Saltar ao contido

Shelly-Ann Fraser-Pryce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Shelly-Ann Fraser»)
Modelo:BiografíaShelly-Ann Fraser-Pryce

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento27 de decembro de 1986 Editar o valor en Wikidata (37 anos)
Kingston, Xamaica Editar o valor en Wikidata
Embaixadora de boa vontade de UNICEF
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónWolmer's Schools (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura152 cm Editar o valor en Wikidata
Peso57 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónvelocista, atleta Editar o valor en Wikidata
Período de actividade2008 Editar o valor en Wikidata -
Nacionalidade deportivaXamaica Editar o valor en Wikidata
Deporteatletismo Editar o valor en Wikidata
Disciplina deportiva100 metros lisos
200 metros lisos Editar o valor en Wikidata
Participou en
30 de xullo de 2021Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - 100 m feminino (pt) Traducir (2ª)
6 de agosto de 2020Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - 4 x 100 m estafetas feminino (pt) Traducir (1ª)
4 de agosto de 2020Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2020 - 200 m feminino (pt) Traducir (4ª)
19 de agosto de 2016Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - 4 x 100 m estafetas feminino (pt) Traducir (2ª)
2016Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2016 - 100 m feminino (pt) Traducir (3ª)
2014Jogos da Commonwealth de 2014 (pt) Traducir
2012Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - 100 m feminino (pt) Traducir (1ª)
2012Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - 200 m feminino (pt) Traducir (2ª)
2012Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2012 - 4 x 100 m estafetas feminino (pt) Traducir (2ª)
2008Atletismo nos Jogos Olímpicos de Verão de 2008 - 100 m feminino (pt) Traducir (1ª) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of Caribbean and Afro–Latin American Biography (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Facebook: ShellyAnnFraserPryce Twitter: realshellyannfp Instagram: realshellyannfp IAAF: 14285680 Olympic.org: shelly-ann-fraser-pryce Editar o valor en Wikidata

Shelly-Ann Fraser-Pryce, nada o 27 de decembro de 1986 en Kingston,[1] é unha atleta xamaicana especialista en probas de velocidade. Compite nas probas de 60, 100 e 200 metros lisos. Está amplamente considerada como unha das mellores velocistas de tódolos tempos e os seus éxitos na década de 2010 axudaron a posicionar o atletismo xamaicano na escena internacional. É dobre medallista de ouro nos Xogos Olímpicos e catro veces campioa do mundo nos 100 metros lisos, mentres que nos 200 metros gañou unha medalla olímpica de prata e o Campionato do Mundo de 2013.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Gañadora de seis medallas olímpicas, Fraser-Pryce acadou recoñecemento internacional no Xogos de Pequín de 2008, converténdose na primeira muller caribeña en gañar a medalla de ouro nos 100 metros lisos.[2][3] Nos Xogos de Londres de 2012 conseguiu defender o seu título nos 100 metros,[4] sendo unha das tres únicas mulleres na historia en conseguilo. Após que unha lesión afectase a súa tempada, nos Xogos de 2016 gañou a medalla de bronce.[5] É a primeira velocista en gañar medallas nos 100 metros en tres Xogos Olímpicos consecutivos.

Nos Campionatos do Mundo de Atletismo, Fraser-Pryce é unha das atletas máis laureadas da historia con 11 medallas, das que 9 son de ouro e 2 de prata. Tamén é a unica velocista (home ou muller) en gañar catro títulos mundiais nos 100 metros lisos. Fíxoo en 2009,[6] 2013, 2015 e 2019.

Fraser-Pryce posúe máis títulos mundiais nos 100 metros que calquera outra velocista da historia. A súa mellor marca persoal nesta proba é de 10,70 segundos (a cuarta mellor de tódolos tempos). A Asociación Internacional de Federacións de Atletismo nomeouna "a mellor velocista da súa xeración".[7] En 2019, a BBC incluíuna na súa lista das 100 mulleres máis inspiradoras e influentes do mundo.[8]

  1. "Fraser Pryce – Jamaica's Golden Girl". Jamaica Information Service. 21 de marzo de 2017. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2020. Consultado o 14 de novembro de 2020. 
  2. Phillips, Michael (18 de agosto de 2008). "Olympics: Fraser on front line as Jamaica sweep the women's 100m". The Guardian. Londres. Consultado o 22 de maio de 2020. 
  3. Butcher, Pat (18 de agosto de 2008). "Shelly-Ann Fraser runs her mother's dreams for her". World Athletics. Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2020. Consultado o 1 de setembro de 2020. 
  4. Willes, Ed (31 de xullo de 2012). "U.S.A. vs. Jamaica: Track's great rivalry". Vancouver Sun. Arquivado dende o orixinal o 08 de xuño de 2020. Consultado o 8 de xuño de 2020. 
  5. Landells, Steve (13 de agosto de 2016). "Report: women's 100m final – Rio 2016 Olympic Games". World Athletics. Consultado o 21 de setembro de 2020. 
  6. Kassel, Anna (9 de maio de 2010). "Olympic champion Shelly-Ann Fraser makes fast work of fame game". The Guardian (Londres). Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2020. Consultado o 24 de maio de 2020. 
  7. Landells, Steve (24 de agosto de 2019). "Fab five: multiple medallists at the World Championships". World Athletics. Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2020. Consultado o 24 de maio de 2020. 
  8. "BBC 100 Women 2019: Who is on the list this year?". BBC (Londres). 16 de outubro de 2019. Consultado o 10 de agosto de 2020.