Serafín Carballo Aguiar
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1866 ![]() |
Morte | 12 de xullo de 1942 ![]() Santa Locaia, España ![]() |
![]() | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | avogado , político ![]() |
Serafín Carballo Aguiar, nado cara a 1866 e finado en Santa Locaia (Castro de Rei) o 12 de xullo de 1942, foi un político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Foi secretario do Xulgado municipal de Castro de Rei e despois xuíz municipal. Foi presidente do Sindicato Agrícola de Castro de Rei en 1922.[1] Na ditadura de Primo de Rivera foi subcabo do Somatén.[2] Na Segunda República integrouse no Partido de Centro de Portela Valladares e logo do triunfo da Fronte Popular foi nomeado polo gobernador civil presidente da comisión xestora de Castro de Rei en marzo de 1936.[3] Ao pouco tempo o gobernador nomeou unha nova xestora que elixiu presidente a Severino Rivas Barja a principios de maio. Finou en Santa Locaia o 12 de xullo de 1942 aos 76 anos.[4]
Predecesor: Ramón Perejón Pardo |
![]() Alcalde de Castro de Rei 1936 |
Sucesor: Severino Rivas Barja |
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou con María Rivas López e foi pai de Inés Carballo Rivas.