Sacheen Littlefeather
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (en) Maria Louise Cruz 14 de novembro de 1946 Salinas (Estados Unidos de América) |
Morte | 2 de outubro de 2022 (75 anos) Novato (Estados Unidos de América) |
Causa da morte | cancro de mama |
Outros nomes | Sacheen Littlefeather |
Grupo étnico | Mexicanos americanos (pt) |
Relixión | Catolicismo |
Educación | California State University, East Bay (en) |
Actividade | |
Ocupación | actriz |
Movemento | American Indian Movement |
Cronoloxía | |
disputed Native American heritage (en) | |
Descrito pola fonte | Sacheen Littlefeather, Activist Who Rejected Brando’s Oscar, Dies at 75 (en) |
Páxina web | sacheenlittlefeather.net |
|
Sacheen Littlefeather, nada como Marie Louise Cruz en Salinas, no condado de Monterey (California) o 14 de novembro de 1946 e finada en Novato o 2 de outubro de 2022,[1] foi unha actriz e activista dos dereitos civís dos Nativos Americanos.[2]
Littlefeather foi máis coñecida por dar un discurso en nome do actor Marlon Brando declinando o Premio da academia ó mellor actor que gañaba polo seu papel na película O Padriño na cerimonia dos 45.os Premios da Academia o 27 de marzo de 1973, o cal foi tamén boicoteado pola prensa en protesta do tratamento ós Nativos Americanos pola industria cinematográfica. Na gala, luciu un vestido Apache.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Littlefeather naceu en Salinas, California.[3] As súas raíces son Apache, Yaqui e Pueblo por parte de seu pai, polo lado de súa nai ten parte francesa, alemá e dinamarquesa. Na súa páxina web oficial, afirma que seu pai proviña dos apaches das Montañas Brancas e de tribos Yaqui de Arizona e que "Cruz" era o nome tribal recoñecido do mesmo.[4]
Activismo
[editar | editar a fonte]Como membro dos indios de Todas as Tribos, Littlefeather participou na ocupación da illa de Alcatraz por parte de activistas polos dereitos dos indios americanos en 1969.[5]
Controversia nos Premios da Academia
[editar | editar a fonte]Marlon Brando implicouse co movemento dos Indios Americanos (AIM) a principios da década dos 70. En 1973, decidiu posicionarse sobre o incidente ocorrido en Wounded Knee e contactou ó AIM para conseguir un membro que aceptase o Oscar no seu nome. Dennis Banks e Russell Means escolleron a Sacheen Littlefeather.
Littlefeather representou a Brando e o seu boicot ó premio Oscar de Mellor actor pola súa actuación de Don Vito Corleone no Padriño (1972) como protesta polos actos ocorridos en Wounded Knee e pola pouca representación por parte de Hollywood e da televisión dos Indios Americanos. Brando escribiu un discurso de 15 páxinas para que Littlefeather lese durante a cerimonia, pero cando o produtor a coñeceu no backstage, ameazouna con retirala fisicamente ou con ser arrestada se estaba en escena máis de 60 segundos. Os seus comentarios no escenario foron totalmente improvisados, máis tarde retirouse ó backstage e leu o comunicado enteiro á prensa. Na súa biografía "O meu mundo é a miña obriga", Roger Moore (o cal presentaba os premios e fora nomeado recentemente como o novo "James Bond, axente 007") dixo que el levou o Oscar á súa casa e que o mantivo na súa posesión ata que foi recollido por un garda armado mandado pola academia.
O incidente incitou a Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas a establecer regras para o procedemento de aceptación dos premios.[6]
En 2022 a Academia pediulle desculpas pola resposta desproporcionada e inxustificada ao seu discurso.[7]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- The Laughing Policeman (1973) (sen acreditación)
- Counselor at crime (1973)
- 45os premios anuais da academia (1973) (representando a Marlon Brando)
- Freebie and the bean (1974) (sen acreditación)
- AThe Trial of Billy Jack (1974)
- Winterhawk (1975)
- Johnny Firecloud (1975)
- Shoot the Sun Down (1981)
- Reel Injun (2009)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Saperstein, Pat (2 de outubro de 2022). "Sacheen Littlefeather, Activist Who Took the Stage to Decline Marlon Brando's Oscar, Dies at 75". Variety. Consultado o 2 de outubro de 2022.
- ↑ "Sacheen Littlefeather". Sacheen Littlefeather. Consultado o 2012-10-04.
- ↑ "California Birth Index, 1905-1995 - Ancestry.com". Search.ancestry.com. 1905-07-01. Consultado o 2012-10-04.
- ↑ Sacheen Cruz Littlefeather Biographical details
- ↑ James Stuart Olson.
- ↑ "Oscar Watch; Oscar takes a bow for legacy of controversy", Stephen Schaefer, Boston Herald, 16 de marzo de 2003
- ↑ "Academy Awards apologises to Sacheen Littlefeather for Oscars speech abuse". the Guardian (en inglés). 2022-08-16. Consultado o 2022-08-17.