Saltar ao contido

Sinéad O'Connor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSinéad O'Connor

(2014) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(en) Sinéad O'Connor
(mul) Magda Davitt
(mul) Shuhada' Sadaqat Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Sinéad Marie Bernadette O'Connor Editar o valor en Wikidata
8 de decembro de 1966 Editar o valor en Wikidata
Glenageary, Irlanda (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte26 de xullo de 2023 Editar o valor en Wikidata (56 anos)
Londres, Reino Unido Editar o valor en Wikidata
Causa da morteDoenza pulmonar obstructiva crónica
asma
infeção respiratória (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Deans Grange (pt) Traducir, The Garden/G/5 Editar o valor en Wikidata
ResidenciaKnockananna (en) Traducir (2020–)
Bray
Dalkey
Londres Editar o valor en Wikidata
Ideoloxía políticaUnionismo na Irlanda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
RelixiónSunnismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónNewtown School, Waterford (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoMúsica, música rock e canto Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantautora Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1986 Editar o valor en Wikidata - 2023 Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoRock alternativo, pop rock, Reggae, folk rock, college rock (pt) Traducir, Rock celta e indie pop Editar o valor en Wikidata
Influencias
TesituraMezzosoprano Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, voz, Tin whistle, Instrumento de percusión e piano Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoChrysalis
One Little Indian
Vanguard Records
Ensign Records (en) Traducir
Nettwerk (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeBarry Herridge (2011–2011), divorcio
Steve Cooney (2010–2011), divorcio
Nick Sommerlad (2001–2002), divorcio
John Reynolds (1989–1991), divorcio Editar o valor en Wikidata
ParellaPeter Gabriel
Dónal Lunny
John Waters
Richard Heslop
Frank Bonadio Editar o valor en Wikidata
FillosJake Reynolds
 () John Reynolds
Roisin Waters
 () John Waters
Shane O'Connor Lunny
 () Dónal Lunny
Yeshua Bonadio
 () Frank Bonadio Editar o valor en Wikidata
PaiJohn O’Connor Editar o valor en Wikidata
IrmánsJoseph O'Connor Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina websineadoconnor.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0640521 Allocine: 15224 Rottentomatoes: celebrity/sinead_oconnor Allmovie: p104823 Metacritic: person/sinead-oconnor
Facebook: sineadoconnor Twitter: SineadOConnor Instagram: sineadoconnorofficial Youtube: UCaJmMC7W6kU1QVaa1xb-2Hg BNE: XX1051404 Souncloud: sineadoconnor Spotify: 4sD9znwiVFx9cgRPZ42aQ1 iTunes: 287366 Last fm: Sinéad+O'Connor Musicbrainz: c78a77fa-507c-4c07-947a-0355029453bd Songkick: 289575 Discogs: 42895 Allmusic: mn0000756180 WikiTree: O'Connor-7485 Find a Grave: 257068944 Deezer: 2974 Genius: Sinead-oconnor Editar o valor en Wikidata

Shuhada' Sadaqat, anteriormente Magda Davitt, nada como Sinéad Marie Bernadette O'Connor, e coñecida profesionalmente como Sinéad O'Connor, nada en Dublín o 8 de decembro de 1966 e finada o 26 de xullo de 2023,[1] foi unha cantante, compositora e activista irlandesa.

O seu primeiro álbum The Lion and the Cobra (1987), tivo un grande éxito internacional. Co seu segundo álbum de estudio, I Do Not Want What I Haven't Got (1990), recibiu moi boas críticas tralo seu lanzamento converteuse no seu máis grande éxito, ao vender máis de sete millóns de copias en todo o mundo. O seu sinxelo principal titulado «Nothing Compares 2 U», foi nomeado o sinxelo número un mundial en 1990 nos Billboard Music Awards.[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

O seu nome provén de Sinéad de Valera, esposa do presidente irlandés Éamon de Valera e nai do doutor que axudou no nacemento de Sinéad, e de santa Bernadette Soubirous. Seus pais, Jack O'Connor e Marie O'Connor, casaron moi novos e tiveron grandes problemas matrimoniais. Ela foi a terceira de 5 fillos e foi testemuña das inestabilidades no matrimonio de seus pais, que máis tarde se reflectiron nunha personalidade rebelde aos dogmas e convencións. Sinead tiña oito anos cando seus pais se divorciaron.

Os tres fillos maiores foron vivir coa nai, onde os O'Connor foron obxecto de frecuentes abusos físicos. A súa canción "Fire on Babylon" trata sobre estas experiencias.[1] En 1979, Sinéad deixou á súa nai e foise vivir co seu pai e a súa nova muller. Non obstante, debido ao seu mal comportamento escolar levouna internada a unha escola-reformatorio aos 15 anos, o Centro de Capacitación de Grianan, dirixido polas Irmás da Nosa Señora da Caridade, que, dalgunha maneira, lle valeu para evolucionar, sobre todo na escritura e na música.

Unha das voluntarias do Centro de Capacitación de Grianan era a irmá de Paul Byrne, batería da banda In Tua Nua, quen escoitou a Sinead cantando "Evergreen" de Barbra Streisand. Gravou unha canción con eles chamada "Take My Hand", pero alegaron que era demasiado nova para unirse á banda, tiña 15 anos. En 1983, seu pai mandouna a Newtown School, unha exclusiva escola en Waterford, unha institución cunha atmosfera moito máis permisiva que Grianan. Coa axuda do seu profesor de lingua irlandesa, Joseph Falvy, gravou unha demo de catro cancións, con dúas versións e dúas composicións propias, que máis tarde aparecerían no seu primeiro álbum.

No verán de 1984, formou un grupo chamado Ton Ton Macoute, denominado así polos zombis dos mitos de Haití. No outono, a banda trasladouse a Waterford brevemente, mentres Sinéad asistía a Newtown, pero pronto abandonou a escola e os seguiu a Dublín, onde a súa actuación recibiu comentarios positivos. O 10 de febreiro de 1985, a nai de Sinéad morreu nun accidente de coche. Para Sinead foi devastador, a pesar da tensa relación que mantiña con ela. Pouco despois abandonou a banda e trasladouse a Londres.

Carreira musical

[editar | editar a fonte]

A súa etapa como vocalista en Ton Ton Macoute atraeu a atención da Industria Musical e asinou con Ensing Records. Conseguiu un representante con experiencia, Fachtna O'Ceallaigh, un dos creadores de Mother Records. O seu primeiro traballo despois de firmar coa discográfica foi facendo o traballo vocal para a canción "Heroine" que escribiu xunto con David Howell Evans (coñecido como The Edge), guitarrista de U2, e que formou parte da banda sonora da película Captive.

Fachtna O'Ceallaigh fora despedido anos atrás por U2 por queixarse deles e falar de máis cos seus comentarios sobre música e política, e Sinéad seguiu pasos similares. Fixo comentarios controvertidos sobre a súa simpatía polo IRA Provisional (Exército Republicano Irlandés Provisional), dos que se retractou pouco despois. Máis tarde, criticou a U2 polo seu son ‘bombástico’ e por exercer unha influencia mafiosa sobre a escena rock de Dublín; este enfrontamento non sería resolto até finais dos anos 90.

O seu álbum debut estaba sendo producido por Mick Glossop, mais Sinéad tivo moitas diferenzas con el, dado que Mick estaba facendo un son "demasiado celta", polo que catro meses de gravación tiveron que ser desbotados. O'Connor quedou embarazada do batería John Reynolds; e nese momento dende a discográfica aconsellábanlle que abortara. Tras varias discusións, e grazas en gran parte a Fachtna O'Ceallaigh, a compañía permitiu a Sinéad, de 20 anos e por entón embarazada de sete meses, producir o seu propio e primeiro álbum.

The Lion and the Cobra foi o nome do primeiro álbum de Sinéad. Saíu en 1987 e obtivo boas críticas, impresionando pola súa calidade de voz, forza interpretativa e as súas cancións orixinais. O disco non tivo o éxito comercial esperado debido á súa indefinición e incomprensión, aínda que chegou a ser disco de ouro e Sinéad obtivo un nomeamento ao Grammy por Mellor Interpretación Vocal Rock Feminino. O sinxelo "Mandinka" foi un grande éxito de radio universitaria, ao igual que "I want your (hands on me)", que tamén tivo unha boa acollida urbana coa mestura feita polo rapeiro MC Lyte e que foi usada para o vídeo musical. Na súa primeira aparición na rede de televisión dos Estados Unidos, en 1988, Sinéad cantou "Mandinka" en Late Night with David Letterman. A canción "Troy" foi lanzada como sinxelo en Irlanda e no Reino Unido. Esta canción, que comeza suavemente, pero que aumenta a súa forza até un final explosivo, foi escrita como unha mensaxe de profunda rabia cara a súa nai. No 2002 fíxose un remix deste tema chamado "Troy (The Phoenix from the flame)", que se converteu nun éxito dance de varios países, como Estados Unidos.

En 1989, Sinéad fixo un dueto con Matt Johnson, vocalista de The The, na canción "Kingdom of Rain" do álbum Mind Bomb da banda. Mais a fama chegaríalle en 1989 co seu maior éxito, Nothing Compares 2 U, canción que se engadiría no disco que puxo á venda no ano 1990 I Do Not Want What I Haven't Got, moito máis comprensible que o anterior. A canción foi escrita por Prince e orixinalmente interpretada a dúo por el mesmo e Rosie Gaines en The Family, unha banda da súa propia creación, precisamente para o disco Nothing Compares 2 U, aínda que non lanzaron a canción como single.

A versión de Sinéad O’Connor toma un aire máis nostálxico grazas ao arranxo musical e a capacidade vocal de Sinéad, o que a converteu nun hit en case todo o mundo. En Irlanda, chegou ao primeiro posto en xullo de 1990 e mantívose alí durante 11 semanas; é o oitavo maior éxito único da década. Tivo un éxito similar no Reino Unido, estivo no número 1 durante tres semanas, e na Alemaña (# 1 durante 11 semanas). Infrecuentemente para unha balada, a canción tamén escalou as listas de popularidade de música rock moderna. A isto súmaselle un vídeo musical de éxito na MTV e que consistía basicamente nun acercamento ao rostro de Sinéad mentres cantaba e ao final esvaraban un par de lágrimas polas súas meixelas. Segundo O’Connor, isto era pola frase "All the flowers that you planted, Mama/All died when you went away" (Todas as flores que plantaches, mamá, morreron cando te fuches), debido á complexa relación que tivera coa súa nai.

O álbum I Do Not Want What I Haven't Got vendeu millóns de copias en todo o mundo e recibiu varios discos de platino. Sinéad obtivo catro nomeamentos ao Grammy, incluíndo Gravación do Ano e Mellor Interpretación Vocal Pop Feminino, e gañou o Grammy por Mellor Álbum de Música Alternativa,[1] sendo a primeira artista en gañar ese premio (1991 foi o primeiro ano da categoría). Mais Sinéad negouse a aceptar os nomeamentos e o premio argumentando: “Non acepto premios que se me concederan polo meu éxito material. Os Grammy dánse ao disco que máis vendeu, pero non ao mellor artisticamente falando. Non me interesan. Non quero tomar parte en nada que anime á xente a crer que o éxito material é importante, especialmente se iso representa que te tes que sacrificar persoalmente para obtelo.”

En 1990, uniuse a moitos outros músicos á masiva interpretación de The Wall, concerto de Roger Waters celebrado en Berlín; Sinéad cantou "Mother". Ese mesmo ano, tamén contribuíu na versión de "You Do Something to Me" do álbum Red Hot + Blue. En 1991, participou no álbum tributo Two Rooms: Celebrating the Songs of Elton John & Bernie Taupin coa canción "Sacrifice", que foi considerada unha das mellores do disco.

En 1992, lanza o seu terceiro álbum, Am I Not Your Girl?. Trátase dunha colección de versións de jazz, que Sinéad describiu como "as cancións coas que crecín escoitando e que me fixeron querer converterme en cantante". Este disco non recibiu tan boas críticas como os anteriores debido ao cambio de xénero musical, e que sumado ao incidente de Saturday Night Live (detallado máis adiante), provocou que o disco vendera só 1,5 millóns de unidades. Tamén en 1992 compartiu a súa voz nos temas "Blood of Eden" e "Come talk to me" do álbum de estudio Us de Peter Gabriel.

Despois de dividir o seu tempo entre Londres e Os Ánxeles, Sinéad regresou á súa cidade natal de Dublín a finais de 1992 para vivir cerca da súa irmá e centrarse no seu fillo Jake, de seis anos de idade. Pasou os seguentes meses estudando bel canto co profesor Frank Merriman na Escola de Música Parnell. Nunha entrevista publicada o 3 de maio de 1993, informou que a súa experiencia co profesor de canto Merriman era a única terapia que estaba recibindo, describindo a Merriman como "o mestre máis incrible no universo".

En 1993, canta "You Made Me the Thief of Your Heart" para a banda sonora da película In the Name of the Father, en colaboración con Bono, de U2. En 1994, lanza o seu cuarto álbum, Universal Mother, dun estilo máis convencional que o disco anterior. O primeiro sinxelo foi "Thank You For Hearing", que tivo un éxito moderado no Reino Unido, pero non así en Estados Unidos, onde fora boicoteada pola prensa. Os seguintes sinxelos "Fire on Babylon" e "Famine" / "All Apologies" non tiveron moito éxito e o disco en xeral fallou en devolverlle a Sinéad o éxito comercial dos seus primeiros traballos.

Ese mesmo ano actuou en "A Celebration: The Music of Pete Townshend and The Who". Este foi un concerto de dúas noites no Carnegie Hall, producido por Roger Daltrey de The Who na celebración do seu 50º aniversario. Un CD e un vídeo VHS do concerto publicouse en 1994, seguido dun DVD en 1998. Participou na xira de Lollapalooza en 1995, pero abandonouna cando soubo que estaba embarazada.

En 1997, Sinéad lanza ao mercado o seu quinto álbum Gospel Oak, que empezaba a recordar novamente á primeira Sinéad O´Connor ao incluír cancións baseadas nunha posta en concerto acústico. Este mesmo ano prodúcese un reencontro entre Sinead e U2 tras aclarar as cousas, polo que gravan a canción "I am not your baby" para a banda sonora da película End of the Violence. Tamén en 1997 lanza un disco de éxitos que vendeu 2 millóns de copias. Faith and Courage, o seu sexto álbum, foi lanzado en 2000, incluíndo o sinxelo "No Man's Woman", onde destacan as contribucións de Wyclef Jean dos Fugees e Dave Stewart de Eurythmics. En vésperas do lanzamento do disco, Sinéad declarou que era lesbiana, aínda que logo retractouse da declaración.

No seu álbum de 2002, Sean-Nós Nua, Sinéad interpreta cancións do folk tradicional irlandés, incluíndo varias en lingua irlandesa; o título en irlandés significa "vello novo estilo". Neste disco inclúese unha coñecida canción popular irlandesa, "Peggy Gordon", interpretada como unha canción de amor lésbico, en vez de heterosexual. No seu documental, Song of Hearts Desire, dixo que a súa inspiración para a canción fóra unha amiga lesbiana.

En 2003, contribuíu cunha canción Dolly Parton ("Dagger Through the Heart") para o disco homenaxe Just Because I'm a Woman. Ese mesmo ano, tamén publicou un álbum dobre, She Who Dwells in the Secret Place of the Most High Shall Abide Under the Shadow of the Almighty. O álbum contiña un disco de demos e temas inéditos e un disco en vivo dun concerto da gravación. Directamente despois do lanzamento do álbum, Sinéad anunciou o seu retiro da música.

Collaborations, un álbum de invitados, deuse a coñecer en 2005 con pistas gravadas con Peter Gabriel, Massive Attack, Moby, Bomb The Bass, The Edge, U2, e The The. Numerosas outras colaboracións ao longo da súa carreira aínda non se recompilaron. Recentemente, despois dun breve período de inactividade e de padecer fibromialxia, Sinéad afirmou nunha entrevista que a súa intención era a de retirarse das correntes comerciais máis populares da música pop/rock, e despois decidiu meterse noutros estilos musicais. O álbum de reggae Throw Down Your Arms apareceu a finais de 2005 e foi recibido con moitos comentarios entusiastas, as críticas considérano un dos mellores álbums de Sinéad. Está baseado na cultura e no estilo de vida rastafari, imbuída ela polo tempo que pasou en Xamaica no 2004. Interpretou "Throw Down Your Arms" no Late Show, en novembro. Tamén fixo comentarios críticos da guerra de Iraq neses tempos.

O 8 de novembro de 2006, Sinéad interpretou sete cancións do seu próximo álbum Theology en The Sugar Club en Dublín. Trinta afeccionados tiveron a oportunidade de gañar entradas para asistir xunto cos críticos da industria da música, onde o disco foi moi ben recibido. A actuación foi gravada e filmada para a futura versión da súa páxina web. O 18 de xuño de 2007 lanza Theology. O álbum consta de dous discos: o acústico "Dublin Sessions" e o pleno "London Sessions". Este inclúe unha colección de cancións tanto orixinais como tradicionais da tradición Rastafari. O primeiro sinxelo é a canción clásica "I Don't Know How to Love Him" da obra Xesucristo SuperStar, de Rice/Lloyd Webber, interpretada na versión cinematográfica por Yvonne Elliman.

Recentemente, Sinéad escribiu e gravou dúas cancións para bandas sonoras: "Back Where You Belong" para The Water Horse: Legend of the Deep e "A New Born Child", para a película francesa Le Premier Cri. Sinéad foi candidata na categoría "Mellor muller irlandesa" nos Meteor Awards 2008 celebrados en Irlanda. Tamén colaborou coa banda irlandesa de funk rock Republic Of Loose nunha versión de We People (Who Are Darker Than Blue) de Curtis Mayfield. Interpretaron a canción nos Meteor Awards o 15 de febreiro de 2008.

O'Connor publicou dúas cancións do seu álbum Theology que podían descargarse gratis da súa páxina web: "If You Had a Vineyard" e "Jeremiah (Something Beautiful)". O álbum, unha colección de versións e cancións orixinais espirituais rastafaris, publicouse en xuño de 2007. O primeiro single do álbum, o Rice/Lloyd Webber clásico "I Don't Know How to Love Him", publicouse o 30 de abril do 2007.[3] Para promocionar o álbum, O'Connor realizou unha xira por Europa e América do Norte. Tamén colaborou en dous temas do novo disco de Ian Brown The World Is Yours, incluíndo o single anti-bélico "Illegal Attacks".[4]

Realizou unha xira por Europa durante o 2008, tocando principalmente material de Theology de maneira íntima e acústica. Tocou tamén "Troy" en vivo por primeira vez dende 1990, xunto con "Nothing Compares 2 U" e "Dark I Am Yet Lovely" como parte dos concertos de Night of the Proms en Anveres, Bélxica.

O'Connor esta traballando actualmente con Marco Pirroni gravando o seu novo álbum, descrito como "un disco baseado en guitarra eléctrica (..) con cancións sobre amor".[5]

En 2023, recibira o premio a un Disco Clásico Irlandés nos Premios de la Música de RTÉ.[1]

Controversia

[editar | editar a fonte]

Saturday Night Live

[editar | editar a fonte]

A carreira de Sinéad O´Connor recibiu un golpe importante -sobre todo nos Estados Unidos- o 3 de outubro de 1992, cando apareceu en Saturday Night Live como invitada musical, durante un episodio da temporada 18 (temporada 1992-1993), conducido por Tim Robbins. Ela cantou a capella a canción War de Bob Marley, que pretendía ser unha protesta polos abusos sexuais de sacerdotes da Igrexa Católica, cambiando a letra racism ("racismo") por child abuse ("abuso de menores"). Logo amosou unha foto do papa Xoán Paulo II á cámara mentres cantaba a palabra evil ("maldade"); rompeu a foto e pronunciou a frase Fight the Real Enemy ("loita contra o verdadeiro inimigo") e tirou os anacos da foto á cámara.[1] Case de inmediato, os teléfonos da NBC saturáronse con miles de queixas.

Nos medios de comunicación produciuse unha conmoción, sendo Sinéad abouxada numerosas veces para que se retirara de escenarios. Tamén se produciron numerosas queimas e destrucións públicas dos seus discos, así como moitas estacións de radio que se negaron a transmitir as súas cancións. A secuencia está dispoñible no volume 4 do DVD Saturday Night Live, 25 Years of Music, cunha introdución de Lorne Michaels, e a NBC aínda hoxe non volveu a repetir a actuación. Como unha desculpa para os televidentes, durante o monólogo de apertura da seguinte semana, o actor Joe Pesci mostrou unha foto do papa, dicindo que a unira con fita adhesiva. Tamén explicou que, se fora no seu show, I would have gave her such a smack ("Teríalle dado unha boa lapada").

Esta acción de Sinéad tamén foi motivo de parodias posteriormente. En 1993, Madonna presentouse neste mesmo programa, nun episodio conducido por Harvey Keitel, interpretou Bad Girl e, ao final da súa presentación, mostrou unha foto de Joey Buttafuoco, dicindo, ao igual que Sinéad, Fight the Real Enemy ("loita contra o verdadeiro inimigo") e rompeuna en pedazos.

O 22 de setembro de 1997, Sinéad foi entrevistada polo semanario italiano Vita. Na entrevista pediulle ao papa que a perdoara. Dixo que romper a foto foi "un acto ridículo, o xesto dunha nena rebelde" (a ridiculous act, the gesture of a girl rebel). Afirmou entón telo feito because I was in rebellion against the faith, but I was still within the faith ("pois estaba en rebelión contra a fe, mais estando con ela"); tamén citou a Santo Agostiño, dicindo Anger is the first step towards courage ("a ira é o primeiro paso cara á coraxe/valor"). Mais nunha entrevista con Salon.com no 2002 preguntáronlle se cambiaría algo da súa aparición en Saturday Night Live, e ela contestó: Hell, no!.

Concerto de Tributo a Bob Dylan

[editar | editar a fonte]

Dúas semanas despois do incidente en Saturday Night Live, Sinead O'Connor participou nun concerto tributo a Bob Dylan no Madison Square Garden, onde se supón que cantaría I believe in you. O públicó recibiuna con berros durante varios minutos e impedíndolle comezar a súa presentación; Kris Kristofferson acercouse e díxolle: Don't let the bastards get you down ("Non deixes que os cabróns te depriman"), ao que ela respondeu I'm not down ("Non estou deprimida").

O ruído era tal que O'Connor non puido cantar a canción programada. Pediulle aos músicos que se detiveran e que subisen o volume do micrófono e, en lugar de cantar, Sinéad púxose a gritar a súa versión de War (de Bob Marley), cortando a canción xusto despois de cando esta fala sobre o abuso a menores, para salientar o que quixo dar a entender na anterior presentación. Despois foise case chorando.

Presentación no Garden State Arts Center

[editar | editar a fonte]

O 24 de agosto de 1990, Sinéad tiña previsto levar a cabo un concerto no Garden State Arts Center (agora Banco PNC) en Holmdel, Nova Jersey, Estados Unidos. A práctica da sede era reproducir unha gravación do Himno Nacional dos Estados Unidos antes do concerto. Sinéad dixo que non sabía nada diso até pouco antes de comezar e negouse a cantar se se tocaba o himno.

Ordenación

[editar | editar a fonte]

A finais da década de 1990, un bispo cismático dun grupo independente da Igrexa Católica realiza a cerimonia de ordenación sacerdotal de Sinéad. A Igrexa Católica considera que a ordenación da muller é imposible, e que unha persoa que simula o sacramento da ordenación incorre en excomuñón. Despois da súa ordenación indicou que desexaba que se lle chamara Madre Bernadette Mary.[1]

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Sinéad casou catro veces. O seu primeiro matrimonio foi con John Reynolds, produtor e músico a quen coñeceu en Londres cando estaba coa banda TonTon Macoute[6] e que coproduciu algúns dos seus discos, como Universal Mother. Divorciáronse e continúan traballando xuntos. O seu segundo matrimonio foi co xornalista Nicolás Sommerlad no 2002. Sinéad antes tamén saíu con Anthony Kiedis, líder de Red Hot Chili Peppers. A canción da banda I Could Have Lied foi escrita acerca da súa repentina ruptura con Sinéad.

Nunha entrevista no 2000, O'Connor declarou que era lesbiana: I'm a dike ... although I haven't been very open about that and throughout most of my life I've gone out with blokes because I haven't necessarily been terribly comfortable about being a big lesbian mule. But I actually am a dike. Non obstante, pouco despois, en entrevista co periódico The Independent, afirmou: I believe it was overcompensating of me to declare myself a lesbian. It was not a publicity stunt. I was trying to make someone else feel better. And have subsequently caused pain for myself. I am not in a box of any description. Nun artigo de revista e nun programa en RTÉ (Ryan Confidential, 29 de maio do 2003), afirmou que, aínda que a maior parte das súas relacións sexuais foron con homes, tivera tres relacións con mulleres. Nun número de maio do 2005 de Entertainment Weekly declarou: I'm three-quarters heterosexual, a quarter gay. I lean a bit more towards the hairy blokes.

Ten catro fillos: Jake Reynolds, co seu primeiro home; Róisín Waters, con John Waters, columnista de The Irish Times; Shane, fillo de Dónal Lunny, músico folk e produtor irlandés, e que morreu o 8 de xaneiro do 2022 logo de estar desaparecido,[7] e Yeshua Francis Neil, nado o 19 de decembro do 2006, fillo da súa ex parella Frank Bonadio.

En 2018 cambiou o seu nome polo de Shuhada'Davitt[7] tras anunciar a súa conversión ao islam.[1]

Discografía

[editar | editar a fonte]
Ano Álbum UK US Vendas en unidades.
1987 The Lion and the Cobra 27 36 2,500,000
1990 I Do Not Want What I Haven't Got 1 1 7,000,000
1992 Am I Not Your Girl? 6 27 1,500,000
1994 Universal Mother 19 36 1,500,000
1997 Gospel Oak EP 28 128 250,000
1997 So Far... the Best of Sinéad O'Connor 28 - 2,000,000
2000 Faith and Courage - 55 500,000
2002 Sean-Nós Nua - 139 225,000
2003 She Who Dwells in the Secret Place of the Most High Shall Abide Under the Shadow of the Almighty - - 100,000
2005 Collaborations - - 500,000
2005 Throw Down Your Arms - - 250,000
2007 Theology 168 157 375,000
2012 How About I Be Me (And You Be You)? - - -
Ano Sinxelo Posicións Álbum
UK US Hot 100 US Mod Rock US Dance AUS IRE CAN
1986 "Heroine" (canda The Edge) 89 12 Captive OST
1987 "Troy" The Lion and the Cobra
1988 "Mandinka" 17 14 39 6 44
"I Want Your (Hand on Me)" 77 26 20
"Jump in the River" (canda Karen Finley) 81 17 29 Só sinxelo
1990 "Nothing Compares 2 U" 1 1 1 1 1 1 I Do Not Want What I Haven't Got
"The Emperor's New Clothes" 31 60 1 20 5 3
"Three Babies' 42 19
"I Am Stretched On Your Grave" 27
1991 "My Special Child" 42 97 6 87 Só sinxelo
"Silent Night" 60 12
1992 "Visions of You" (canda Jah Wobble & the Invaders of the Heart) 35 Rising About Bedlam
"Success Has Made a Failure of Our Home" 18 20 37 11 78 Am I Not Your Girl?
"Don't Cry for Me Argentina" 53
1994 "You Made Me the Thief of Your Heart" 42 24 43 4 In the Name of the Father (banda sonora)
"Thank You for Hearing Me" 13 Universal Mother
'Fire on Babylon" 57 61
1995 "Famine" 51
"Haunted" (canda Shane MacGowan) 30 6 solo Sencillo
1997 "This Is to Mother You" 28 Gospel Oak EP
"This is a Rebel Song" 60 29 So Far... the Best of Sinéad O'Connor
1998 "The Butcher Boy" The Butcher Boy OST
2000 "No Man's Woman" 87 Faith and Courage
"Jealous" 86 58
2002 "Troy" (remix) 48 3 Só sinxelo
2003 "Tears from the Moon" (canda Conjure One) 42 3
"Guide Me God" (canda Ghostland & Natacha Atlas) 20
"1000 Mirrors" (canda Asian Dub Foundation) 81 Enemy of the Enemy
"Special Cases" (canda Massive Attack) 15 25 100th Window
"A Hundred Thousand Angels" 18 Ltd Edition
2007 "I Don't Know to Love Him" Theology
"Illegal Attacks" (canda Ian Brown) 16 The World is Yours
2008 "We People (Who Are Darker Than Blue)" (canda Republic of Loose) Theology
"The Ballad of Ronnie Drew" (canda U2, The Dubliners, Kíla, e A Band of Bowsies) 1 Só sinxelo

Videografía

[editar | editar a fonte]
  • Goodnight, Thank You, You've Been a Lovely Audience (2003)
  • Live: The Year of the Horse / The Value of Ignorance (2004)
  • Live at the Sugar Club (2008)
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 Millán, Eva (26 de xullo de 2023). "Muere la cantante irlandesa Sinéad O’Connor a los 56 años". elpais.com (en castelán). Consultado o 28 de xullo de 2023. 
  2. Redacción (27 de xullo de 2023). "La historia de Nothing Compares 2 U, la dura y famosa canción de Sinéad O'Connor". eltiempo.com (en castelán). Consultado o 29 de xullo de 2023. 
  3. Sputnikmusic.com, ed. (21 de abril de 2007). "O'Connor plans cover release of the classic 'I Don't Know How To Love Him'". Consultado o 17 de xaneiro de 2010. 
  4. "Ian Brown reveals fifth album details". muse.ie (en inglés). 2 de agosto de 2007 [arquivado o 15 de xuño de 2009]. Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2009. Consultado o 28 de xullo de 2023. 
  5. Mensaxe da aninovo de Sinéad o 23 de xaneiro de 2009 Arquivado 07 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.(en inglés)
  6. López, Juanra (27 de xullo de 2023). "Las tres tragedias de Sinead O'Connor: un escándalo mundial, cuatro matrimonios fallidos y el dolor de los últimos mensajes a su hijo". mujerhoy.com (en castelán). Consultado o 28 de xullo de 2023. 
  7. 7,0 7,1 EFE/Redacción (8 de xaneiro de 2022). "Hallado muerto el hijo de 17 años de Sinead O'Connor". elprogreso.es (en castelán). Consultado o 10 de xaneiro de 2022. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]