San Vicente de Paradela, Paradela
Aparencia
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Paradela.
San Vicente de Paradela | |
---|---|
Igrexa de San Vicente de Paradela | |
Concello | Paradela[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°45′17″N 7°35′49″O / 42.7548, -7.597 |
Poboación | 110 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 10[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
San Vicente de Paradela é unha parroquia do concello de Paradela na comarca de Sarria, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 159 habitantes, deles 79 eran homes e 80 eran mulleres, o que supón unha diminución de 8 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Patrimonio
[editar | editar a fonte]A igrexa parroquial de San Vicente de Paradela fíxose en 1630, segundo unha inscrición do testeiro. Destaca o frontispicio de perpiaños graníticos, con porta rectangular aberta nun arco de grandes doelas, por presentarse sen función construtiva e ofrecer detalles mozárabes.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Relevo e inscrición na Igrexa
Lugares e parroquias
[editar | editar a fonte]Lugares de San Vicente de Paradela
[editar | editar a fonte]Lugares da parroquia de San Vicente de Paradela no concello de Paradela (Lugo) | |
---|---|
Barrido | Cimadevila | A Eirexe | Nai | Pereiraboa | Riocabo | Ríos | Rosende | San Vicente | Santa Mariña |