Hartmann, Graham. "Slipknot Continue to Tease New Album With Cryptic Written Message". Loudwire.com. Loudwire. Consultado o 3 de agosto de 2014.
- ↑ Grow, Kory. "Slipknot Stream 'The Negative One,' Their First New Song in Six Years". Rollingstone.com. RollingStone. Arquivado dende o orixinal o 11 de decembro de 2017. Consultado o 3 de agosto de 2014.
- ↑ Grow, Kory. "See Slipknot's Nightmarish, NSFW 'Negative One' Video". Rollingstone.com. Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 7 de agosto de 2014.
- ↑ "SLIPKNOT To Film Video For New Single 'The Devil In I'". Blabbermouth. 5 de agosto de 2014. Consultado o 8 de agosto de 2014.
- ↑ ".5: The Gray Chapter". iTunes. 24 de agosto de 2014. Consultado o 24 de agosto de 2014.
- ↑ ".5 The Gray Chapter". Amazon. 24 de outubro de 2014. Consultado o 8 de agosto de 2014.
- ↑ Pasbani, Robert (11 de agosto de 2014). "KNOTFEST Announce New Bands & Another Stage Added". MetalInjection. Consultado o 29 de agosto de 2014.
- ↑ "Slipknot unveil details of fifth studio album". The Guardian. 25 de agosto de 2014. Consultado o 29 de agosto de 2014.
- ↑ "Slipknot's Prepare For Hell Tour with Korn and KING 810". Roadrunner Records. 2014-08-26. Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2014. Consultado o 29 de agosto de 2014.
- ↑ Childers, Chad. "Slipknot, Faith No More, Soundgarden, Slash + Many More Lead 2015 Soundwave Festival". Loudwire.com. Loudwire. Consultado o 21 de agosto de 2014.
- ↑ Full Metal Jackie, Full Metal Jackie (10 de setembro de 2014). "Slipknot’s Corey Taylor Talks ‘.5: The Gray Chapter,’ 2014 Knotfest + Moving Forward". Loudwire. Consultado o 10 de setembro de 2014.
- ↑ "New Slipknot Bassist's Identity Revealed? - Blabbermouth.net". Blabbermouth. 12 de setembro de 2014. Consultado o 13 de setembro de 2014.
- ↑ Kreps, Daniel (12 de setembro de 2014). "Slipknot Host Asylum Rave in Terrifying 'The Devil In I' Video". RollingStone. Arquivado dende o orixinal o 05 de xaneiro de 2018. Consultado o 19 de setembro de 2014.
- ↑ 92,0 92,1 92,2 "SLIPKNOT Itinerary Leaks Confirming Drummer Identity as Jay Weinberg". metalinjection.net. 3 de decembro de 2014. Consultado o 1 de abril de 2015.
- ↑ 93,0 93,1 "SLIPKNOT, ANTHRAX, MASTODON, MOTÖRHEAD Among GRAMMY AWARDS Nominees". MTV. 5 de decembro de 2014. Consultado o 6 de decembro de 2014.
- ↑ "Slipknot Guitarist Mick Thomson Stabbed by His Brother". Billboard (en inglés). 11 de marzo de 2015. Consultado o 24 de agosto de 2015.
- ↑ "SLIPKNOT Bassist Rushed To Hospital During Hartford Concert; Band Completes Set As Eight-Piece". Blabbermouth (en inglés). 2 de agosto de 2015. Consultado o 24 de agosto de 2015.
- ↑ "Slipknot release statement regarding bassist's hospitalisation". Kerrang! (en inglés). 3 de agosto de 2015. Consultado o 24 de agosto de 2015.
- ↑ "Slipknot Setlist at Xfinity Center, Mansfield, MA, USA". Setlist.fm (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2015.
- ↑ "Slipknot Setlist at PNC Bank Arts Center, Holmdel, NJ, USA". Setlist.fm (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2015.
- ↑ "Slipknot Setlist at Molson Amphitheatre, Toronto, ON, Canada". Setlist.fm (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2015.
- ↑ Helmet. "Helmet | Similar Artists, Influenced By, Followers". AllMusic. Consultado o 23 de abril de 2014.
- ↑ "'New Wave Of American Heavy Metal' Book Documents Over 600 Bands". Blabbermouth.net. Arquivado dende o orixinal o 21 de maio de 2008. Consultado o 2008-04-27.
- ↑ Blackie, Andrew (23 de setembro de 2008). "Nu-Metal's Not Dead!". PopMatters. Consultado o 17 de novembro de 2014.
- ↑ Gendron, Bob (15 de marzo de 2005). "Wear, tear visible at Slipknot show". Chicago Tribune. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 17 de novembro de 2014.
- ↑ 104,0 104,1 Porter, Dick (2003). Rapcore: The Nu-Metal Rap Fusion. London: Plexus. p. 117. ISBN 0-85965-321-8.
- ↑ 105,0 105,1 "Allmusic Review of M.F.K.R.". allmusic. Consultado o 5 de agosto de 2007.
- ↑ Loftus, Johnny. "Allmusic Review of Vol. 3". allmusic. Consultado o 15 de febreiro de 2007.
- ↑ Chris Steffen (8 de xuño de 2008). "New Slipknot Album: A First Listen to "All Hope Is Gone"". Rolling Stone. Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2008. Consultado o 29 de xuño de 2008.
- ↑ 108,0 108,1 "heavymetalnow.com". heavymetalnow.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2015. Consultado o 23 de abril de 2014.
- ↑ All Hope is Gone Review Arquivado 23 de outubro de 2008 en Wayback Machine. IGN.
- ↑ Huey, Steve. "Slipknot". Allmusic. Consultado o 9 de marzo de 2011.
- ↑ Search Results
- ↑ 112,0 112,1 O’Keeffe, Niall (26 de febreiro de 2002). "Slipknot : London Arena". NME. Consultado o 19 de decembro de 2007.
- ↑ Our Last Interview with Paul Gray from Slipknot (video). andPOP. 6 de xuño de 2010. Escena en 1:07. Consultado o 14 de novembro de 2010.
- ↑ "Behold: the rebirth of a giant". Kerrang! (Emap). 6 de decembro de 2008. p. 16.
- ↑ 115,0 115,1 "Slipknot bring fire and destruction to Download". NME. 14 de de xuño de 2009. Consultado o 16 de xuño de 2009.
- ↑ "Behold: the rebirth of a giant". Kerrang! (Emap). 6 de decembro de 2008. p. 16.
- ↑ Arnopp 2001, pp. 54–55
- ↑ "Slipknot's Chris Fehn: 'It's A Blessing That We Don't Get Recognized'". Blabbermouth.net. 25 de maio de 2005. Consultado o 11 de setembro de 2010.
- ↑ "News Archive". Blabbermouth.net. 20 de maio de 2001. Consultado o 16 de decembro de 2007.
- ↑ Wiederhorn, Jon (9 de marzo de 2004). "Slipknot Ready To Unveil New Masks, Subliminal". MTV. Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2009. Consultado o 16 de decembro de 2007.
- ↑ Chris Fehn, Joey Jordison, Corey Taylor (2004). Slipknot – Ahoy Netherlands Interview (Video). The Box. Escena en 0:44.
- ↑ O'Toole, Megan (10 de xullo de 2003). "Young Killers Try To Blame Slipknot For Murder". Chart Communications (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2009. Consultado o 16 de setembro de 2009.
- ↑ Mindslavor (17 de agosto de 2006). "Slipknot Lyrics Found At Site Of Grave Robbery" (en inglés). Metal Underground. Consultado o 23 de decembro de 2007.
- ↑ "Mushroomhead Drummer: Slipknot 'Traded A Platinum Record For Dignity, Honor And Respect". Blabbermouth (en inglés). 9 de outubro de 2006. Consultado o 11 de setembro de 2010.
- ↑ "Slipknot Frontman Discusses Mushroomhead 'Feud'". Blabbermouth (en inglés). 11 de marzo de 2005. Consultado o 11 de setembro de 2010.
- ↑ Rand, Chris. "Vatican Broadside". The Half Man Half Biscuit Lyrics Project website (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2015.
- ↑ Tradución do orixinal en inglés: "Greetings, hapless adventurer. I ask only that you wait a moment...and BLEED!"
- ↑ "Gravis Slipknot". wowhead.com (en inglés). Consultado o 26 de xuño de 2015.
- ↑ guitarworld.com, ed. (16 de outubro de 2014). "Slipknot's Jim Root and Mick Thomson Talk Brutal New Album, '.5: The Gray Chapter'". Consultado o 1 de abril de 2015.
- ↑ 130,0 130,1 130,2 "Slipknot – Chart History: Billboard 200". Billboard. Prometheus Global Media. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2019. Consultado o 2 de marzo de 2013.
- ↑ 131,0 131,1 131,2 "Discography Slipknot". australian-charts.com. Hung Medien. Consultado o 29 de agosto de 2008.
- ↑ 132,0 132,1 132,2 "Discographie Slipknot". Hung Medien. Consultado o 29 de agosto de 2008.
- ↑ 133,0 133,1 133,2 "Discografie Slipknot". ultratop.be. Hung Medien. Consultado o 31 de agosto de 2008.
- ↑ 134,0 134,1 134,2 134,3 "Discographie Slipknot". lescharts.com. Hung Medien. Consultado o 29 de agosto de 2008.
- ↑ 135,0 135,1 135,2 135,3 "Chartverfolgung / Slipknot / Longplay". musicline.de (en alemán). PhonoNet. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 29 de agosto de 2008.
- ↑ 136,0 136,1 136,2 136,3 "Discografie Slipknot". dutchcharts.nl. Hung Medien. Consultado o 29 de agosto de 2008.
- ↑ "Discography Slipknot". charts.org.nz. Hung Medien. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 29 de agosto de 2008.
- ↑ 138,0 138,1 138,2 138,3 "Discography Slipknot". swedishcharts.com. Hung Medien. Consultado o 29 de agosto de 2008.
- ↑ 139,0 139,1 139,2 "Slipknot – Official Charts Company" (select "Albums" tab). Official Charts Company. Consultado o 2 de marzo de 2013.
- ↑ 140,0 140,1 140,2 140,3 140,4 140,5 140,6 140,7 140,8 "American certifications - Slipknot". Recording Industry Association of America. Consultado o 5 de decembro de 2012.[Ligazón morta]
- ↑ 141,0 141,1 141,2 141,3 141,4 "ARIA Charts – Accreditations". Australian Recording Industry Association. Consultado o 20 de novembro de 2012.
- ↑ 142,0 142,1 142,2 142,3 142,4 "Certified Awards Search". British Phonographic Industry. Arquivado dende o orixinal (parámetro de busca: "Slipknot") o 01 de agosto de 2017. Consultado o 20 de novembro de 2012.
- ↑ 143,0 143,1 143,2 143,3 "Ouro Platino Database: Slipknoy". Canadian Recording Industry Association. Arquivado dende o orixinal o 17 de outubro de 2013. Consultado o 16 de outubro de 2013.
- ↑ "NVPI certifications" (en Dutch). The Dutch Association of Producers and Importers of image- and sound-bearers. Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2010. Consultado o 24 de xullo de 2008.
- ↑ 145,0 145,1 145,2 145,3 "Gold-/Platin-Datenbank" (en alemán). Bundesverband Musikindustrie. Arquivado dende o orixinal o 17 de agosto de 2016. Consultado o 5 de xullo de 2016.
- ↑ "Top 40 albums (#1444)". Recording Industry Association of New Zealand. 24 de xaneiro de 2005. Arquivado dende o orixinal o 24 de xullo de 2011. Consultado o 02 de abril de 2015.
- ↑ 147,0 147,1 "IFPI Austria" (en alemán). International Federation of the Phonographic Industry. 30 de outubro de 2008.
- ↑ "Top 40 albums (#1639)". Recording Industry Association of New Zealand. 20 de outubro de 2008. Arquivado dende o orixinal o 11 de xuño de 2012. Consultado o 02 de abril de 2015.
- ↑ Gonshor, Bram (2 de decembro de 2014). "Slipknot Presented With Gold Plaques For New Album". Consultado o 13 de decembro de 2014.
- ↑ "Slipknot: We Are Not Your Kind". British Phonographic Industry. Consultado o 20 de decembro de 2019.
- ↑ 151,0 151,1 "Discography Slipknot". Hung Medien. Consultado o 30 de xullo de 2012.
- ↑ Máxima posición nas listas de videos de Estados Unidos:
- Welcome to Our Neighborhood: "Top Music Video – Issue Date: 1999-11-27". Billboard. Prometheus Global Media. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2019. Consultado o 5 de decembro de 2012.
- Disasterpieces: "Slipknot's 'Disasterpieces' Nearing Platino Status". Blabbermouth.net (Roadrunner Records). 16 de decembro de 2002. Consultado o 5 de decembro de 2012.
- Voliminal: Inside the Nine: "Metallica's 'Videos' Beats Slipknot's 'Voliminal' On Music Video Chart". Blabbermouth.net (Roadrunner Records). 15 de decembro de 2006. Consultado o 15 de decembro de 2012.
- (sic)nesses: "Slipknot's '(Sic)nesses' DVD Tops 'Music Videos' Chart". Blabbermouth.net (Roadrunner Records). 6 de outubro de 2010. Consultado o 5 de decembro de 2012.
- ↑ Máxima posición nas listas de videos de Finlandia:
- Disasterpieces: "Suomen virallinen lista - Musiikki DVD:t 37/2004" (en finés). International Federation of the Phonographic Industry.
- (sic)nesses: "Suomen virallinen lista - Musiikki DVD:t 40/2010" (en finés). International Federation of the Phonographic Industry.
- ↑ "Top 10 music dvds (#1741)". Recording Industry Association of New Zealand. 4 de outubro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2012. Consultado o 14 de febreiro de 2011.
- ↑ "Slipknot – Chart History: Alternative Songs". Billboard. Prometheus Global Media. Arquivado dende o orixinal o 07 de novembro de 2015. Consultado o 2 de marzo de 2013.
- ↑ "Slipknot – Chart History: Mainstream Rock Tracks". Billboard. Prometheus Global Media. Arquivado dende o orixinal o 03 de maio de 2015. Consultado o 2 de marzo de 2013.
- ↑ Máxima posición nas listas de sinxelos de Australia:
- "Wait and Bleed": "Discography Slipknot". Hung Medien. Consultado o 29 de agosto de 2008.
- "Spit It Out" e "Left Behind": Kent, David (2006). Australian Chart Book 1993-2005. St Ives, N.S.W.: Australian Chart Book. ISBN 0-646-45889-2.
- ↑ "Chartverfolgung / Slipknot / Single" (en alemán). PhonoNet. Arquivado dende o orixinal o 19 de outubro de 2012. Consultado o 29 de agosto de 2008.
- ↑ "Discography Slipknot". irish-charts.com. Hung Medien. Consultado o 15 de xuño de 2012.
- ↑ Máxima posición nas listas de sinxelos do Reino Unido:
- Todas agás "All Hope Is Gone": "Slipknot – Official Charts Company" (select "Singles" tab). Official Charts Company. Consultado o 2 de marzo de 2013.
- "All Hope Is Gone": Zywietz, Tobias. "Chart Log UK: DJ S - The System Of Life". zobbel.de. Tobias Zywietz. Consultado o 5 de decembro de 2012.
- ↑ http://www.zobbel.de/cluk/140906cluk.txt
- ↑ D'Angelo, Joe (16 de febreiro de 2001). "Slipknot Working On Album As They Ponder Grammys, Touring". MTV. Arquivado dende o orixinal o 21 de febreiro de 2009. Consultado o 16 de decembro de 2007.
- ↑ "Slipknot's Paul Gray: "I Know System Of A Down Will Win Grammy"". Blabbermouth.net. 27 de febreiro de 2002. Arquivado dende o orixinal o 19 de decembro de 2007. Consultado o 16 de decembro de 2007.
- ↑ "Grammy Awards Nominees Announced!". Blabbermouth.net. 7 de xaneiro de 2003. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2008. Consultado o 16 de decembro de 2007.
- ↑ 165,0 165,1 "Metallica, Cradle Of Filth, Motorhead Among Grammy Nominees". Blabbermouth.net. 7 de decembro de 2004. Consultado o 16 de decembro de 2007.
- ↑ "Metallica, Judas Priest, Mötley Crüe, Slipknot, Disturbed Among Grammy Nominees". Blabbermouth.net. 3 de decembro de 2008. Consultado o 24 de decembro de 2008.
- ↑ "SLIPKNOT, LAMB OF GOD, GHOST, SEVENDUST, AUGUST BURNS RED Among GRAMMY AWARDS Nominees". Blabbermouth. 7 de decembro de 2015.
- ↑ 168,0 168,1 168,2 168,3 "Slipknot – Chart History: Bubbling Under Hot 100". Billboard. Prometheus Global Media. Arquivado dende o orixinal o 08 de setembro de 2015. Consultado o 2 de marzo de 2013.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Slipknot |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Arnopp, Jason (2001). Slipknot: Inside the Sickness, Behind the Masks. Reino Unido: Ebury. ISBN 0-09-187933-7.
- Crampton, Mark (2001). Barcode Killers: The Slipknot Story in Words and Pictures. Reino Unido: Chrome Dreams. ISBN 1-84240-126-2.
- McIver, Joel (2003). Slipknot: Unmasked (Again). Reino Unido: Omnibus. ISBN 0-7119-9764-0.