Saltar ao contido

SeaQuest DSV

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

SeaQuest DSV
FormatoCiencia ficción
Creado porRockne S. O'Bannon
Intérpretes
País de orixeEstados Unidos
Temporadas3
Episodios57
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
  • Rockne S. O'Bannon
  • David J. Burke
  • Steven Spielberg
  • Patrick Hasburgh
  • Clifton Campbell
  • Tommy Thompson
  • Robert Engels
Duración45 minutos por episodio
Emisión orixinal
Canle de orixeNBC
Formato de imaxe4:3
Primeiro episodio12 de setembro do 1993
Derradeiro episodio9 de xuño do 1996
Na rede
IMDB: tt0106126 Filmaffinity: 239564 Allocine: 2979 Rottentomatoes: tv/seaquest_dsv Allmovie: v338510 Metacritic: tv/seaquest-dsv TV.com: shows/seaquest-dsv Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

seaQuest DSV foi unha serie televisiva de ciencia ficción creada por Rockne S. O'Bannon. Foi emitida orixinalmente pola NBC entre 1993 e 1996. Na súa última temporada o seu nome foi cambiado a seaQuest 2032.

Ambientada no "Futuro Próximo", seaQuest mesturaba ao principio drama con ciencia ficción de carácter realista. Estaba protagonizada por Roy Scheider como Nathan Bridger, capitán do submarino seaQuest DSV 4600, Jonathan Brandis como Lucas Wolenczak, un xenio dos computadores adolescente, e Stephanie Beacham como Kristin Westphalen, a oficial xefe do equipo médico e cabeza do departamento científico do seaQuest. Steven Spielberg expresou interese no proxecto e foi produtor executivo da serie durante as dúas primeiras temporadas.

A rodaxe da primeira temporada estivo marcada polas disputas entre produtores, cambios na dirección e incluso un terremoto. A serie foi o suficientemente popular para duraren dúas temporadas e media, aínda que foi bruscamente cancelada na metade da terceira.

Roy Scheider narraba o voice-over nos créditos de apertura dos episodios da primeira temporada:

O século XXI: a humanidade colonizou a última rexión inexplorada da Terra; o océano. Como capitán do seaQuest e máis a súa tripulación, somos os seus gardas. Posto que baixo a superficie encontrase o futuro.'