Saltar ao contido

Sistema Central

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaSistema Central
Tipocordilleira Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaPenínsula Ibérica e Meseta Central Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaComunidade de Madrid, España, Castela e León, España, Estremadura, España, Castela-A Mancha, España e Portugal Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónDistrito da Guarda Editar o valor en Wikidata
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 40°12′N 5°18′O / 40.2, -5.3
Comparte fronteira conMeseta Sur, sur
Meseta Norte, norte Editar o valor en Wikidata
Composto por
20
Características
Altitude2.592 m Editar o valor en Wikidata
Dimensións90 (ancho) × 485 (lonxitude) km
Punto máis altoPico Almanzor Editar o valor en Wikidata  (2.591 m Editar o valor en Wikidata )
Material usadoCalcaria
Arenita Editar o valor en Wikidata
Historia
Período de tempoTerciário (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
BNE: XX454348
Pico Almanzor é o monte máis alto da Serra de Gredos e tamén do Sistema Central.

O Sistema Central é unha cordilleira situada no centro da Península Ibérica que ten unha orientación oeste-leste na súa metade oeste, e orientación suroeste-nordés na súa metade este. Ten unha lonxitude aproximada de 600 km e vai desde o centro de Portugal ao Sistema Ibérico, situado no centro-nordés de España.

Constitúe a separación natural entre Castela e León, ao norte, e Castela-A Mancha, Comunidade de Madrid e Estremadura, ao sur. Tamén representa a división da Meseta Central entre a Submeseta Norte e a Submeseta Sur. Salvo algunha excepción menor, constitúe a divisoria entre as concas do Douro e do Texo.

A maior elevación do sistema é o pico Almanzor (2.592 m), situado na Serra de Gredos. As montañas do Sistema Central teñen unha prominencia media de 1.200 metros e unha base que oscila dos 500 a 1.200 metros.

O Sistema Central está formado por moitas serras, entre as que cabe destacar: a Serra de Guadarrama, a Serra de Somosierra, a Serra de Gredos e a Serra de Gata.