Sica Romero
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de abril de 1995 (29 anos) Carnota, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | guía de turismo, escritora |
Premios | |
| |
Jessica García Romero, coñecida literariamente como Sica Romero,[1] nada en Carnota o 23 de abril de 1995, é unha escritora e guía de museo galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Grao en Historia da arte (2018), especializouse en xestión de patrimonio, museística e mercado da arte (2019), e ten tamén un mestrado en Formación de profesorado, Especialidade Xeografía e Historia (2021).[2] Ten traballado como correctora editorial, guía de museos ou auxiliar de sala,[3] como por exemplo no MUSAC de León. É colaboradora na sección de literatura do Diario Cultural da Radio Galega e bibliotecaria na Biblioteca de Galicia. A súa primeira novela, Avelaíñas eléctricas, caracterízase por estar escrita no galego dialectal da Costa da Morte.[4]
Obra
[editar | editar a fonte]- Avelaíñas eléctricas (Nêspera editora, 2022). ISBN 978-84-125536-04.[5]
Obras colectivas
[editar | editar a fonte]- Alguén nos lembrará. Antoloxía de relatos LGBTIQA+ (Xerais, 2023). ISBN 978-84-1110-358-9.[6]
Premios
[editar | editar a fonte]- Premio Arcebispo Xoán de San Clemente por Avelaíñas eléctricas en 2023.[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Pseudónimos galegos en ogalego.eu: s". www.ogalego.eu. Consultado o 2023-11-08.
- ↑ Avelaíñas eléctricas. Nespera.gal.
- ↑ "Sica Romero presenta «Avelaíñas eléctricas» na Libraría NUMAX". numax.org. Consultado o 2023-02-04.
- ↑ "Sica Romero, autora carnotá: «Decidín plasmar a fala da costa porque meus avós avergoñábanse dela»". La Voz de Galicia.
- ↑ "Hibridación". La Voz de Galicia. Consultado o 2023-04-21.
- ↑ VV.AA. (2023). Alguén nos lembrará. Xerais. ISBN 9788411103589.
- ↑ Montero, Tamara (24 oct 2023). "Sica Romero, Brenda Navarro e Nell Leyshon, gañadoras do Premio San Clemente de Novela". La Voz de Galicia. Consultado o 24 oct 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista no Zig Zag da Televisión de Galicia.
- Crítica en catalán no Llegir.cat
- Elas teñen a palabra, evento na Biblioteca de Galicia polo Día das Escritoras, 2022.
- Crítica no Nós Diario.