Saltar ao contido

Saint-Genis-Pouilly

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaSaint-Genis-Pouilly
Imaxe

Localización
Mapa
 46°14′36″N 6°01′17″L / 46.2433, 6.0214
EstadoFrancia
Divisións administrativasFrancia Metropolitana
RexiónsAuvernia-Ródano-Alpes
DepartamentoAin Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación14.558 (2021) Editar o valor en Wikidata (1.490,07 hab./km²)
Xeografía
Situado na entidade territorial estatísticaQ3551018 Traducir Editar o valor en Wikidata
Superficie9,77 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude419 m-502 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Pouilly (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataHubert Bertrand (en) Traducir (2014–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal01630 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario

Páxina websaint-genis-pouilly.fr Editar o valor en Wikidata
LinkedIn: mairie-saint-genis-pouilly Editar o valor en Wikidata

Saint-Genis-Pouilly (coñecida localmente como Saint-Genis) é unha vila francesa do departamento do Ain, na rexión de Ródano-Alpes, lindeira con Toiry, Prévessin-Moëns e o cantón de Xenebra (Suíza).

A súa proximidade coa fronteira suíza (e coa propia Xenebra, uns 9 km), e que parte do CERN estea situado en solo de Saint-Genis-Pouilly e áreas lindeiras, fai que sexa un lugar no que comunmente habitan persoas que traballan ó outro lado da fronteira, moitos deles no CERN ou nas Nacións Unidas (Sede de Xenebra).

Por este motivo, pola falta de oferta de vivenda de Xenebra e os seus elevados prezos, e trala adhesión de Suíza ó Acordo de Schengen, Saint-Genis sufriu un espectacular crecemento durante a década do 2000, sendo unha vila en constante expansión e incremento do prezo da vivenda.

Antes da decisión por referendo de pechar as fronteiras por parte de Suíza, o servizo de Transportes Públicos de Xenebra (TPG) e a administración de Saint-Genis tiñan acordado prolongar a liña de tranvía de Xenebra, que conectaría a vila francesa coa cidade suíza. Trala decisión de pechar as fronteiras, ese acordo quedou suspendido e probablemente o proxecto sexa cancelado antes de ter comezado.

Tamén se prevé que o prezo das vivendas de Saint-Genis deixe de incrementarse e, incluso, decaia.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.